• mdvnUEVO (pequeña)

     

    A Asociación Xuvenil Amencer vólvese pór en contacto convosco para anunciarvos que xa podedes inscribir aos vosos/as fillos/as nas XV Mañás de Verán, un proxecto que nace co obxectivo  de educar dunha forma lúdica a través do xogo, ademais de facilitar á conciliación familiar-laboral.

    Benqueridas familias:

    A Asociación Xuvenil Amencer vólvese pór en contacto convosco para anunciarvos que xa podedes inscribir aos vosos/as fillos/as nas XV Mañás de Verán, un proxecto que nace co obxectivo  de educar dunha forma lúdica a través do xogo, ademais de facilitar á conciliación familiar-laboral.

    • Mañás de Verán Infantil para nenos/as de 4ºEI, 5ºEI e 6ªEI
    • Mañás de Verán Primaria para rapaces/zas dende 1ºEP ata 6ºEP
    • Mañás de Verán ESO para mozos/as de 1ºe 2ºESO.

    A causa da situación que vivimos, tivemos que adaptar as nosas actividades a esta nova realidade, pero sen perder o noso estilo. Deste modo, e seguindo en todo momento as indicacións das autoridades sanitarias competentes, foi necesario reorganizar o noso habitual esquema para poder ofrecer actividades  con seguridade. As principais novidades son as seguintes:

    • Aumentamos de 4 a 5 semanas a oferta de Mañás de Verán.
    • Aumentase o horario diario das actividades de mañá desde as 8:30 até as 14h.
    • Suprímese, por maior seguridade, o servizo de gardería e de comedor, ampliando o horario de Mañás.
    • Ampliación de espazos, promovendo as actividades ao aire libre.
    • Serán totalmente independentes a organización de Mañás para as idades de Infantil, Primaria e ESO.
    • Reforzo significativo e limpeza exhaustiva de materiais e instalacións empregados.
    • O pequeno grupo de convivencia será a base de toda actividade que se organice para evitar contactos masivos.
    • Incorpóranse novos hábitos como a entrada e saída gradual á actividade, medición de temperatura, inclusión do lavado de mans nas actividades, declaración responsable da saúde do participantes, grupos fixos, mampara na secretaria, utilización de xel, máscara e outros elementos sempre que sexa preciso nas actividades.
    • Seguimento diario de asistencia/ausencia coas familias.
    • Formación específica para monitores e dun xeito lúdico para rapaces/zas.
    • A secretaria coa inscrición será online, aínda que se facilite a quen o precise en formato papel.

     

    PROGRAMACIÓN E AVISOS:

    Neste documento teredes dispoñible o programa de actividades e o que os rapaces/zas precisan traer cada día. Esta programación pode sufrir modificación por motivos alleos á organización, polo que rogamos revisar os e avisos diarios, que colocaremos nas entradas, nas redes sociais e na páxina web.

    PROGRAMACIÓN DE MAÑÁS DE VERÁN 2020

     

    ENQUISA AVALIATIVA:

    Queremos coñecer o voso parecer sobre algunhas cuestións, de cara a facer a memoria de actividades e recoller suxestións e propostas de programación para novas edicións de Mañás de Verán, por iso gustaríanos que cubrirades esta equisa. Graciñas por colaborar connosco e perdoade polos erros que poidamos ter.

    PREME AQUÍ PARA ACCEDER A ENQUISA DE MAÑÁS DE VERÁN 2020

     

    DATAS E HORARIOS:

    As actividades de Mañás de Verán realizaranse de luns a venres nas instalacións do Colexio Salesianos Mª Auxiliadora, e como novidade este ano durante cinco semanas dos meses de xuño e xullo.

    • 1º semana, do 22 ao 26 de xuño
    • 2º semana, do 29 de xuño ao 3 de xullo
    • 3º semana, do 6 ao 10 de xullo
    • 4º semana, do 13 ao 17 de xullo
    • 5º semana, do 20 ao 24 de xullo

    * As datas son provisionais, á espera das directrices que marquen as autoridades competentes

    Este ano de forma excepcional e por seguridade, non poderemos contar cos servizos opcionais de gardería tanto de mañá como de mediodía, por iso o horario das actividades será de 9.30h a 13.30h. con apertura de portas pola mañá dende ás 8.30h ata 9.30h, e ao mediodía dende ás 13.30h ata ás 14h, co fin de facilitar as entradas e saídas escalonadas.

    Haberá unha reunión  martes 16 de xuño ás 18h e outra ás 20h para todos os pais/nais dos rapaces/zas inscritos para informarvos sobre o desenvolvemento, organización e avisos das actividades.

     

    COTAS:

    O prezo inclúe, entre outras cousas, o emprego de materiais, animadores/as, uso de instalacións, e especialmente este ano produtos de desinfección, limpeza e protección individual. A cota de cada participante dependerá do número de semanas nas que participe e se é socio de Amencer ou do ANPA do colexio salesiano María Auxiliadora, xa que contará cun desconto de 5€ ou 7€, respectivamente.

     

    Tempo

    1 semana

    2 semanas

    3 semanas

    4 semanas

    5 semanas

    Xeral

    60€

    90€

    120€

    150€

    180€

    Socios/as ANPA

    Mª Auxiliadora

    53€

    83€

    113€

    143€

    173€

    Socios/as Amencer

    55€

    85€

    115€

    145€

    175€

     

     

     

     

     

     

     

     

     

    Unha cousa que queremos deixar clara desde a organización é que non queremos que ningún rapaz/a deixe de participar e gozar desta oportunidade só por motivos económicos. Por iso, se algunha familia se atopa nesta situación, que se poña en contacto con nós para buscar a mellor solución entre todos.

     

    INSCRICIÓNS:

    Os destinatarios/as destas actividades poderán ser todos os nenos e nenas dende 4º de EI ata 2º da ESO, ambos inclusive.

    É posible que non vos interese ou non poidades traer aos vosos fillos/as as cinco semanas de campamento, por iso dámosvos a opción de que participen unha, dúas, tres, catro ou cinco semanas que vós elixiriades, pero sempre semanas enteiras, nunca días soltos. Sempre que queden prazas e por rigorosa orde de inscrición, poderedes facer ampliación en secretaría antes do xoves da semana anterior.

    As inscricións  realizaranse de forma online dende o mércores 3 de xuño.  En caso de dúbidas ou dificultade consultar en secretaría ben por correo electrónico ou por teléfono en horario de 9h á 14h.

    En caso de baixa do neno/a devolverase o 100% dos cartos soamente se a baixa está cursada antes do 18 de xuño. Despois desta data se a baixa está cursada antes do martes da semana anterior a participar devolverase o 50% da totalidade polos gastos de xestión. A partir do mércores da semana previa non se cursarán baixas para a semana seguinte.

    *O primeiro día de actividade será preciso que traiades asinado o modelo de aceptación de condicións de participación, obrigación de información e consentimento informado, para participar en actividades de ocio educativo xuvenil, que estará dispoñible na web proximamente.

    AMPLIACIÓNS:

    Os prazos de ampliación para as vindeiras semanas pecharase os xoves da semana anterior ás 14h. O custe de ampliación por semana é de 30€. O proceso para formalizar a ampliación será o seguinte: 

    1. Realizar a transferencia ao mesmo número de connta ES12 2080 5261 1130 0001 1450 (A BANCA) co concepto (Ampliación MDV+ Nom e do participante)
    2. Enviar ao correo secretaria@amencer.org indicando o Nome do participante e a semana que amplia, anexando o comprobante bancario da transferencia.

     

    (pequeña)

    NOVAS INSCRICIÓNS PARA AS VINDEIRAS SEMANAS

    PRAZO ABERTO DE LUNS A XOVES (ATA ÁS 14H)

     

    Estaremos a vosa total disposición a través do teléfono 988.218.123 , por whastapp 627.963.883 ou do correo electrónico amencer@amencer.org

     

     

    Medidas COVID19 (grande)

     

     


     

    Copyrigth © ASOCIACIÓN XUVENIL AMENCER, todolos dereitos reservados. | Certos contidos poden estar baixo "Copyrigth ®" ou ser "Marcas Rexistradas ™" dos seus títulares, queda terminantemente prohibido o uso dos contidos de esta páxina web sen o consentemento por escrito de. AVISO LEGAL

    Powered by ciolet.com - Producto baixpo licencia "Orixinal" ofrecida por CIOLET SYSTEMS A.N.T. SLU