Chisqueiro dixital

(boletín de novas)



feed image

Xalgarete recomenda...

 

Xoga con Fervello

 

banner_125x125

Que facemos

Facemos actividades de tempo libre nos grupos do Itinerario, organizamos e colaboramos en actividades que promoven a solidariedade e o compromiso social, participamos en encontros formativos de diversa índole e localización, favorecemos o desenvolvemento artístico-musical dos nosos animadores e destinatarios, potenciamos momentos de encontro e convivencia ao longo de todo o ano, lanzamos actividades abertas á cidade nas que calquera que o desexe pode participar, informamos de novas e actividades tanto de caracter interno como externo, traballamos en prol da lingua e a cultura galegas, movémonos e organizámonos en rede con entidades tanto do ámbito salesiano como entidades públicas e privadas, relixiosas e laicas, do noso país, organizamos a nosa xestión para dar chegado a todo o que poidamos e a todos...

Todo o que facemos, facémolo desde o voluntariado, desde a convicción de que outro mundo mellor é posible, tratando de potenciar e favorecer o protagonismo xuvenil; facémolo por e para os nenos e a xente moza.