Chisqueiro dixital

(boletín de novas)



feed image

Xalgarete recomenda...

 

Xoga con Fervello

 

banner_125x125

Para animar en galego

A Comisión Xalgarete ven de publicar o seu último caderno : Para animar en galego, sen escusas nen atrancos.

"...No verán do 2008, catro compoñentes da Comisión Xalgarete da Asociación Xuvenil Amencer, de Ourense, iniciamos un modesto estudo sobre o idioma empregado normalmente na animación do tempo libre para dirixírmonos aos nosos destinatarios e destinatarias...."

Nesta publicación poderemos ler como a comisión Xalgarete, axudada de importantes persoeiros,  desmonta os prexuizos e argumenta as razóns para facer un uso normalizado do galego.

Agora tamén o podemos ler na rede premendo nesta imaxe:

 

Nestas sinceiras motivacións participan diversas persoas comprometidas coa normalización lingüística, como, por exemplo, Roberto Catoira, Rubén Rivas, Rubén Aramburu, Xan Guillén, Séchu Sende, Henrique Monteagudo, Xabier P. Docampo, etc.

Esta publicación pódese solicitar de balde en formato físico contactando coa Asociación Xuvenil Amecer.