Chisqueiro dixital

(boletín de novas)



feed image

Xalgarete recomenda...

 

Xoga con Fervello

 

banner_125x125

Amencer

Formación de Animadores

Este venres ás 22.00h teremos Formación de Animadores. Trataremos a relación que tiña D. Bosco coa rúa, achegandonos ás rúas da nosa cidade. Acordate de traer calzado cómodo. Ao rematar falaremos da nosa experiencia tomando algo nunha cafetería da cidade.

Anímate a participar.

   

Noite Trisquel

O venres 12 de abril teremos a nosa tradicional "Noite Trisquel", onde os rapaces de Buxaina, Andaina e ADS teremos unha actividade nocturna e quedaremos a durmir nas instalacións do colexio salesiano. Comezamos a nosa actividade as 22.00h, e remataremos as 9.30h da maña do sábado 13 de abril. Xa podes pasar por amencer pola túa autorización e anotarte antes do xoves 11 gratuitamente. Descarga aquí a autorización.


   

Asemblea trimestral e convivencia

Como todos os anos, ao comezo das vacacións de Semana Santa os animadores de Amencer teremos a nosa Asemblea trimestral. Será o sábado 23 de marzo, de 10:30 ás 13:30 h. Logo da Asemblea, os animadores de Buxaina, Andaina e ADS teremos unha comida e tarde de convivencia, sen papeis.... en Monterrei!

Por favor, se aínda non o fixeches, confirma asistencia ou ausencia contactando con Amencer


   

Torneo 5x5 Baloncesto Semana Santa

O vindeiro 26 de marzo a partir das 16.30h tera lugar o torneo 5x5 de baloncesto. Para inscribirte descarga aquí a túa isncripción.
   

Xuntanza Buxaina e Andaina

cartel xuntanza web

Aviso: por motivos climatolóxicos as Xuntanzas terán lugar no colexio Salesiano de Ourense. Despois subirase a allariz os rapaces que queden a festa do pano.

O vindeiro 16 de Marzo os rapaces e rapazas de Buxaina (preandaina) e Andaina terán as xuntanzas de toda Galicia en Allariz (Ourense) coincidindo coa festa do pano. Será o momento de compartir experiencia e volver a ver a compañeiros que non vemos dende o pasado verán, retomando ilusións para este verán a través de distintas aventuras. Preme aquí para descargar a autorización.

   

Curso de Director de Tempo Libre

Dende a A.X.Amencer e a Fed. CCXX Don Bosco de Galicia ofertamos un curso de Director de Tempo Libre. Coa realización de dito curso obtense unha titulación oficial de Director de Tempo Libre. Realizarase de maneira presencial e non presencial. A parte presencial levarase a cabo durante os días: 24-31 de marzo, e 13,14 de abril en horario de 09:00-14:00 e 16:00-21:00. Preme aquí para descaragar o triptico.

 

   

Festa do pano

A fin de semana do 16 e 17 de marzo, como cada ano, os rapaces de Trisquel (Buxaina, Andaina e ADS) iremos á vila de Allariz a festexar a "Festa do pano". Será unha fin de semana chea de actividades (obradoiros, baño na piscina, grandes xogos, xogos nocturnos,...) e destacamos a máis importante, a imposición dos símbolos de cada grupo. O domingo están convidados a participar tamén as familias dos rapaces e, como novidade, tamén vos faremos imposición dun pano aos pais que o desexen.

Aquí podes ver toda a información.

Ler mais. Festa do pano

   

150 anos de Cantares Gallegos

Este ano cúmprese o 150 aniversario da publicación de Cantares Gallegos por Rosalía de Castro. Dende a Fundación Rosalía, a Real Academia Galega e a Universidade de Vigo estanse a organizar distintos actos para conmemorar a efeméride desta obra única coa que Rosalía abriu o proceso que se deu en chamar 'Rexurdimento' da literatura e da cultura galega. Como non podía ser menos, a Asociación Xuvenil Amencer únese ó chamamento a través da súa Comisión Xalgarete coa edición do texto que poderás ler a continuación, e co compromiso de renderlle culto á nai das letras galegas

Ler mais. 150 anos de Cantares Gallegos

   

A Tope na Ponte Entroido

Chegou o Entroido e dende Amencer temos preparada una manchea de actividades para todos estos días. Apuntate e ven a gozar destes días connosco. Preme aquí para ver máis.

Ler mais. A Tope na Ponte Entroido

   

Festa Infantil e Xuvenil de Entroido

Esta fin de semana é o Entroido e entre as celebracións máis destacadas que imos ter estan as que teremos cos nosos rapaces , rapazas, mozos e mozas.

Xuvenil: Para maiores de 16 anos de 22:00 a 00:00 h Concerto de Entroido na Sala Aberta con concurso de disfraces.

Infantil: Ás 11.15h quedamos no colexio para dirixirnos a Praza Maior onde tera lugar a gran xincana de Entroido.

   

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL