Portas abertas
Moitas das actividades de AMENCER están abertas a calquera neno ou nena, mozo ou moza que desexe participar nelas. Vertebrar estas actividades para facelas máis fortes e que cheguen a máis xente é a orixe do programa Portas Abertas.
É a nosa proposta clara que fai de ponte entre os grupos de ritmo semanal, columna vertebral de AMENCER, e os rapaces e rapazas que se achegan por AMENCER e non se animan, por descoñecemento ou por falta de interese, a participar nos nosos grupos de tempo libre.
Facilitar que nos coñezan, ofertar actividades que lles interesen e organizar actividades para destinatarios que non poden ou non queren o ritmo semanal dos grupos, son os obxectivos deste programa.










