30 anos



  • CaF (grande)


    Un ano máis temos o noso particular Camiño á Fama. Festival solidario onde poder participar bailando ou cantando e colaborar co Campamento Urbano. Será o vindeiro 27 de Maio a partir das 18.00h no Teatro do colexio Salesiano.

     O festival ten un carácter benéfico. Todo o recadado irá destinado aos Campamentos Urbanos que Asociación Xuvenil Amencer organiza cada ano para os rapaces que non poden gozar doutros Campamentos de aire libre no verán.

    A entrada do Festival custará 3 euros. Tamén haberá a posibilidade de mercar unha entrada de “Fila cero” no caso de querer colaborar economicamente aínda que non se poida asistir ao festival. Todos os/as participantes deberán pagar tamén a súa entrada, debido ao carácter solidario de dito festival.

     No festival haberá dúas categorías nas que se pode participar:

    -Interpretación: Un solista ou varios interpretan con voz en directo un tema elixido previamente.

    -Coreografía: Unha ou varias persoas bailan un tema musical ou varios – mestura de cancións– elixidos previamente. Dentro desta categoría diferenciaranse grupos amateurs de grupos de escolas de baile.

     Haberá un único gañador da categoría de interpretación e catro gañadores da categoría de coreografía –dous amateurs, e outros dous de escolas de baile-. Asimesmo, se o xurado o considera oportuno, verá a conveniencia de outorgar algún accésit ou mención especial a calquera grupo de calquera categoría.

     A inscrición no festival é gratuíta antes do luns 22 de maio ás 14.00 h. A organización porase en contacto con todos os grupos seleccionados, para facer un ensaio xeral.


    Descarga:


     

    Copyrigth © ASOCIACIÓN XUVENIL AMENCER, todolos dereitos reservados. | Certos contidos poden estar baixo "Copyrigth ®" ou ser "Marcas Rexistradas ™" dos seus títulares, queda terminantemente prohibido o uso dos contidos de esta páxina web sen o consentemento por escrito de. AVISO LEGAL

    Powered by ciolet.com - Producto baixpo licencia "Orixinal" ofrecida por CIOLET SYSTEMS A.N.T. SLU