A Tope na Ponte do Pilar
Ao igual que no resto das pontes escolares, nesta semana (11 ao 13 de Outubro), desenrolaremos o proxecto A Tope na Ponte San Martiño. Estas actividades son abertas a todo aquel que queira participar nelas. Destacamos que imos a ter torneos de fútbol 8, baloncesto, actividades para os cativos .... Aquí podes ver toda a programaciónDia das Familias
O sábado 6 de outubro dende as 17:00 h festexaremos o Día das Familias en Amencer. Deste xeito inauguramos as actividades para os rapaces dos grupos de Buxaina, Andaina, ADS e Catecumenado, en compaña das súas familias. Teremos xogos para pais e fillos, reunión para explicar as actividades dos grupos, xesto de paso dun grupo a outro, pinchos,... Vai a ser unha tarde moi especial para todos, Agradámoste.
Inauguración de actividades Xuvenil
O vindeiro día 5 de Novembro inauguramos o novo curso e queremos contar contigo.Convidamos aos animadores, socios e amigos de Amencer a vir ás 22:00 h. Ali teremos: boa música, video con fotos do curso pasado, pinchos,...Para maiores de 14 anos. Se eres menor de idade debes cubrir unha autorización en Amencer.
Curso de Monitor de Tempo Libre
Dende a A.X.Amencer ofertamos un curso de Monitor de Tempo Libre. Coa realización de dito curso obtense a titulación oficial de Monitor de Tempo Libre. Realizarase nos meses de maio e xuño. Para máis información, descarga o tríptico informativo ou contacta con nós. As datas son as seguintes:
Maio_ 26
Xuño: 1, 2, 3-5, 7-9, 10-23, 25-30
Horario: 16:00h-21:00h pola semana, 9:00-14:00h e 16:00-21:00h nas fins de semana
Inauguración de actividades
O vindeiro venres 5 de outubro as 11.15h tera lugar a presentación e inauguración do novo curso da A.X.Amecer na Aula Magna dos Salesianos. Colaboradores, entidades, socios, amigos e amigas... estades todos convidados a participar deste momento de encontro no que se presentara a Memoria de actividades da asociación e a programacion deste novo curso. Agardámoste!JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL










