Un ano máis a Asociación Xuvenil Amencer pon en marcha, e xa van 30 edicións, os Campamentos Urbanos Cidade de Ourense. Entre o 1 e o 12 de agosto desenvolveremos de maneira totalmente gratuíta esta actividade na que están convidados a participar todos os ourensáns e ourensás de entre 8 e 16 anos na proposta do Campamento Urbano Infantil e todos os mozos e mozas maiores de 15 anos na proposta do Campamento Urbano Xuvenil polas noites.
A Asociación Xuvenil Amencer é unha E.S.A.L. (entidade sen ánimo de lucro) e organiza está actividade aberta e gratuíta grazas a colaboración de moitas entidades públicas, empresas privadas e donativos persoais que nos axudan a reducir o déficit desta aventura de verán. O último ano este campamento chegou a casi 1000 participantes e as súas familias, un dato máis que salientable pola repercusión que eso implica nunha cidade como Ourense.
Se ti tamén estás intertesado en colaborar con nós propoñemosche diversas opcións:
Proposta de colaboración |