Amencer
Concerto Coral de Ruada
O Domingo 26 de Mayo ás 19.30h a Coral da Ruada sumase as actividades da asociación ofrecendo un concerto no teatro dos Salesianos de Ourense. As entradas teñen un custo de 3€ que vai a ir destinado integramente aos Campamentos Urbanos da cidade de Ourense, xa podes mercalas en Sala Aberta ou nas oficinas. Tempo de Troula

Dende a A.X. Amencer ofertamos unha actividade para finalizar o curso: Tempo de Troula en Xuño. Son actividades para nenos e nenas de 3 a 12 anos (1º E.I.-6º E.P.) do 3 ao 21 e de xuño en horario de 15.30 a 17.30h.
O custo sera de 25 euros por semana cun desconto de 5 euros por irmán.
Descarga aquí a túa inscrición para entregar na asociación.
Mañás de verán 2013
Un ano máis desenvolveremos o noso campamento Mañas de Verán, do 25 de xuño ó 11 de xullo, para rapaces de 3 a 14 anos.
O horario será de 10:00 a 13:30h. Haberá servizo de gardería de 9:00 a 10:00h, e servizo de comedor+gardería de 13:30 a 15:30h.
Descarga aquí a túa inscrición e o díptico informativo.
Curso de Monitores de Tempo Libre
Dende a A.X.Amencer ofertamos un curso de Monitor de Tempo Libre. Coa realización de dito curso obtense a titulación oficial de Monitor de Tempo Libre. Realizarase nos meses de maio e xuño. Para máis información, descarga o tríptico informativo ou contacta con nós. As datas son as seguintes:
Maio: 26
Xuño: 1, 2, 3-5, 7-9, 10-23, 25-30
Horario: 16:00h-21:00h pola semana, 9:00-14:00h e 16:00-21:00h nas fins de semana
Proxecto Trisquel
Os nosos voluntarios Laura e Iago explican nunha reportaxe o noso proxecto de grupos de Tempo Libre Trisquel
Día da Federación
O vindeiro 27 de Abril celebraremos en Santiago o Día da Federación. Será unha xornada distendida para os voluntarios dos nosos centros onde festexaremos o 20 aniversario da Federación Don Bosco de Galicia. Para anotarte pasa por Amencer.
Aquí podes ver máis información.
VIII Torneo de Fútbol Sala Feminino
A Asociación Deportiva Bosco (ADB) e a Comisión de Promoción Deportiva (sección de fútbol sala) da Asociación Xuvenil Amencer organizamos o 8º Torneo de Fútbol Sala Feminino para o mércores 1 de maio de 2013 no pavillón do Colexio Salesiano de Ourense.
Máis información e inscrición premendo en ler máis.
Tempos de diversión

Máis artigos...
JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL











