Chisqueiro dixital

(boletín de novas)



feed image

Xalgarete recomenda...

 

Xoga con Fervello

 

banner_125x125

Animación

ANIMADORES/AS

DESCRICIÓN: Todo mozo ou moza maior de 18 anos de idade que desexe ter responsabilidades en Amencer como animador deberá realizar un proceso formativo que normalmente durará un curso. Participando desta formación conseguirá ser animador de pleno dereito no sector que faga as funcións de animación, participando xa no ritmo normal das actividades. Durante o tempo que dura este proceso de formación poderá participar tamén das actividades conxuntas que se organicen no movemento no que está como novo animador ou animadora.

Durante (e posteriormente ao mesmo) ese proceso formativo inicial haberá un acompañamento por un animador/a veterano/a que o/a axudará nas súas tarefas de animación.


Ademais das accións de animación que se describen posteriormente, aprovéitanse as asembleas trimestrais de programación e revisión para a formación. Nestas asembleas ofértase, dentro do horario, un tempo para formarnos todos os animadores e animadoras de Amencer, co obxectivo de reflexionar e formarnos nas nosas tarefas como animadores de tempo libre cristiáns.

OBXECTIVOS:

o Coñecer as implicacións de ser animador/a nunha asociación xuvenil de tempo libre educativo.

o Descubrir o estilo cristián e especificamente salesiano, característico dos animadores desta Asociación.

o Coñecer as claves do sistema educativo preventivo de Don Bosco.

o Formarse en recursos lúdicos e educativos para o traballo con nenos/as e mozos/as na Asociación.

o Dedicar un curso enteiro á formación inicial a través da implicación persoal en Amencer.

o Sentirse acompañado nos primeiros pasos no mundo da animación.

ACTIVIDADES: Proceso formativo anual inicial, asembleas de animadores, acompañamento persoal e diversas actividades de seguimento que se materializan nos proxectos e actividades.

CALENDARIO: Determínase polos propios animadores/as de cada curso escolar.


PREANIMADORES/AS

DESCRICIÓN: Todo mozo ou moza entre 16 e 18 anos de idade que desexe ter responsabilidades en Amencer como preanimador/a deberá realizar un proceso formativo (que normalmente durará un curso) no que irá descubrindo o que implica ser preanimador/a de pleno dereito no sector no que realice as funcións de animación, participando xa no ritmo normal das actividades.

Durante, e unha vez rematado, ese proceso formativo inicial, haberá un acompañamento por un animador/a veterano/a que o/a axude nas súas tarefas de animación. Ademais, aos mozos/as de 16 a 18 anos que fan funcións de preanimadores/as de grupos de tempo libre ou responsables en diversos sectores de AMENCER, ofertaráselles unha asemblea de preanimadores/as unha vez ao trimestre para reflexionar sobre a nosa acción de animación e as nosas vivencias. Pretendemos que sexa un encontro informal no poidamos compartir as nosas experiencias, apoiarnos mutuamente e ser un foro de opinión no poidamos facer oír a nosa voz e o noso punto de vista en AMENCER.

Como principio base, sempre prevalecerá a súa formación sobre a súa acción voluntaria.

OBXECTIVOS:

o Coñecer as implicacións de ser preanimador/a nunha asociación xuvenil de tempo libre educativo.

o Dedicar o primeiro trimestre da implicación persoal en Amencer á formación inicial.

o Acompañar aos preanimadores/as nos primeiros anos de animación para que non se sintan solos/soas.

o Crear un foro de encontro, formación e opinión entre os mozos e mozas de 16 a 18 anos de AMENCER que realizan funcións de animación.

o Ser unha canle desde a que AMENCER poida escoitar os puntos de vista e o sentir dos menores que son responsables de tarefas en AMENCER.

o Apoiarse e sentirse máis unidos/as aos que teñen as súas mesmas idades.

ACTIVIDADES: Proceso formativo anual inicial, asembleas de preanimadores/as, acompañamento persoal e diversas actividades de seguimento que se materializan nas actividades nas que haxa preanimadores.

CALENDARIO: Determínase segundo as posibilidades dos propios preanimadores/as en cada curso escolar.


PREMONITORES

DESCRICIÓN: Todo mozo ou moza que teña entre 14 e 16 anos de idade e desexe ter responsabilidades en Amencer como premonitor/a deberá participar nos Grupos Xuvenís de Catecumenado e fará funcións de responsabilidade durante un curso, en tarefas que non impliquen a relación directa con rapaces e/ou rapazas, acompañado de animadores veteranos. Ademais, aos mozos/as de 14 a 16 anos ofertaráselles unha asemblea de premonitores/as unha vez ao trimestre para reflexionar sobre a nosa acción de animación en AMENCER; pretendemos que sexa un encontro informal no que poidamos compartir as nosas experiencias, apoiarnos mutuamente e ser un foro de opinión no que poidamos facer oír a nosa voz e o noso punto de vista.

Como principio base, sempre prevalecerá a súa formación sobre a súa acción voluntaria.

OBXECTIVOS:

o Coñecer as implicacións de ser premonitor/a nunha asociación xuvenil de tempo libre educativo.

o Acompañar nos primeiros anos de animación para que non se sintan solos/soas.

o Crear un foro de encontro, formación e opinión entre os mozos e mozas de 14 a 16 anos de AMENCER que realizan funcións de responsabilidade.

o Ser unha canle desde a que AMENCER poida escoitar os puntos de vista e o sentir dos menores que son responsables de tarefas en AMENCER.

o Apoiarse e sentirse máis unidos/as a quen teñen as mesmas idades ca eles.

ACTIVIDADES: Responsabilidade en tarefas que non impliquen a relación directa con rapaces/as, proceso formativo inicial, asembleas de premonitores/as, acompañamento persoal e diversas actividades de seguimento que se materializan nas actividades nas que haxa premonitores/as.

CALENDARIO: Determínase en función das posibilidades dos premonitores/as de cada curso escolar.

VOLUNTARIOS/AS EN PRÁCTICAS

DESCRICIÓN: Amencer está aberto a todo mozo ou moza que desexe facer unha experiencia de animación no eido do tempo libre infantil e xuvenil. De aí que teñamos diversos convenios para que estudantes de Educación Social e Psicopedagoxía, ademais dos que fan os Cursos de Monitores e Directores de Tempo Libre, poidan realizar as súas prácticas con nós.

Pero non soamente para estes casos, porque Amencer está aberta a calquera persoa que teña inclinación por ser voluntario/a neste eido. Tamén a estas persoas lles ofertamos un plan de acompañamento, formación e acción.

OBXECTIVOS:

o Axudar a descubrir o campo da animación como posibilidade de dedicación no mundo do voluntariado.

o Coñecer as implicacións de ser animador nunha asociación xuvenil de tempo libre educativo.

o Formarse en recursos lúdicos e educativos para o traballo con nenos/as e mozos/as na Asociación.

o Sentirse acompañado nos primeiros pasos no mundo da animación.

ACTIVIDADES: Diálogo co equipo xestor da Asociación, plan de acompañamento, formación e acción axeitada aos seus intereses e posibilidades, implicación gradual na vida da Asociación...

CALENDARIO: Durante todo o curso.

SCI

DESCRICIÓN: Desde hai cinco anos temos a sorte de que participan na vida de Amencer voluntarios/as que veñen do estado veciño de Italia. Neste últimos anos son tres os voluntarios/as que dende o mes de setembro ate agosto están connosco participando na acción voluntaria de Amencer.

OBXECTIVOS:

o Ofrecerlle aos voluntarios do SCI a posibilidade de coñecer unha realidade cultural e de animación distinta á do seu país, Italia.

o Favorecer a súa implicación durante un ano na vida de Amencer.

o Ofrecerlles a posibilidade de formarse en recursos lúdicos e educativos para o traballo con nenos/as e mozos/as na Asociación.

o Propiciar que se sintan acompañados no mundo da animación.

ACTIVIDADES: Diálogo co equipo xestor, xornadas de adaptación, participación na vida de Amencer como un animador máis, titorías semanais...

CALENDARIO: De principios de setembro ate finais de agosto.