monográficos 2012
A Asociación Xuvenil Amencer dentro do seu programa de formación ofrece 4 cursos monográficos neste 2012. Coidamos que todos eles son de grande interese, pois teñen que ver coa nosa acción directa nas actividades e proxectos que levamos a cabo con tantos e tantos rapaces/zas e adolescentes. Contacontos, Informática no Tempo Libre, Xogos... preme aquí para ver os cursos e os datos dos mesmos
10 de marzo: “Iniciación a contacontos” (5 horas) - Encargado/a: María Xesús Otero
10 euros (non socios) / 5 euros (socios amencer e desempregados)
14 de abril: “Informática aplicada ó tempo libre” (10 horas) - Profesor/a: Toni Martínez
20 euros (non socios) / 10 euros (socios amencer e desempregados)
5 de maio: “Xogos para nenos de 3 a 6 anos” (5 horas) - Encargado/a: Jorge Asenjo
10 euros (non socios) / 5 euros (socios amencer e desempregados)
12 de maio: “Globoflexia e Papiroflexia” (10 h) - Profesor/a: Raquel Pérez/Mariano Castaño
20 euros as dúas partes / 10 euros unha parte (non socios) - 15 euros as dúas partes / 8 euros unha parte (socios amencer e desempregados)
Todos os monográficos
55 euros (non socios)
22 euros (socios amencer e desempregados)
► Facendo TODOS os monográficos terás dereito a un Crédito de Libre Elección ECTS










