30 anos



  • Como tódolos anos por estas datas temos a OPERACIÓN QUILO. Xa son 31 anos ininterrompidos en que desde AMENCER se organiza esta campaña de solidariedade en Nadal. Realizámola en colaboración con Cáritas Diocesana de Ourense, que é a ONGD que atende ás familias desfavorecidas de Ourense todo o ano.

    A OPERACIÓN QUILO, consiste en recoller “quilos” de comida, xoguetes e diñeiro (este último transformase todo el en alimentos de primeira necesidade). Todo o que recollemos se reparte entre as familias desfavorecidas de Ourense, a través das Cáritas Parroquiais, que os atenden todo o ano.

     

    A organización desta OPERACIÓN QUILO coordínaa a Comisión de Solidariedade de AMENCER que traballa todo o ano en proxectos solidarios e que centra o seu traballo deste primeiro trimestre do curso escolar na OPERACIÓN QUILO, dentro do seu PROGRAMA DE SOLIDARIEDADE que abrangue máis de 6 proxectos solidarios ao longo de todo o curso.

     

    Este proxecto solidario ten diversas accións estratéxicas coas que se pretende chegar a toda a cidadanía:

     

    Como ven sendo habitual:

     

    • Colocamos os carros nos supermercados de Ourense para a recollida de alimentos.  Lembramos que o ano pasado se colocaron 48 supermercados.

     

    • Repartimos petos por distintos establecementos da cidade, para a recollida de cartos, que logo se transforman íntegramente en alimentos. O ano pasado colocamos 295 petos.

     

    • Un ano máis, continuamos co reparto tamén de caixas para a recollida de alimentos en distintos establecementos e entidades da cidade que colaboran con nós.O ano pasado tivemos 66 puntos de recollida.

     

    • Outro dos puntos fortes da campaña tamén son os eventos deportivos  solidarios, organizados por distintas entidades e nos que se recollen quilos de alimentos, xoguetes ou diñeiro (que se converte en alimentos).

     

    • Continuamos e reforzamos a campaña de Peso x Quilos que puxemos en marcha hai dous anos cos representantes dos partidos políticos e este ano abrimos a moitas máis persoas e representantes da cidade que doan o seu peso en quilos.

     

    • Continuamos e reforzamos a campaña de Lazos x Quilos: esta campaña levada a cabo en colaboración coa asociación de perruquería e estética de Ourense ten lugar nas distintas perruquerías onde os clientes poderán adquirir un lazo solidario coa OQ de cor laranxa por 2€ a maiores do prezo do traballo que vaian a realizar.

    Como novidade:

    • Este ano contamos coa "báscula viaxeira", onde entidades e colectivos que se animen poderán recibir no seu local a bascula da Operación Quilo para que se poida pesar quen o desexe e doar en quilos de alimentos o seu peso. É a primeira vez que o facemos e invitamos a colectivos a comprometerse con este novo xesto.

     

    Queremos recordar que o ano pasado nesta campaña da Operación Quilo recolleronse:

    20.184 quilos de alimentos;

    1.100 quilos de xoguetes.

    2.300 quilos de roupa (que non se pediu).

    Todo o diñeiro recollido (6.269,16 €) inverteuse en alimentación.

    Desde a Operación Quilo de AMENCER colaborouse con 16 Cáritas Parroquiais e dende elas atendéronse a 1.042 familias formadas por 3.184persoas.

     

     

     

    Un ano máis gustaríanos agradecer a cidadanía de Ourense como se involucran ao longo desta campaña e animalos a continuar medrando en solidariedade.

     

    Tamén temos o teléfono/FAX de AMENCER (988 218 123) para avisarnos e poder ir a recoller calquera paquete a empresas ou casas particulares; ou mesmo deixalo nos nosos locais de AMENCER na praza Don Bosco-1 (nos baixos do colexio salesiano). Tamén se pode contactar connosco a través do e-mail da asociación: amencer@amencer.org ou en www.amencer.org. E temos unha conta corrente aberta para poder facer calquera donativo económico. É en calquera sucursal de Abanca co número ES12 2080 5261 1130 0001 1450 indicando para a OPERACIÓN QUILO.

     


     

    Copyrigth © ASOCIACIÓN XUVENIL AMENCER, todolos dereitos reservados. | Certos contidos poden estar baixo "Copyrigth ®" ou ser "Marcas Rexistradas ™" dos seus títulares, queda terminantemente prohibido o uso dos contidos de esta páxina web sen o consentemento por escrito de. AVISO LEGAL

    Powered by ciolet.com - Producto baixpo licencia "Orixinal" ofrecida por CIOLET SYSTEMS A.N.T. SLU