25 anos de Amencer
O 25 de Marzo de 1987 nacía a Asociación Xuvenil Amencer. No principio era un soño, unha ilusión que comezaba a plantar un xérmolo na cidade
Nestes 25 anos podemos decir que pasaron pola nosa asociación centos ou incluso miles de voluntarios e voluntarias da cidade que ofreceron e ofrecen un pouco do seu tempo para compartir cos demáis; un monte de rapaces e rapazas (non me atrevo a por un número) que creceron con nós, ou que simplemente, pasaron un bo rato grazas a nós. Un gran número de familias que confiaron en nós para deixarnos o seu ben máis prezado, os nenos e nenas, mozos e mozas.
Como non acordarnos de todas esas entidades públicas que nos apoiaron no desenvolvemento das nosas actividades, en alguns casos apostas moi arriscadas, e tamén de todos os colaboradores privados, que coas súas aportacións, ben como empresa, ben como individual, axudan a que poidamos levar a cabo as nosas actividades.
Un recordo especial para os Salesianos, que formando parte de unha mesma familia nos acollen na súa casa dende onde podemos levar a cabo as actividades, e onde nos atoparas sempre que queiras así como a Federación de Centros Xuvenís D. Bosco de Galiza, que axuda a levar a cabo a nosa tarefa coa mocidade de Ourense a través das súas actividades.
Hoxe 25 anos despois podemos decir orgullosos que ese xérmolo creceu, non sen difcultades. Que Amencer sexa hoxe unha pranta con raíces profundas non dependeu dunha persoa senón de toda unha cidade e unha comunidade que aposta polo que cre.
Neste 2012 celebramos o noso 25 aniversario, o voso 25 aniversario, o 25 aniversario de todos e todas os que algún día confiaron, confian e confiaran en nós.
Moitas Grazas a todos e todas, e feliz aniversario.
AMENCER










