Amencer
150 anos de Cantares Gallegos
Este ano cúmprese o 150 aniversario da publicación de Cantares Gallegos por Rosalía de Castro. Dende a Fundación Rosalía, a Real Academia Galega e a Universidade de Vigo estanse a organizar distintos actos para conmemorar a efeméride desta obra única coa que Rosalía abriu o proceso que se deu en chamar 'Rexurdimento' da literatura e da cultura galega. Como non podía ser menos, a Asociación Xuvenil Amencer únese ó chamamento a través da súa Comisión Xalgarete coa edición do texto que poderás ler a continuación, e co compromiso de renderlle culto á nai das letras galegas
A Tope na Ponte Entroido
Chegou o Entroido e dende Amencer temos preparada una manchea de actividades para todos estos días. Apuntate e ven a gozar destes días connosco. Preme aquí para ver máis.
Festa Infantil e Xuvenil de Entroido
Esta fin de semana é o Entroido e entre as celebracións máis destacadas que imos ter estan as que teremos cos nosos rapaces , rapazas, mozos e mozas.
Xuvenil: Para maiores de 16 anos de 22:00 a 00:00 h Concerto de Entroido na Sala Aberta con concurso de disfraces.
Infantil: Ás 11.15h quedamos no colexio para dirixirnos a Praza Maior onde tera lugar a gran xincana de Entroido.
II Mañás de Entroido
Por s
egundo ano consecutivo en colaboración coa Concellaria de Cultura temos: Mañás de Entroido. Serán actividades para nenos e nenas de 3 a 12 anos, durante as vacacións do Entroido.
As datas concretas son o 11 e o 13 de febreiro, en horario de 10:00h a 13:30h (dispoñemos de servizo de gardería de 9:00h a 10:00h). As actividades, centradas no Entroido Ourensán, irán dende obradoiros de máscaras, disfraces, grandes xogos do entroido ourensán, desfile pola cidade...
Así que non o dubides e anímate a gozar do Entroido apuntándote en Amencer
Torneo 5x5 baloncesto de entroido
O vindeiro Luns 11 de Febreiro a partir das 17.00h , Luns de Entroido, tera lugar o Torneo de 5x5 Baloncesto de entroido 2013. Este torneo vaise a xogar disfrazados asi que xa sabes,se queres anotarte pasate por Amencer e goza do entroido xogando ao baloncesto.Mañás de Semana Santa
Este ano temos unha nova actividade: Mañás de Semana Santa. Serán actividades para nenos e nenas de 3 a 5 anos, durante as vacacións de Semana Santa.
As datas concretas son o 25 , 26, 27 de marzo e 1 de abril, en horario de 10:00h a 13:30h (dispoñemos de servizo de gardería de 9:00h a 10:00h). As actividades serán obradoiros, grandes xogos, deportes, psicomotricidade....
Así que non o dubides e anímate apuntándote en Amencer, ou descargando a autorización aquí.
Torneo futbol sala de entroido
O vindeiro Luns 11 de Febreiro a partir das 11.00h , Luns de Entroido, tera lugar o Torneo de fútbol sala de Entroido 2013. Se queres anotarte pasate por Amencer e goza do entroido xogando ao fútbol.
Curso monográfico: Iniciación ao maquillaxe infantil III
O próximo 2 de febreiro (ou o 6 segundo elixades), de 17:00 a 20:00 h , con afán de estar en formación continua, impartiremos o segundo curso monográfico sobre Iniciación á maquillaxe infantil. Aquí podes ver máis información.
Ler mais. Curso monográfico: Iniciación ao maquillaxe infantil III
Comparsa de Entroido

Un ano máis dende a asociación xuvenil Amencer queremos participar da festa do entroido da cidade de Ourense e como levamos facendo xa cinco anos imos a facelo entre outras actividade participando no desfile. Despois de gañar o terceiro premio o ano pasado queremos renovar ilusións e animar a xente a participar. Por eso vémonos o Venres 11 ás 15.40h na Sala Aberta para falar da comparsa deste ano que sera sobre Alicia no país das marabillas.
Descarga a autorizaciónXoan Bosco en Amencer
O próximo 26 de xaneiro festexaremos "Xoan Bosco en Amencer". Queremos compartir con todos vos a festa do noso patrón e para iso programamos este día che de actividades, tanto para os rapaces, para as familias como para os máis mozos.
Infantil: a partir das 16.30h .Velada no teatro do celoxio salesiano cos nenos e nenas dos grupos de Buxaina, Andaina e ADS. A esta celebración estades convidados todos os pais e nais.
Xuvenil: Para maiores de 16 anos de 21:00 a 01:00 h. Xa podes recoller a túa invitación en Amencer. Descarga aquí a tua autorización
A continuación toda a información
Máis artigos...
JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL










