Chisqueiro dixital

(boletín de novas)



feed image

Xalgarete recomenda...

 

Xoga con Fervello

 

banner_125x125

Saída á neve

O 11 de febreiro teremos a nosa tradicional Saída á Neve para os rapaces de Buxaina, Andaina, ADS e Catecumenado. Ademáis tamén están convidadas a vir as familias e amigos de todos eles.

Será un día completo en Manzaneda onde aproveitaremos para estar todos xuntos e, sobretodo, xogar coa neve. Sairemos ás 10:00  h. e voltaremos ás 19:00 h.

Para apuntarte debes entregar a autorización.

 

Curso monográfico: Iniciación ao maquillaxe infantil II

O próximo 15 de febreiro, de 16:00 a 17:30 h e de 18:00 a 19:30 h, con afán de estar en formación continua, impartiremos o segundo curso monográfico sobre Iniciación á maquillaxe infantil. Aquí podes ver máis información.

Ler mais. Curso monográfico: Iniciación ao maquillaxe infantil II

   

Participa no desfile de Entroido da cidade

Xa temos decidida a temática para formar unha comparsa e desfilar polas rúas de Ourense o próximo 19 de febreiro: iremos caracterizados de cogumelos e xoaniñas. Se queres participar, apúntate en Amencer e entrega a seguinte ficha de inscrición.
   

Torneo de rugby

O luns 20 de febreiro teremos o noso primeiro torneo de rugby 7vs7 en Amencer. Será de 10:00 a 13:30 h no campo de herba artificial de Salesianos. A inscrición terá que realizarse antes do venres 17 de febreiro en Amencer. A cota de inscrición será de 1 € por xogador, e os equipos estarán formados entre 7 e 10 xogadores. No caso que queiras participar e non teñas equipo, non te preocupes, apúntate e buscarémoste un equipo.

Ficha de inscrición

   

Xuntanza de Grupos Xuvenís en Lugo

O sábado 21 de xaneiro xuntarémonos en Lugo mozos e mozas de toda Galicia pertencentes aos grupos xuvenís de Catecumenado. A Xuntanza, baixo o título "Buscando pegadas de Abba...". A través de dinámicas diversas descubriremos xuntos as características dos nosos grupos e os proxectos que podemos ir facendo realidade. Pregunta en Amencer Máis información premendo aquí.


   

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL