30 anos



  • DÍA A DÍA CU 17

    Martes 1, Día da Benvida

    Comeza agosto e comezamos o 30 Campamento Urbano! O primeiro día é o da benvida, así que durante a mañá organizámonos por grupos para coñecernos mellor; despois saimos cara as diferentes pontes do río Miño para a tradicional solta de globos. Pola tarde comezan as Tardes do Urbano, hoxe con: grande xogo, tren termal, deportes...

    (pequeña)

     

    Mércores 2, Día da Cultura

    Mércores 2 sigue o campamento urbano descubrindo a cidade desde un punto de vista diferente. Hoxe fixemos diferentes actividades culturais: visitamos o claustro de San Francisco, aprendemos tecnoloxía en La Molinera, vivimos un contacontos... Continuamos o día cas segundas tardes de urbano con exibición de esgrima, obradoiros, xincana de auga...

    (pequeña)

     

    Xoves 3, Día da Xuntanza

    Xoves 3, segue o campamento urbano, pero hoxe sendo un día especial, xa que hoxe é o día da xuntanza e veñen outros campamentos urbanos de Galicia para celebrar con nós os 30 anos que cumple o noso campamento urbano de Amencer. Na praza maior celebrouse a Xuntanza cos campamentos urbanos de Santiago, Coruña e Vigo que foron acollidos por nós e polas distintas autoridades da provincia de Ourense. Logo recorremos as rúas máis centricas da nosa cidade con ritmo de pasarúas en dirección as piscinas de Oira para rematalá tarde.

    (pequeña)

     

    Venres 4, Día da Natureza

    Venres 4, continuamos o noso campamento urbano. Hoxe toca o día da natureza polo que saímos cara a Allariz, Amoeiro, Castrelo de Miño, Esgos, Maceda, Maside, Oira e a Valenzá a rodearnos do noso contorno e das nosas paisaxes. Realizamos unha serie de andainas e actividades relacionadas coa natureza e acabamos a tarde nas diferentes piscinas dos distintos concellos.

    (pequeña)

     

    Venres 4, Noite dos Pequenos

    Venres 4, co motivo da chegada da fin de semana celebramos a actividade "Noite dos Pequenos" onde os rapaces viñeron realizar unhas miniolimpiadas e quedaron a durmir no polideportivo do colexio.

    NoitePequenosCU17 (pequeña)

     

    Luns 7, Día do Parlamento

    Arrancamos a segunda semana do 30º C.U. Hoxe visitamos diferentes institucións da nosa cidade para coñecer o seu labor e comprender o seu funcionamento: Deputación, Concello, Xunta de Galicia... Continuamos despois de comer coas penúltimas Tardes de Urbano deste ano, nas que puidemos desfrutar de mil e unha actividades: exhibición de drons, torneos deportivos, obradoiros, grandes xogos...

    CU17-DiaParlamento (pequeña)

    Martes 8, Día da Praia

    Neste día tan especial desprazámonos á praia do Vao para sofocar a calor e gozar dun día na praia en compañía das nosas compañeiras e compañeiros. Bañámonos e xogamos na auga, pero tamén puidemos desfrutar de diferentes xogos e dinámicas na area.

    CU17-DiaPraia (pequeña)

    Mércores 9, Día dos Parques

    Continuamos o C.U. coñecendo un pouco máis a cidade de Ourense. Para isto, facemos unha morea de actividades, dinámicas e xogos en moitos dos nosos parques: o de Santa Teresita, en Avilés de Taramancos, no San Lázaro, na Alameda... Para rematar o día despedimos as Tardes de Urbano por este ano cunha manchea de cousas que facer: rugby, fútbol, xincana de auga, un gran casino...

    CU17-DiaParques (pequeña)

     

    Xoves 10, Día da Auga

    Como xa é tradición, no penúltimo día do campamento visitamos as instalacións do complexo deportivo de Monterrei. Pola mañá fixemos unha morea de actividades deportivas diferentes: xogos deportivos, rally de Montecarlo, Urbanolimpíadas, karts... Despois de comer na arboreda, desfrutamos nunha tarde de baño e xogos nas piscinas.

     

    Venres 11, Día da Despedida

    Chegamos ó último día d0 30º Campamento Urbano de Ourense, pero nada de tristura! Despedímonos cunha gran festa nas discotecas Urbe, Kaoba e La Posada. Despois de bailar moito refrescámonos cunha festa da escuma. Pechamos o día cunha grande velada final pola tarde.

     


     

    Copyrigth © ASOCIACIÓN XUVENIL AMENCER, todolos dereitos reservados. | Certos contidos poden estar baixo "Copyrigth ®" ou ser "Marcas Rexistradas ™" dos seus títulares, queda terminantemente prohibido o uso dos contidos de esta páxina web sen o consentemento por escrito de. AVISO LEGAL

    Powered by ciolet.com - Producto baixpo licencia "Orixinal" ofrecida por CIOLET SYSTEMS A.N.T. SLU