• X Solidaria

    As entidades sociais estamos en primeira liña contra a epidemia e o seguiremos estando cando remate, apoiando ás persoas máis vulnerables e defendendo os seus dereitos; algo posible, en gran parte, porque cada vez máis persoas marcan a X Solidaria

    A campaña deste ano quere animar a tódalas persoas a encher os seus balcóns e xanelas con debuxos e mensaxes da #XSolidaria e compartilos nas redes socias.

     

    A X Solidaria chegará este ano aos balcóns e xanelas de toda Galicia.

    • No último ano, un 54,24 % das persoas contribuíntes en Galicia marcaron o recadro de “Actividades de interese social”. Trátase de 716.201 persoas (14.564 máis que en 2018) o que permitiu recadar 17.463.833 Euros.

     

    • Con todo, 604.246 persoas seguen sen marcar a X Solidaria (un total de 481.572 non marcaron ningún recadro e 122.674 só marcaron o da Igrexa).

     

     

    • Se tódolas galegas e galegos marcásemos a X Solidaria, a asignación final en Galicia sería de 29.483.834 euros (12.020.001 máis co ano pasado).

     

    Santiago. 1 de abril de 2020. Hoxe comenza o prazo para presentar a Declaración da Renda. Co IRPF comenza tamén a “X Solidaria”: unha campaña que nace das entidades sociais para animar aos contribuíntes a marcar na súa Declaración da Renda o recadro de “Fins Sociais” (o recadro 106 de “Actividades de Interese Xeral consideradas de Interese Social” .

    A Administración permite aos contribuíntes a posibilidade de decidir a que queren destinar un 0,7% do diñeiro que se recada cos seus impostos. Uns fondos que se destinan integramente a realizar programas que beneficien ás persoas en exclusión social ou pobreza a través de organizacións de acción social.

    En Galicia, a campaña recadou no 2019 17.463.833 de euros, grazas as 716.201 persoas que marcaron a X Solidaria na súa Declaración. 14.564 persoas máis que no 2018, o que permitiu recadar 956.620 € máis.

    Aínda así, 604.246 contribuíntes seguen sen marcar a X Solidaria.  Se o fixeran, a asignación final en Galicia sería de 29.483.834 Euros (12.020.001 € máis)

     

    Das X nas prazas ás X nas casas

    Nestes días, profesionais e voluntarias de moitas ONG están a prestar un servizo esencial na loita contra o COVID-19 e seguirano facendo cando remate a pandemia, apoiando ás persoas máis vulnerables e defendendo os seus dereitos. Un traballo que é posible, en gran parte, grazas a quenes marcaron o X Solidario na súa Declaración da Renda.

    Con motivo das especiais circunstancias que estamos a vivir este ano, as entidades sociais queren animar a toda a cidadanía a que dende o 2 de abril enchan as redes sociais, as xanelas e os balcóns das súas vivendas con carteis animando a marcar o X Solidario, para despois subir unha foto ás redes coas etiquetas #XSolidaria e #1MillonDeRazones

    Unha iniciativa que servirá para expresar todo o que se pode conseguir marcando o X Solidario ao tempo que se pon en valor o traballo de miles de persoas que traballan ou son voluntarias en organizacións de acción social.

    Asegurar o traballo para as persoas

    As redes e organizacións que impulsamos esta campaña, cremos fundamental  manter a  filosofía destes fondos de acción social que dende hai dous anos xestiona a Xunta de Galicia.

    Evitar a dispersión e a burocracia a través a través da xestión dos fondos por un único departamento: a Consellería de Política Social. Seguir garantindo que no último trimestre do ano sexa comunicada a resolución e ingresados os cartos para poder poñer en marcha e sobre todo dar continuidade aos programas.

    Máis información: 

    www.xsolidaria.org

    EAPN Galicia / CERMI Galicia e Plataforma de ONG de Infancia de Galicia. 698 127 110

     

    Marcar o X Solidario non custa nada.

    • Nin pagas máis, nin che devolverán menos.
    • Se xa se marca a casiña da Igrexa, marcando tamén a de ‘Actividades de Interese Social’, pódese axudar o dobre.

    X Solidaria (grande)

     

     


     

    Copyrigth © ASOCIACIÓN XUVENIL AMENCER, todolos dereitos reservados. | Certos contidos poden estar baixo "Copyrigth ®" ou ser "Marcas Rexistradas ™" dos seus títulares, queda terminantemente prohibido o uso dos contidos de esta páxina web sen o consentemento por escrito de. AVISO LEGAL

    Powered by ciolet.com - Producto baixpo licencia "Orixinal" ofrecida por CIOLET SYSTEMS A.N.T. SLU