Participaremos no desfile de Entroido da cidade
Este ano xa será o segundo que participemos no desfile de comparsas de Entroido da cidade de Ourense. Desfilaremos o domingo de Entroido (14 de febreiro) ás 18:00 h.
O ano pasado dende Amencer chegamos a reunir 112 persoas entre nenos, mozos, animadores, pais e nais, e a esperiencia resultou moi positiva. Por eso gustaríanos animarvos a participar na comparsa deste ano. A temática que teremos será a de Animais do mundo.
Xa sabes, se tes algún disfraz de animal (calquera) participa con nós na comparsa do Entroido. Apúntate en Amencer ou na Sala Aberta.








