Chisqueiro dixital

(boletín de novas)



feed image

Xalgarete recomenda...

 

Xoga con Fervello

 

banner_125x125

XIX Feira da Música

Achegándose a festividade de Santa Cecía, patroa da música, en Amencer festexámolo coa nosa Feira da Música. Celebrarase do 25 ó 27 de novembro. Aquí podes ver tódalas actividades programadas para esta fin de semana

 

 

Actividade de paso / Dia das Familias

O sábado 15 de outubro dende as 17:00 h festexaremos o Día das Familias en Amencer. Deste xeito inauguramos as actividades para os rapaces dos grupos de Buxaina, Andaina, ADS e Catecumenado, en compaña das súas familias. Teremos xogos para pais e fillos, reunión para explicar as actividades dos grupos, xesto de paso dun grupo a outro, pinchos,... Se queres saber o horario concreto, preme en "ler máis"

Ler mais. Actividade de paso / Dia das Familias

   

Fotos dos Campamentos de Verán

Rematou o verán e temos unha manchea de fotos dos bos momentos que pasamos. Dende aquí colgamos unha escolma de fotos de todos os campamentos organizados por Amencer neste verán.

Ler mais. Fotos dos Campamentos de Verán

   

Amencer no Facebook

Se eres usuario das redes sociais e queres estar informado do que acontece en Amencer, che presentamos a páxina que temos no Facebook:

www.facebook.com/a.x.amencer

Dalle a "gústame" se queres estar en contacto!

   

Saída ao Parque acuático de Cerceda

O sábado 11 de xuño festexaremos o fin de actividades, antes dos campamentos, de Buxaina, Andaina, ADS e Catecumenado cunha excursión ao Parque acuático de Cerceda, para darnos o primeiro dos moitos baños deste verán. A esta actividade están convidados a asistir tamén as familias dos participantes e todos aqueles rapaces que queiran vir. O horario de saída é ás 10:00 h dende Amencer e voltaremos ás 19:30 h. É preciso entregar autorización asinada en Amencer para participar. Non esquecer: gorra, toalla, bañador, crema solar e roupa cómoda.

Importante: O mércores 8 de xuño será o último día que se recollerán as inscricións para ir a esta excursión, por motivos organizativos impostos polo Parque acuático de Cerceda. Non se recollerán inscricións despois deste día. Apresúrate!

Ler mais. Saída ao Parque acuático de Cerceda

   

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL