• Novidades 33 Campamento Urbano

    Un ano máis, e xa van 33, a Asociación Xuvenil Amencer pon en marcha o Campamento Urbano "Cidade de Ourense" entre o 3 e o 13 de agosto. Baixo o lema "O Reencontro no Verán" os rapaces e rapaza de entre 8 e 16 anos poderán desenvolver de xeito gratuíto unha morea de actividades nas dúas primeiras semanas de agosto. 

    Este ano, e con motivo da COVID19 o Campamento Urbano sufre varias modificacións con respecto ao esquema clásico que viñamos empregando durante as anteriores edicións por iso anota:

     

    1.  Xa non é UN Campamento Urbano, serán TRES Campamentos Urbanos os que se levarán a cabo en distintos horarios e espazos segundo as idades dos rapaces:
    •  
      • 8, 9 e 10 anos: 10:45h a 13:15h nos patios de abaixo de Salesianos. (entrada por Praza Don Bosco)
      • 11, 12 e 13 anos: 10:45h a 13:15h nos patios de arriba de Salesianos. (entrada por Praza Concepción Arenal)
      • 14, 15 e 16 anos: 16:45h a 19:15h nos patios de abaixo de Salesianos. (entrada por Praza Don Bosco)

    2. O horario de entrada e saída ampliase para que poida facerse de xeito escalonado

      • Entrada á mañá: 10:15h a 10:45h.
      • Saída á mañá: 13:15h a 13:45h.
      • Entrada á tarde: 16:15h a 16:45h
      • Saída á tarde: 19:15h a 19:45h

    3. As portas de entrada e saída serán diferenciadas segundo o grupo (pendende de concretar indicacións)

    4. A Inscrición Previa é Obrigatoria, mediante o seguinte enlace

    5. Deberá entregarse obrigatoriamente o primeiro día a Declaración Responsable cuberta e asinada na porta. Pode descargarse premendo aqui.

     

    Dende Amencer seguimos traballando para ofrecer un verán para todos e todas que sexa seguro, por iso este verán máis que nunca contamos con vós!

     

     


     

    Copyrigth © ASOCIACIÓN XUVENIL AMENCER, todolos dereitos reservados. | Certos contidos poden estar baixo "Copyrigth ®" ou ser "Marcas Rexistradas ™" dos seus títulares, queda terminantemente prohibido o uso dos contidos de esta páxina web sen o consentemento por escrito de. AVISO LEGAL

    Powered by ciolet.com - Producto baixpo licencia "Orixinal" ofrecida por CIOLET SYSTEMS A.N.T. SLU