Presentación do Caderno Xalgarete
A Comisión Xalgarete presenta o mércores 10 ás 20:00 h, na Livraría Torga, a súa última publicación: Para animar en galego, sen escusas nen atrancos.
"...No verán do 2008, catro compoñentes da Comisión Xalgarete da Asociación Xuvenil Amencer, de Ourense, iniciamos un modesto estudo sobre o idioma empregado normalmente na animación do tempo libre para dirixírmonos aos nosos destinatarios e destinatarias...."
Nesta publicación poderemos ler como a comisión Xalgarete desmonta os prexuizos e argumenta as razóns para facer un uso normalizado do galego.
Estamos todos convidados a participar no acto de presentación que será na Livraría Torga (na Rúa da Paz, 12).
Os intervintes serán: Adrián Rodríguez Cruz, María Xesús Sánchez García, Carlos Hermida Corbal, Pablo Sobrino Novoa eXulio C. Iglesias Blanco.








