Axudemos a Haití
Ante a traxedia acontecida en Haití queremos mobilizarnos como Asociación e conseguir achegas económicas para axudar aos damnificados polo terremoto. Preme en ler máis para ver cómo podemos colaborar. Grazas.
A Asociación Xuvenil Amencer, como membro da Obra salesiana en Ourense, comeza unha campaña para recadar axuda inmediata:
As últimas novas que nos chegaron desde Puerto Príncipe, a zona máis afectada, din que xa van preto de 500 alumnos do colexio e a casa de acollida que os Salesianos teñen alí, atopados mortos entre os escombros, ademais de educadores e tres salesianos. Hai moitos feridos e edificios arruinados ou moi estragados.
Os Salesianos rexían 10 casas en Haití (cinco delas en Puerto Príncipe). Son colexios, centros de Formación Profesional, parroquias, centros xuvenís, casas de acollida para nenos da rúa... As noticias son aínda confusas, pero sabemos que o Colexio San Juan Bosco e a Obra de las Pequeñas Escuelas do P. Bonhem foron as máis afectadas da cidade. Outras dúas casas, a casa provincial e o postnoviciado, sufriron graves danos. As Fillas de María Auxiliadora tamén sufriron danos nas obras de Puerto Príncipe e “Santa María Mazzarello”, en Pétion-Ville, pero non hai desgrazas persoais.
Desde aquí queremos pedir a vosa colaboración para facerlles chegar a nosa axuda para facer fronte ás necesidades máis urxentes das que nos irán informando.
Invitaremos aos mebros da Obra salesiana (á que pertence Amencer) a comprar un
adhesivo por valor de 1 € para colaborar con esta campaña de axuda.
Tamén vos pedimos que colaboredes na medida das vosas posibilidades e segundo consideredes oportuno; para isto poñemos á vosa disposición este
número conta: 0075 0001 85 0607077059. Indicade que é para Misiones Salesianas – Ayuda Haití, pois é a través desta vía que canalizaremos todas as axudas.
Se queredes tamén podedes facer chegar a vosa colaboración deixando os cartos en Sala Aberta, indicando que é para a axuda a Haití.
Graciñas pola vosa atención e colaboración.
Contamos con vós, contan con nós!








