• #EuQuedoNaCasa

    Animadores e animadoras contra o aburrimento: Unha proposta diaria de actividades para facer na casa

    Os animadores e animadoras de Amencer en conxunto co resto de animadores do resto de centros xuvenís da Federación Don Bosco queremos seguir aportando o noso traballo voluntario adaptándonos á situación actual, en contra do aburrimento e tratando de levar o mellor posible este confinamento.


    Por elo imos a publicar unha proposta diaria de actividades para facer na casa, divididas en 3 áreas:
    • Móvete!  (xincanas, actividades deportivas, videoxogos, baile,...)
    • Crea!  (obradoiros, xogos de mesa, receitas,...)
    • Respira!   (lecturas, reflexións, para manter esperta a cabeza e o corazón)
    Tamén teremos algunha proposta online para mozos que iremos desvelando pouco a pouco.

    Seguimos á vosa disposición no correo fed.galicia@confedonbosco.org e amencer@amencer.org


    Anímate a participar!

    MARTES 26 DE MAIO

    Onte, 25 de maio, foi o día mundial de África. É por isto que hoxe imos a achegarnos un pouco coa nosa actividade ao continente africano.

    Móvete! RITMOS AFRICANO

    Agora imos movernos ao son da música africana. Para coller o ritmo podedes ir empezando polas seguintes cancións:

    https://www.youtube.com/watch?v=IJ7-ZCXbtMs&list=PLrg05raVSR3w1Fwk5wM-ItGL_2MDbdY3u&index=8

    Amawolé (a ver se sodes quen de seguir o ritmo coas palmas): https://www.youtube.com/watch?v=Uw3pprp_btw&list=PLrg05raVSR3w1Fwk5wM-ItGL_2MDbdY3u&index=4

    Si ma ma ka: https://www.youtube.com/watch?v=o8Nxcp8maYo&list=PLrg05raVSR3w1Fwk5wM-ItGL_2MDbdY3u&index=6

    E agora que xa estades máis desenvoltos propoñémosvos algo máis movido e moderno. Seguide o ritmo!

    https://www.youtube.com/watch?v=eHRn1iQQekE&list=PLrg05raVSR3w1Fwk5wM-ItGL_2MDbdY3u&index=3

    https://www.youtube.com/watch?v=5Oj9HDDmRKU

    https://www.youtube.com/watch?v=4RIJky_3fTU

     

    Crea! MÁSCARAS AFRICANAS

    Propoñémosvos facer unha bonita máscara africana con materiais de reciclaxe, seguindo os pasos que atopamos na páxina:

    https://www.manualidadesinfantiles.org/mascaras-con-envases-reciclados

    Para isto necesitaredes: garrafas ou botellas de plástico (mellor con asa), pinturas acrílicas, pinceis, tapóns, recortes de cartolina e materiais varios cos que decorar, cola branca, papel de periódico ou de cociña, “cutter” ou tesoira, pegamento, Alkyl ou verniz (opcional).

    Primeiro recortamos as botellas pola metade con coidado (facédeo coa axuda dun adulto). Forramos toda a botella con papel de periódico ou de cociña, pegándoo cunha mestura de cola e auga (metade e metade) e deixámola secar (pode tardar un par de días).

    Unha vez seca a capa de papel, píntase a máscara ao voso gusto e déixase secar. Xa só queda adornala cos tapóns, recortes de cartolina e outras cousas varias da vosa casa ás que poidades dar un novo uso.

    Para que o voso traballo sexa máis duradeiro e quede con brillo podedes darlle unha capa de Alkyl ou verniz.

     

    Respira! SAFARI VIRTUAL

    Proseguimos o noso paseo por África coñecendo a súa fauna no seu entorno natural. Invitámosvos a un safari virtual:

    https://wildearth.tv/safarilive/

     

    Gustouvos? Fainos pensar un pouco no coidado que debemos poñer en preservar a natureza. Hai moitos xestos que podedes facer persoalmente para contribuír a coidar o medio ambiente. Podédesnos contar algunha das cousas que facedes neste sentido?

     

    DOMINGO 24 DE MAIO

    Comunicámosvos que hoxe será a última entrega de #AnimadorxsContraOAburrimento de xeito diario, xa que podemos gozar de actividades fóra da casa, saíndo á rúa con máis “normalidade”. A partir de agora haberá dúas publicacións semanais para que sigades tendo recursos para pasalo ben.

    Hoxe é un día moi especial para a familia salesiana, o Día de María Auxiliadora por iso de xeito especial ofrecémosvos a celebración dominical que atoparedes na seguinte ligazón.

     

    https://www.youtube.com/channel/UCszSVE5m5TffVcl1GHMmZag

    Móvete! MEMORIA

    Desta vez ímosvos propoñer un exercicio, pero non físico, desta vez será un xogo de memoria. Na seguinte ligazón atoparedes a primeira proposta e moitas máis.

    http://www.memo-juegos.com/juegos-de-memoria-online/ninos/juego-ninos-de-8-anos/memory-divertido-los-minions

     

     

    Crea! POESÍA

    Nas nosas vidas hai moitas mulleres que coidaron e coidan de nós como María (Auxiliadora). A proposta que vos queremos facer é que pensedes nunha desas mulleres ás que lle podedes agradecer moitas cousas e lle escribades unha poesía, ao voso gusto. Pero sobre todo, o que vos imos pedir, é que vos animedes a recitarlla á persoa na que pensastes.

    Respira! HAMACA

    Os máis pequenos e pequenas poderán gozar desta hamaca, os maiores conformarémonos con poder descansar nela as pernas (recomendamos asegurarnos antes da estabilidade da mesa onde o vaiamos  facer e a resistencia da tea que empreguemos).

    Empregaremos unha manta, saba ou mantel resistente, de grandes dimensións, ao que lle ataremos os extremos na parte superior da mesa.

     

    E xa, con moito coidado, nos poderemos tumbar a gozar dun libro, botar unha siesta, etc.

    SÁBADO 23 DE MAIO

    Móvete! ADIVIÑA A PELÍCULA

    Que mellor plan para un sábado tarde que xogar ao Adiviña a película, un dos xogos máis divertidos para entreterse e compartir un rato de diversión en familia.

     

    1. Para comezar, dividirémonos en dous grupos.
    2. Logo énchese unha caixiña ou un recipiente de papelitos con nomes de películas coñecidas polos dous equipos.
    3. Decídese cal equipo comeza o xogo e entre os participantes deberán elixir un persoa do equipo para que actúe primeiro.
    4. primeiro participante do equipo saca un papelito e sen mostrarllo aos seus compañeiros, debe actuar unha escena crave ou imitar os personaxes da película usando todas as expresións físicas, sen dicir unha palabra, nin facer sons! para que o grupo poida adiviñala.
    5. Cada equipo ten un tempo limitado (90 segundos ou máis) para adiviñar de que película trátase.
    6. Namentres, o outro equipo observa as representacións sen dicir nada, e prepárase para xogar.
    7. Cando un participante do equipo adiviña a película a tempo, o seu equipo recibe 1 punto.
    8. De non adiviñar a película correctamente, o outro equipo ten a oportunidade de adiviñala para gañar 1 punto.
    9. Unha vez termínese o tempo, o segundo elixe un compañeiro para empezar novamente e repítese o paso 
    10. Durante o xogo, os dous equipos altérnanse entre cada rolda ata que todos os membros de ambos os equipos participasen facendo as mímicas.
    11. O equipo que logre adiviñar máis películas e acumule máis puntos será o gañador!

     

     

    Deixámosvos un listado de películas para que poidades xogar:

     

    • 101 dálmatas
    • Hércules
    • Piratas del Caribe
    • Romeo e Julieta
    • Harry Potter
    • Buscando a Dory
    • Ratatouille
    • Alicia no país de las marabillas
    • Tarzán
    • Pantera rosa
    • Aladdin
    • Bella e Besta
    • Charlie e a fábrica de chocolate la Fábrica de Chocolate
    • Titanic
    • Coco
    • Frozen
    • Hotel Transilvania
    • Narnia
    • Dumbo
    • Cenicienta
    • Diario dunha princesa
    • Pocahontas
    • E.T. o Extraterrestre
    • Trolls
    • Sing
    • Minions
    • Gru. O meu villano favorito
    • A vida secreta das túas mascotas
    • Rei león
    • Shrek

     

    Crea!  XEADO CASEIRO

    Materiais:

     

    • 5 iogures naturais
    • 400 ml de nata
    • 40 gr de azucre glas
    • 8 amorodos
    • 1 toro de piña
    • 1 kiwi
    • 2 culleradas de mel

     

    Opcional:

     

    • Galletas de barquillo (tipo corte)
    • Follas de menta

     

    Desenvolvemento:

     

    1. Coloca a nata fría nun recipiente e con axuda dun batedor de baleas eléctrica móntaa un pouco.
    2. Engade o azucre glas e móntaa un pouco máis (sen montala do todo).
    3. Bate os iogures nun recipiente con 2 culleradas de mel. Mestúraos coa nata montada.
    4. Pica os amorodos, o kiwi e a piña en anacos pequenos. Engádeos á mestura anterior.
    5. Verte a masa nun molde rectangular e introdúceo no conxelador. Deixa que se conxele.
    6. Á hora de servir, sácao media hora antes do conxelador e introdúceo no frigorífico.
    7. Desmolda e serve coas galletas de barquillo. Decora cunhas follas de menta.

     

    Respira! MIKADO 

    O Mikado ou palitos chineses é un xogo tradicional moi divertido que ofrécenos unha gran variedade de beneficios para o desenvolvemento físico, cognitivo e emocional. Traballamos : a motricidade fina, a coordinación óculo-manual, a atención e concentración, o control de impulsos, o razoamento matemático e a creatividade. Aquí déixovos como facer o xogo e como se xoga. Espero que o gocedes e gústevos moito. 

    Necesitamos palitos: cómpranse en bolsas e son escarvadentes longos que se utilizan para facer brochetas. 

    Con rotuladores pintámolos da seguinte forma (cada unha das opcións significará unha puntuación para o xogo): 

    Facemos unha franxa azul nun extremo e outra franxa vermella no outro extremo. Esta decoración farémola en 15 paus ou mikados. 

    Facemos unha franxa vermella nun extremo, unha azul no outro extremo e outra de cor amarela no centro. Esta decoración farémola en 15 paus ou mikados. 

    Facemos dúas franxas azuis en cada extremo e outra vermella no medio. Esta decoración farémola en 5 paus ou mikados. 

    Facemos 5 franxas máis pequenas: 3 vermellas (unha a cada extremo e unha no medio) e dous azuis (no medio das vermellas). Esta decoración farémola en 5 paus ou mikados. 

    Facemos unha liña de cor azul en forma de espiral no centro do pau. Esta decoración farémola nun pau ou mikado. 

    Cada unha das decoracións representa unha puntuación: 

    • Decoración 1= 2 puntos 

    • Decoración 2= 3 puntos 

    • Decoración 3= 5 puntos 

    • Decoración 4= 10 puntos 

    • Decoración 5= 20 puntos 

    Cando teñamos todos os paus decorados, xa temos o xogo listo. 

    Como xogar: Collede todos os paus (mikados) coa man (coma se fose un ramo de flores). Apoiando o puño sobre a mesa deixámolos ir e que queden como queden. Cada xogador terá que retirar un mikado sen que outro pau móvase: se non se move ningún o xogador volve sacar outro pau, pero se o move, o xogador déixao tal e como estaba e tira o seguinte. Ao final de cada xogo cada xogador ten que sumar os puntos de cada pau que conseguiu sacar. Gaña o que máis puntos obteña. Non só vale sacar moitos paus, senón ter a puntuación máis alta!

     

     

    VENRES 22 DE MAIO

    Móvete! XIMNASIA NA CASA

    Hoxe imos a facer un día deportivo para recuperarnos manternos en forma despois de estar tanto tempo na casa, son actividades feitas para poder realizar na casa ou agora que podemos saír, tamén no exterior. 

    Comezamos cunha rutina de exercicio sinxelo para toda a familia.

    PREME AQUÍ PARA VER O VÍDEO

     

    Crea! BANANA ART

    Manternos nun bo físico é necesario unha boa alimentación, e hoxe imos ver cómo se poden facer pequenas obras de arte cun plátano, para logo devoralo dunha forma máis divertida.

    PREME AQUÍ PARA VER O VÍDEO

     

    Respira! APRENDE A FACER O PINO

    Rematamos esta xornada de exercicio cunha aprendizaxe para facer o pino, pasiño a pasiño, todo é posible.

    PREME AQUÍ PARA VER O VÍDEO

     

    XOVES 21 DE MAIO

    Móvete! LOITA DE ALMOFADAS

    As peleas de almofadas son unha diversión típica na casa onde se utilizan as inofensivas almofadas como armas. Moitas “discusións” entre irmáns e amigos foron resoltas mediante este sistema.

    O que hoxe propoñemos é xogar a unha loita de almofadas, pero con reglas básicas de xogo. Ti decides en qué nivel queres xogar:

     

    NIVEL AFICIONADO

    Cada xogador dispón dunha pinza e dunha almofada. Tentamos que todos os xogadores dispoñan do mesmo número e tamaño de almofadas.

    O xogador engancha a súa pinza nun lugar totalmente visible da súa roupa.

    Antes de comezar o xogo, hai que consensuar ben entre os xogadores cal é o espazo de xogo.

    O xogo é moi sinxelo:

     

    • Cando se da o sinal hai que tentar quitar a pinza aos outros xogadores mediante “golpes de almofada”.
    • Non se pode empregar outra cousa que non sexa a almofada.
    • Unha vez que se nos cae a pinza non a poderemos volver a poñer e xa non optaremos á victoria, pero poderemos continuar xogando atacando a outro xogador con pinza.
    • Varios xogadores poden atacar a un só xogador

     

    O xogo remata cando solo un os participantes teña a pinza posta, sendo este o gañador.

    Poden facerse varias rondas.

    NIVEL PROFESIONAL

    Incríblemente, existe un campeonato de loita de almofadas. E as normas deste deporte son:

     

    • Cada equipo comeza deitado en sacos de durmir ou sabas como se estivesen durmindo
    • Despois de sonar un silbato se levantan todos para tirarse almofadas ao equipo contrario
    • O obxectivo do xogo é darlle ao “rei” do equipo contrario con unha almofada
    • Cada equipo protexe ao seu rei co resto de xogadores por diante
    • Un dos xogadores pode empregar un edredón como escudo
    • Cada un dos enfrentamentos dura 2 minutos

     

    PREME AQUÍ PARA VER O VIDEO

     

    Crea!  RAS SALTARINAS

    Imos a crear as nosas ras saltarinas de papel, que logo podemos empregar para facer un circuito ou unha carreira con elas.

    Precisaremos unha folla de papel 2x1 da cor que queiramos e seguimos os seguintes pasos:

    Nos axudamos deste video

     

    Respira! EMOCIÓNS

    Moitas veces nos é complicado expresar emocións e para canalizalas podemos empregar as artes plásticas. De feito é algo moi recurrido que un pintor exprese mediante a súa obra o seu estado de ánimo (se son cores escuras expresarán mais tristeza que cores vivas...)

    A proposta que facemos é expresar cómo te sintes actualmente mediante unha pintura ou unha escultura. Podes empregar pintura de dedos, acurelas, ceras,.... para a pintura e plastilina, barro, pasta de modelar, ... para a escultura.

     

    Podes ver cómo facían os grandes artistas: Estas pinturas expresan alegría, amor, medo, morriña, tristeza, sorpresa, serenidade, euforia. Saberías relacionar cada emoción con unha delas?

     

    MÉRCORES 20 DE MAIO

    Móvete! LANZAMENTO DE AVIÓNS

    Para este xogo só precisamos unha cartolina á que facerlle buratos e avións de papel. O obxectivo será conseguir que os avións que lancemos pasen polos buratos. 

     

    Podémoslle dar puntuación a cada un dos buratos dependendo do tamaño que teñan. 

    Crea! ELEFANTE DE CARTÓN

    Materiais:

     

    • Un anaco de cartón ou cartolina 
    • 5 pinzas de madeira para tender a roupa 
    • Pinturas (rotus, plastidecor…) 
    • Plastilina 
    • Tesoiras 
    • Un arame das bolsas de pan bimbo ou similar 
    Procedemento:

     

    1. Podemos facer o debuxo do elefante e as orellas ou imprimilo. 
    2. Recortamos a plantilla e a utilizamos para darlle a forma ao cartón. 
    3. Pinta o elefante e as pinzas de tal maneira que: catro fagan de patas e unha faga de xinete. 
    4. Coa plastilina podemos decorar o xinete: facerlle un turbante, un mostacho, os brazos… 
     

    Respira! CONTACONTOS: CORRE, CORRE, CABACIÑA!

    “Corre, corre, cabaxiña é un conto popular portugués, de gran tradición no país veciño, mais que aínda non fora editado en galego. Relata a historia dunha velliña que, de camino ao casamento da neta, atopa un lobo, un oso e un león que a queren comer. Ela convence aos animais para que a esperen á volta do convite e, despois da celebración, a neta e a velliña argallan algomoi orixinal para burlar ás tres feras.” 
     
     

    MARTES 19 DE MAIO

    Móvete! LABIRINTO DE RAIOS LÁSER

    Imos a construír o noso labirinto de raios láser no corredor da casa. Para iso necesitaremos tiras de papel crepé ou papel pinocho (que teñan certa flexibilidade e non se despeguen en canto as toquemos) ou lá (colocaremos as cintas de xeito que non queden moi tirantes) e cinta de carroceiro para pegar as tiras á parede sen danar a pintura. Construiremos o labirinto pegando as tiras entrambas paredes do corredor de xeito que fagamos un circuíto non demasiado doado de percorrer sen despegar nin romper ningunha cinta e tendo que pasar por enriba e por debaixo delas. Quen logrará o mellor tempo facendo o percorrido?

    Crea!  PLÁSTICO MÁXICO

    Imos a reciclar plástico para facer colgantes, chaveiros, abelorios… ou outros obxectos decorativos moi imaxinativos!

    Necesitaremos plástico de envases alimentarios (os marcados co número 6 PS dentro dun triángulo) ou bandexas de porexpán, rotuladores permanentes, perforadora ou sacabocados, tesoiras, papel de aluminio, laca de uñas (opcional).

    O primeiro é facer un debuxo sobre o plástico cos rotuladores permanentes. Podemos facer o que nós queiramos ou calcar algún. Deberemos ter en conta que o debuxo se reducirá ata máis ou menos a cuarta parte. Recortar a silueta do mesmo (podemos deixarlle unha marxe) e facer un burato coa perforadora se queremos que sexa un colgante ou chaveiro. E metelo no forno sobre unha lámina de papel de aluminio a uns 150º C entre 3 -5 minutos (dependendo do grande que sexa o debuxo e o tipo de forno, non se emprega o microondas).  Pedide axuda para non queimarvos. Aplanamos a figura con algo liso como un vaso. E xa teremos o noso abelorio ou colgante para empregar como queiramos. Se queremos un acabado máis brillante ou duradeiro podemos botarlle laca de uñas transparente á nosa figura.

    Ofrecémosvos algunhas ideas pero será xenial que usedes a vosa creatividade é fagades as vosas propias probas.

    Acabado transparente: https://youtu.be/zV9-5zxlvr8

    https://youtu.be/05p7IoeBEIQ

    https://youtu.be/gT3-n7gYEP0

    https://youtu.be/wr_D73Whbxs

     

    Se o que queredes é un acabado branco empregaremos as bandexas brancas de porexpán: https://youtu.be/STwQXeODWA8

    Respira! AS GAFAS POSITIVAS

    Imos a tomar un momento para poñer toda a familia unhas gafas imaxinarias moi especiais. A través destas gafas imaxinarias só se ve todo o positivo que hai no mundo.

    Cada membro da familia se debuxará no centro dun folio, poñendo o nome. Agora iremos rotando os debuxos polo resto de membros da familia que, sen quitar as “gafas positivas”, deberán ir escribindo cualidades de cada unha das persoas das que vaian recibindo o debuxo. Por exemplo: axúdame coas tarefas, aprende rápido, xoga ben ao fútbol, comparte as súas cousas…

    Cando acabemos de escribir en tódolos debuxos dos demáis compartimos as nosas impresións e emocións, dialogando en familia.

    Seguro que este exercicio nos axuda a coñecernos mellor e aumenta a nosa confianza e autoestima descubrindo todo o bo que hai en nós.

    Bo día!

     

     

    LUNS 18 DE MAIO

    Móvete!  IMAXES DE LUZ NO AIRE

    Aprende a debuxar con luz no aire, só precisas un teléfono-smartphone, unha lanterna e cinta aislante.

    Esta actividade a deberás realizar nunha habitación a escuras ou pola noite. O primeiro é preparar a cámára (do teléfono) co que vas a sacar a foto, busca a opción de fotografía pro (na propia aplicación da cámara) e axusta a obturación a 15 segundos (que será o tempo que terás para facer a imaxe no aire).

    Pensa a imaxe que queres facer coa túa lanterna (teremos que encintar a parte da luz de xeito que só saia pouca luz e poidamos tapar cun dedo). Coloca o smartphone de xeito que non se mova en 15 segundos ou busca outra persoa que te poida sacar a imaxe; e a continuación saca a foto, fai o debuxo no aire e logo tapa a luz da lanterna, agarda a que pasen eses 15 segundos. E xa podes ver o resultado

    Se precisas paso por paso toda a información a atoparás neste vídeo:

     

     https://www.youtube.com/watch?v=ZEg0rXrDEfc

     

    Crea!  GRAFITI ONLINE

    Crea a túa propia obra de arte urbana a través da plataforma que pon á disposición o museo TATE:

    https://www.tate.org.uk/kids/games-quizzes/street-art

    e si te animas, compártea na súa galería na seguinte ligazón:

    https://www.tate.org.uk/kids/submit

     

    Respira! MUSEO TATE

    Esta é unha opción como moitas outras coa que gozar do arte esteas onde esteas, neste momento, desde a casa. Unha moi boa opción para celebrar o día dos museos é unha visita virtual ao Museo Tate, que ten unha sección para nenos e nenas

    https://www.tate.org.uk/kids

     

    E ademáis de ter unha morea de actividades entretidas, oferta unha opción coa que explorar diferentes artistas e á súa arte.

    https://www.tate.org.uk/kids/explore

     

     

    Esta é a opción para os maiores: https://www.tate.org.uk/

    DOMINGO 17 DE MAIO

    Móvete! AO COMPÁS DUNHA MUIÑEIRA!

    Nestes días é necesario erguerse do sofá e mover un pouco o corpo. Por iso hoxe, queremos propoñervos diferentes xogos musicais cos que pasar un bo rato cos máis pequenos da casa, ademais de achegarlles un pouco da cultura galega a través da música.

    Para comezar, por se algún o coñece,  deixámosvos un vídeo explicativo dalgúns pasos básicos para bailar unha muiñeira: https://www.youtube.com/watch?v=4d8Cc36a7bc

    PREPARADOS/AS?

    Aquí vos deixamos unha proposta de música disco muiñeira, para empregar nos xogos https://www.youtube.com/watch?v=KrtQJBcpRUY

    1.    Baile das estatuas: Comezaremos bailando por toda a sala mentres soa a música, unha vez pare, todos os xogadores quedaran quietos no seu sitio sen poder moverse. O que se mova será eliminado.

    2.    Baile das cadeiras ou xornais: Colocaremos tantos xornais ou  cadeiras como xogadores. Comezaremos o xogo bailando por toda a sala mentres soa a música. Cando pare a música os xogadores terán que buscar un xornal ou cadeira onde sentarse . Nas seguintes rondas comezaremos a quitar un xornal ou cadeira por quenda.

    3.    Baile do globo: Colocando un globo entre diferentes partes do corpo (fronte con fronte, peito con peito, barriga con barriga...) dos dous xogadores. Comezaremos a bailar pegadiños mentres soe a música, evitando que caia o globo.

    Animádevos a xogar! E despois se vos animades a bailar todos/as xuntos un muiñeira!

     

    Crea!  O MEU LUGAR FAVORITO DE GALICIA

    Hoxe 17 de maio é un día moi especial para Galicia, o día das Letras galegas. Por iso queremos propoñervos para hoxe que fagades un debuxo ou un collage do voso lugar favorito de Galicia: unha vista da praza do Obradoiro, unha das praias das illas Cíes, unha panorámica dende o Monte de San Pedro, unha instantánea dende a muralla de Lugo ou un baño nas termas de Outariz.

    Escollede o voso lugar favorito, imaxinade que estades alí agora mesmo e plasmade esa imaxe nun bonito debuxo. Rematádeo escribindo nunha das marxes unha frase ou unha palabra  dende un sentimento ata unha descrición que vos recorde a ese lugar.

    Sigamos soñando como galegos/as! FELIZ DÍA DAS LETRAS GALEGAS!

    Respira!  FALA SOBRE TI

    Para hoxe, queremos propoñervos un xogo para facer en familia. Conseguide dous dados, que serán os que den as coordenadas da pregunta que tedes que responder.

    O ritmo tan acelerado que temos a diario: traballo, estudos, deberes..., as veces non temos tempo de falar coas persoas coas que convivimos. Esta situación ofrece a oportunidade de  frear, deternos, e adicar tempo a coñecernos e a coñecer algo máis aos que temos máis preto.

     

     

     

    Compartir é vivir!

    SÁBADO 16 DE MAIO

    Móvete! WORKOUT EN FAMILIA

    O workout é unha técnica de fitness e deporte que se practica para traballar a resistencia e estilizar a figura ao mesmo tempo.
    Este tipo de exercicios implican parte de adestramento aeróbico, fitness e incluso algo de calistenia. O que se pretende ao practicar este deporte é unha modificación real da estética do corpo, pero ademáis, a sentirse moito máis sá e saludable.
    Esta rutina é un bo comezo para que toda a familia poda poñerse en forma:
    https://www.youtube.com/watch?v=L_A_HjHZxfI

    Crea! PINTAR COS PÉS E MANS

    Nestos momentos no que a hixiene é o que máis nos preocupa no noso día a día, animámosvos a emporcarnos un pouquiño e de forma controlada para facer unhas grandes obras de arte.
    Tan só necesitamos pinturas de cores, e xunto cunhas mans e pés dispostos a mancharse, podemos facer cousa ben bonitas como as do vídeo:
    https://www.youtube.com/watch?v=DlJZ9zfS3mI
    Esperamos ver as vosas obras de arte!


    Respira! IOGA ESTILO FROZEN

    Hai moitos tipos de ioga, e xa van varias veces que rematamos as nosas actividades cunha actividade coma esta, pero é importante traballar a relaxación nos/as nenos/as e máis en momentos coma estes.
    Así que vos animamos a practicar este tipo de ioga ca temática de Frozen.
    https://www.youtube.com/watch?v=AAx1fGjpc0w&feature=youtu.be
    Xa nos contaredes qué tal vos vai.

     

     

    VENRES 15 DE MAIO

    Móvete! XOGA EN GALEGO

    Aproxímase o Día das Letras Galegas e queremos, coma tentamos sempre, facer promoción da nosa lingua e cultura a través do cotiá. Nesta ocasión imos a continuar coa serie de Xogos populares galegos (nas actividades do 27 de abril xa propuxemos algún). Para elo nos axudamos do libro “Xoga en galego”, que publicamos no ano 2006 os Centros Xuvenís Don Bosco de Galicia, recollendo estes e moitos mais xogos populares galegos.

    AS TABAS

    Descrición:

    Xogo antiquísimo, con pegadas na arte desde a Grecia clásica. Deu lugar a moitas variantes: no número de tabas empregadas, nas regras, nas fases de cada partida…; chegou a incluír o uso dunha pelotiña que veu substituír a pedra mestra ou coutadeira do xogo dos pelouros.

    Ofrecemos a variante con pelota, característica dos séculos XVII e XVIII, se ben a dos pelouros seguiu sendo practicada igualmente (sen pelota), convivindo coa das tabas. Ambos son xogos de lanzamento e recollida utilizando unha soa man.

    Desenvolvemento:

     

    1. As quendas establécense sen botar sortes.
    2. Lánzanse as chucas cunha soa man sobre a superficie escollida como zona de xogo. Hai que facer
    3. cada xogada coa mesma man coa que se lanza a pelota e mentres esta dá un único bote no chan, para recollela unha vez feito o movemento.
    4. As xogadas seguen este proceso: hai que ir poñendo en primeiras, unha a unha, as chucas que non quedaron nesa posición, pasando entón a recollelas tamén unha a unha; repítese o proceso en segundas, en terceiras e en cuartas.
    5. Vaise avanzando na partida con novos xogos que engaden complicacións:

     

    * Sen mover: séguese a mesma secuencia do xogo anterior, pero agora, mentres se recolle cada chuca, non se pode mover ninguna das outras; o mesmo en segundas…

    * Deixando sempre unha taba na posición na que se está a xogar: así, en primeiras, hai que recoller unha chuca en primeiras e virar outra que non o estivese para primeiras, deixándoa preparada para o seguinte lanzamento. O mesmo en segundas…

    * O montón: colócanse as chucas nunha man e enriba a pelota; lánzase a pelota ao aire, déixanse as chucas no chan e recóllese a pelota; lánzase de novo a pelota recollendo todas as chucas e bicándoas antes de coller a pelota.

    Podes descargar a ficha completa deste xogo premendo aqui. 

     

    O BRILÉ

    Descrición:

    Dous capitáns escollen equipos nun campo de xogo delimitado por tres liñas paralelas: o medio, desde onde lanzarán os xogadores de cada equipo a pelota; e os extremos, cara onde correrán os membros de cada equipo cando os do contrario lanzan desde o medio. Detrás da liña de cada equipo sitúase a zona dos brilados do equipo contrario. Todos os xogadores deben situarse desordenadamente dentro do campo do seu grupo, menos un de cada equipo que se irá colocar detrás da liña dos contrarios, na zona dos brilados, para coller o balón cando saia fóra.

    Desenvolvemento:

    Bótanse as sortes para decidir en que campo queda cada equipo e quen inicia o xogo lanzando o balón. Nese momento xa se pode tirar contra os do campo contrario desde a raia do medio se se quere, para acurtar a distancia que debe cubrir a pelota -aínda que é posíbel lanzar desde calquera punto do seu campo- e cara á súa zona de brilados, onde xa se situou un compañeiro de equipo.

    Podes descargar a ficha completa deste xogo premendo aqui. 

     

    OVO, PICO, ARAÑA

    Descrición:

    Trátase dun xogo de lombas. Bótanse sortes e fanse equipos de dous, tres ou catro nenos cada un.

    Con máis é moi difícil xogar. Fai falta unha nai: pode ser un neno ou un adulto que estea sentado. Os do equipo que apanda póñense en posición de poldro -inclinada a metade superior do corpo formando un ángulo recto con respecto ás pernas- e agarrados uns detrás doutros, formando o facu, de tal xeito que o primeiro teña a cabeza apoiada no colo da nai, o segundo detrás do primeiro coa cabeza entre as pernas deste e o terceiro e cuarto na mesma posición que o segundo.

    Desenvolvemento:

    Os membros do outro equipo saltan dun en un enriba dos que están apandando. Os rapaces saben que o que máis lonxe é capaz de chegar (máis cerca da nai), debe facelo en primeiro lugar para deixar sitio aos demais. Estando todos a cabalo, o xefe do equipo de arriba diralle ao xefe do equipo dos pandotes: "ovo, pico, araña", ao tempo que pon as mans semellando un ovo (cos dedos polgar e índice formando un o), un pico (os dedos nun puño menos o polgar, cara arriba) ou unha araña (todos os dedos da man encorvados e separados entre si imitando o corpo deste insecto) e só unha destas figuras en cada ocasión. Se o que está abaixo acerta, os equipos intercambian as funcións; se non, repítese o xogo con cada equipo apandando ou saltando como lles tocara a vez anterior.

    Pódese xogar a un número de vitorias: cada equipo só pode contabilizar as súas cando está saltando; cando apanda e acerta, só cambia de función no xogo, sen puntuar.

    Podes descargar a ficha completa e normas deste xogo premendo aqui. 

     

    O GUA

    Descrición:

    Trátase do xogo de bólas -bugallos, mecas, bolindres…- por excelencia en Galiza. Recibe o seu nome da focha ou covo ('cuviolo' ou 'couviño') duns dous dedos de profundidade feito no chan -co tacón do zapato, por exemplo-, onde hai que meter as bólas.

    A finalidade do xogo é eliminar a bóla do contrario golpeándoa ata oito veces e entrando despois no gua. Quen xoga tira a súa bóla contra a outra e seguirá tirando sempre que consiga bater nela.

    Desenvolvemento:

    O primeiro participante tira a bóla desde o gua en calquera dirección. Despois o outro neno, colocando o dedo maimiño dentro do burato e collendo ao mesmo tempo o bugallo co dedo índice, ten que impulsalo co polgar coa intención de darlle ao carrabouxo do primeiro participante. Se non lle dá, continúa o outro; pero se lle dá, dirá “primeira” ao chincar a bóla; desde onde quede a bóla volve tirar e se lle dá, di "segunda"; se repite a operación será a "terceira"; obtendo o cuarto acerto dirá "truco". As seguintes sortes son: "máis truco" ou ”matruque” e "pé" (ten que ficar un pé entre a bóla del e a do compañeiro) ou “pés” (mídense dous pés entre as dúas bólas). Se non hai pé, pérdese, como sucede nas sortes anteriores se non se lle dá á bóla; mais se se logra o pé, hai que seguir dicindo primeiro “bóla” e despois "paso de bóla" ou “paso bóla”, afastando a bóla contraria do gua. Desde onde quede a bóla propia, apoiado sempre o maimiño no chan, tírase esta para o gua. Se entra, dise "gua" gañando o xogo. Cada vez que se perde, o seguinte reanuda a actividade na xogada onde perdeu a última vez.

    Podes descargar a ficha completa deste xogo premendo aqui. 

    Crea! XOGOS DE MESA

    Hoxe imos a crear os nosos propios xogos de mesa imprimindo e recortando todo o preciso para o xogo.

    Debido ao confinamento existen editoriais que liberaron e compartiron versións imprimibles para poder xogar en familia a un xogo de mesa. Aqui te deixamos algún exemplo:

     

    CATCHUP & MOUSETARD: ¡BATALLA DE BOCATAS!

    Xogo a partir de 5 anos.

    Consiste en ir “facendo bocatas á carta”, sumando un pan cada vez que pasas pola casilla de inicio, e recollendo alimentos precisos para o teu bocata.

    Podes descargalo para imprimir premendo aqui

     

    COBARDES!

    Xogo a partir de 10 anos.

    Un divertido xogo onde gaña quen sexa mais cobarde. Deberás ir sacando cartas á vez que o teu contrincante para comezar sendo guerreiro e guerreira e rematar conseguindo a coroa.

    Podes descargalo para imprimir premendo aqui

    As instruccions: https://tranjisgames.com/wp-content/uploads/2017/03/Cobardes-RULES.pdf

    Respira!  CADEA DE FAVORES

    Este é o título dunha película do ano 2000 que conta a historia dun profesor que decide asignar aos seus estudantes a tarefa de buscar métodos para mellorar o mundo, polo menos á comunidade que os rodea.

    Un dos rapaces toma moi en serio a proposta e inventa un sistema inxeniosamente simple: a súa idea consiste en axudar a 3 persoas en algo que non poidan lograr por si mesmos e, en lugar de que o favor sexa devolto, cada unha desas 3 persoas debe axudar a outras 3 persoas, e así sucesivamente.

    Anímaste a comezar unha cadea de favores? Non ten que ser algo superheroico nin teño que anuncialo, senon pequenas accións que axuden no día de hoxe a 3 persoas

     

    XOVES 14 DE MAIO

    Móvete!  OCA DEPORTIVA

    Hoxe propoñémosvos xogar a un xogo de mesa á vez que facemos deporte. No seguinte enlace, hai un taboleiro do xogo da oca, pero en cada casilla temos alguna proba deportiva. PREME AQUÍ

    Crea! DISCO DE NEWTON

    Materiais:

     

    • Folla de papel
    • Ceras de cores ou rotus
    • Un anaco de carton ou un CD
    • Un lápis
    Procedemento:

     

     

    1. Debuxaremos na folla de papel un círculo divido en 7 partes que pintaremos cada unha dunha cor (vermello, laranxa, cián, azul, verde, amarelo e violeta). 
    2. Pegamos a folla ao anaco de cartón ou CD e recortámolo de maneira que quede un círculo.
    3. Faremos un burato no medio polo que poder pasar o lápis de tal maneira que parezca unha buxaina.
    4. Ao xirar o noso disco, deixamos de ver todas estas cores como tal e veremos simplemente a cor branca, xa que a cor branca está formada polas sete cores que forman o arco da vella. 

     

    Respira! MEDITACIÓN

    No seguinte enlace, hai unha breve meditación guiada para que tratemos de relaxarnos agora que as cousas xa están un pouco máis movidiñas. Agardamos que a disfrutedes!

    PREME AQUI PARA VER O VIDEO

    MÉRCORES 13 DE MAIO

    Móvete! FÚTBOL DE MESA

    Fútbol de mesa:  Para non correr o risco de romper algo xogando ao fútbol na casa ímolo adaptar para xogar sobre unha mesa! 

    Situamos dous vasos ou algún outro obxecto en ambos extremos da mesa facendo de portería. Como balón empregaremos un tapón, chapa ou outro obxecto pequeno que se deslice doadamente. Os/as xogadores/as serán os nosos dedos, que lanzarán o balón en 3 toques como máximo ata a portería contraria. Gooooooool!

    Podedes facer a “Copa da casa” ou a “Liga Introfogar”. A/o campiona/campión da casa debe ser premiada/o cunha larpeirada, por exemplo.

    Crea! GLOBOCOHETE

    Para facer o voso “globocohete” necesitaredes: un globo, un tubo de cartón (valen os do papel hixiénico que se acumularon na casa, je je), rotuladores, cinta adhesiva, fio ou cordón.

    O primeiro é decorar o tubo de cartón cos rotuladores (podedes empregar cintas de cores e outros materiais que teñades pola casa) como se fose un cohete. Deixade voar a vosa imaxinación e sede creativas/os. Pásase o fío polo interior do tubo e átanse os extremos a, por exemplo, dúas cadeiras da mesma altura. O fío debe quedar tenso. Será a pista pola que circule o cohete.

    Despois inflade o globo sen atar e, mentras o mantedes inflado apretando a boca do mesmo cos dedos, suxeitádeo coa cinta adhesiva ao tubo-cohete.

    Coloca o cohete en posición de saída (coa boca en posición contraria ao sentido de avance). Preparadas/os para o despegue?... 3, 2, 1… soltade o globo! Podes repetir a proba todo o que queiras volvendo a inflar o globo.  Recorrerá toda a corda? Proba co globo máis ou menos inflado.

    Este é un experimento que demostra o principio de acción e reacción (terceira ley do movemento de Newton) sobre a que podedes investigar un pouco.

     

    Respira! MUSEO DO PRADO

    Aínda non podemos viaxar a outras autonomías pero podemos dar un divertido, relaxante, artístico e educativo paseo virtual polo museo do Prado.

    Visita Museo do Prado: https://www.museodelprado.es/recorrido/itinerario-infantil-en-el-museo-del-prado/e43b0083-12d0-4246-8b8e-aaf44a251eff

    Podemos coñecer algo sobre interesantes obras de arte como, por exemplo A Sagrada Familia do paxariño (Murillo): https://www.museodelprado.es/actualidad/multimedia/obras-comentadas-la-sagrada-familia-del-pajarito/c53a4977-1e40-4397-8d6a-ae510fe57977?searchid=a8b1ea33-a7c1-f0f8-4a3a-4f4395d3f806

    Cal é a obra que máis vos gustou? Que vos inspira? Creade a vosa propia obra de arte.

     

    MARTES 12 DE MAIO

     

    Móvete! REVISIÓN MÉDICA

     

    A proposta de hoxe serán 5 adiviñas para os 5 sentidos, os cales teremos que poñer a funcionar, xa que en cada quenda só poderemos empregar un deles, de xeito que adiviñemos o que temos diante nosa.

    A continuación faremos unha proposta pero podes cambiar por outros elementos, simplificando ou complicando.

    Para cada un dos sentidos é moi importante intentar anular o resto, coas mans nas costas se non s epode tocar, cos ollos pechados se non se pode ver, etc. simplemente deixando en funcionamento o sentido que queremos poñer a proba.

     

    a)    Vista: Na seguinte ligazón atoparás máis ilusións ópticas

     

    https://aprendiendoconjulia.com/2016/01/divertidas-ilusiones-opticas-para-ninos-que-son/

    Pero polo de agora pedirémoste que resolvades 3:

    -       Sodes capaces de ler rápido as palabras sen confundir coa cor da letra?

     



     

     

    b)    Oído: Escolleremos 3 elementos da casa e unha culler (ou algo co que golpear suavente os obxectos). Por exemplo colleremos un plato, un libro e unha caixiña (de latón ou doutro material); darémoslle uns pequenos golpeciños para que a outra persoa adiviñe polo seu son, de que obxecto se trata.

    c)    Tacto: para este xogo buscaremos 3 elementos da casa, os meteremos debaixo dunha manta e a outra persoa porase cos ollos pechados diante, destaparemos os obxectos e terá que adiviñar que hai. Por exemplo: unha peza de roupa, unha figuriña da casa, un bote de comida. Para complicar este xogo terá que concretar o máximo posible (que prenda, figuriña ou alimento é)

    d)    Gusto: tendo coidado coas alerxias da persoa á que lle vas facer esta proba, elixirás 3 alimentos que mesturarás e a outra persoa terá que adiviñar que leva. Por exemplo: fariña, sal e allo (simplemete probaremos un pouco).

    e)    Olfacto: colleremos 3 elementos e a outra persoa terá que identificar de que se trata

     

    1. Colonia (coller a de algún membro da familia e identificar quen emprega esa colonia)
    2. Adiviñar o olor dunha peza de froita
    3. Para que sexa máis complicado: poñer varias especies ou aderezos das comidas nun mesmo plato: ourego, perixel, allo, curry, comino, etc. e intentar adiviñar 3.

     

     

    Crea! DÍA DA ENFERMERÍA

    Ao equipo de #AnimadorxsContraOAburrimento chegounos unha petición dun equipo de enfermeiros e enfermeiras para sorprender ao resto de compañeiros e compañeiras. Cóntovos a proposta e de seguro que poderedes botarnos unha man.

    Chamáronnos dun hospital un equipo de enfermeiros e enfermeiras, que xa non tiñan moitos nenos e nenas ingresados (menos mal!), pero eles adoitaban decorar moitos dos espazos do hospital cos seus debuxos.

     

    Velaí vai a petición, gustaríanos que polo Día da Enfermería (12 de maio) puidésemos enviarlles unha morea de debuxos titulados “para min un enfermeiro ou enfermeira é…” “para min un enfermeiro ou enferemeira ten…” e que imaxines como poderías deixar plasmadas todas esas cualidades que teñen os nosos enfermeiros e enfermeiras, ás que lle agradecemos a súa labor, máis aínda neste momento.

    Pedimos 2 cousas:

    -       Un ou máis debuxos, empregando ao máximo a vosa creatividade

    -       Que animedes a outros rapaces e rapazas a facelo, porque cantos máis teñamos a máis hospitais chegaremos.

    Gracias de antemán!

    Respira! VIAXE POLO CORPO

    Para realizar a relaxación o primeiro é crear ese ambiente tranquilo, se coloquen cómodos nas súas cadeiras, colchón ou si se realiza persoalmente colocarse ben tombado. A continuación empezaremos a centrarnos na respiración, inspirando e expirando profundamente para conseguir ese estado de tranquilidade e posteriormente empezaremos a tensar e relaxar todas as partes do corpo e músculos para conseguir relaxar todo o corpo ao completo. Iremos facendo un recorrido pausado, parando en cada unha das partes que mencionamos a continuación:

    * Pé dereito

    * Pé esquerdo

    * Coxa dereita

    * Coxa esquerda

    * As cadeiras e as nádegas

    * Estómago

    * Peito

    * Costas

    * o brazo dereito e a man

    * o brazo esquerdo e mánoa

    * Pescozo e ombreiros

    * Cara

     

    Para rematar este momento volveremos a centrarnos na nosa respiración, facendo, alomenos, 5 inspiracións e expiracións.

     

    LUNS 11 DE MAIO

    Móvete! O DADO MANDA

     

    Para hoxe propoñémosvos unha variante do “Simón di”, neste caso empregaremos un dado, o obxectivo é que os rapaces/zas movan un pouco o corpo dunha forma divertida. A continuación deixámosvos un par de exemplos por se queredes imprimilos e montalos, ou que creedes un novo. Só teredes que lanzalo e facer o que o dado manda, algúns das accións que aparecen son correr como unha moto, saltar como unha ra, arrastrarse como un gusano… 

    Crea!  FIGURAS CON TOALLAS

    Materiais:

    ·         Unha toalla pequena

    ·         goma eva en cor negra (para o fuciño e os ollos)

    ·         Ollos de plástico (opcional, porque podes facer os ollos con goma eva

    ·         Un anaco de papel para facer as orellas

    ·         Cinta adhesiva

    ·         Tesoiras

    ·         2 gomitas do mesma cor que a toalla

     

    Desenvolvemento:

     

    1. Estira a toalla e enrola un dos lados ata a metade, despois enrola o outro lado tamén ata a metade de forma que se xunten no centro os dous lados enrolados.
    2. Dobra a toalla pola metade (para formar as 4 patitas).
    3. Pon unha goma na parte inferior da toalla para dar forma ás patitas do can
    4. Corta o anaco de papel branco en forma de remo con dúas pas para facer as orellas e pasalas por dentro da parte superior.
    5. Agora presiona cos dedos para dar forma ao fuciño do can e suxéitao con outra goma para que manteña a forma.
    6. Para terminar recorta uns anaquiños de feltro para facer o nariz e os ollos e pégaos á toalla cun pouco de cinta adhesiva (se lle pos pegamento a toalla non se pode utilizar).
    7. Podes seguir este enlace paso a paso: https://www.euroresidentes.com/entretenimiento/manualidades/como-hacer-un-perrito-con-una-toalla


    Respira!  ASÍ É O MEU CORAZÓN

    Un precioso conto homenaxe ás emocións e os sentimentos dos nenos, para que os recoñezan en todas as súas formas e todas as súas cores: alegría, tristeza, calma, enfado, medo: «O meu corazón é como unha casiña. Dentro pasan moitas cousas e están todas revoltas! Hai risas ruidosas e días con choiva, enfados grandotes e ganas de saltar a pé manco. Hoxe vou abrir a porta do meu corazón para convidarche a pasar».

    ¿Preparado para escoitar un conto fantástico? Presta moita atención porque van falar de cousas que sentes.

    https://www.youtube.com/watch?v=SeQs_5kEyuY&t=51s

    Creamos un collage decorativo. Usaremos o fío condutor do corazón, como no conto e  usamos imaxes, palabras ou símbolos recortadas de revistas/periódicos ó ben buscadas de internet ou feitas por ti que representen como te sintes, un corazón cheo de cousas que nos gusta facer,  lugares aos que queres ir, as persoas que admiras, ou os teus soños/proxectos. 

     

     

    DOMINGO 10 DE MAIO

    Móvete! FEITO EN...

    O 9 de maio foi o día Internacional do Comercio Xusto, e dende a ONGD de Taller de Solidariedade propoñen unha serie de actividades para este domingo.

    A primeira actividade é ben sinxela, imos a buscar as nosas 5 prendas prendas de roupa favoritas, e mirar a súa etiqueta para coñecer onde foi fabricado.

    Logo buscaremos os países e situarémolos nun mapa para coñecer onde foi feito.

     

    Crea! TARTA DA AVOA

    Imos a facer unha tarta da avoa en familia: 

    • 250 gr. de manteiga ou margarina. 

    • 2 paquetes de galletas maría 

    • 3 ovos 

    • 1 tableta de chocolate 

    • 4 culleradas de azucre.

    Todos estos ingredientes podes atopalos na túa tenda de barrio. Anímaste ao consumo sostible?

     Explicámosche aquí a receita: https://tallerdesolidaridad.org/actividades-en-familia-desde-casa/

     

    Respira! CANTO SABES DO COMERCIO XUSTO?

    Para rematar o día sobre o Comercio Xusto, deixámosvos un Quizz para facer ou competir en familia.

    https://quizizz.com/admin/quiz/5b90ac16b5f9240019ca5c2f/conciencias-entrenadas

     

    SÁBADO 9 DE MAIO

    Móvete! XIMNASIA ACROBÁTICA

    A ximnasia acrobática (tamén coñecida como Acrosport) é una modalidade deportiva que consiste en facer figuras corporais que conteñen elementos acrobáticos e ximnásticos de flexibilidade, equilibrio, saltos, xiros,.... en coordinación con outros.

    É algo moi divertido que podemos facer coa xente que temos na casa. Para que non nos manquemos podemos realizar estas figuras corporais na cama, sofá ou esterilla.

    Na ximnasia acrobática existen varias posicións que, resumindo, son “portor” (o que carga, fai a forza) e “áxil” (o que trepa, fai equilibrio). Recomendamos que os “áxiles” sexan os rapaces da casa.

     

    Este deporte consiste en realizar as figuras (de 2, 3 ou máis persoas) e manterse estables a lo menos 3 segundos. Tenta facer estas figuras básicas:

    Algúns videos exemplo de familias facendo ximnasia acrobática:

     

     

    Crea! ILUSIÓNS ÓPTICAS

    Hoxe imos a facer fotografías xogando coa perspectiva para conseguir ilusións ópticas (percepcións visuais que non se axustan á realidade do mundo que nos rodea)

    Para elo podemos valernos de trucos como distintas distancias para facer obxectos mais grandes e mais pequenos, posicións de cámara diferentes, saltos para expresar movementos imposibles... e podemos axudarnos de elementos que teñamos pola casa. Trata de imitar algunha destas fotos (algunhas das fotos son das nosas actividades nos centros xuvenís). Imaxinación ao poder!

     

    Respira!  COMPARTIR

    Rescatamos un coñecido experimento social que realizou Acción contra el hambre que de seguro te fai reflexionar.

    https://youtu.be/zoREXT8qT7g

     

    • Qué crees que farías ti na situación destes rapaces?
    • Considéraste unha persoa que comparte? Pensa exemplos da túa resposta
    • Cómo cres que podes chegar a compartir cando eres rapaz? E cando eres adulto?
    • Que podo compartir HOXE? Lembra que non ten por qué ser algo material.

     

     

    VENRES 8 DE MAIO

    Móvete! XINCANA GLOBÓTICA

    Para esta actividade só precisamos dunha cousa: globos! No seguinte vídeo, temos varios exemplos de xogos que podemos practicar na casa con globos: globocesto, globo-gol, o globo perdido... Preme aquí para ver o video

    Crea! PLASTILINA CASEIRA 

    Hoxe propoñémosvos facer plastilina caseira. Para facela só precisamos:

     

    • 2 cuncas de fariña
    • 1 cunca de sal
    • 4 culleradas pequenas de aceite
    • 1 cunca de auga
    • Colorantes de cores

     

    O primeiro que faremos será mesturar todos os ingredientes, sen os colorantes. Cando estean todos integrados. Despois botaremos un pouco de fariña na mesa para amasar por anacos. Faremos tantas bólas coma colorantes de cores teñamos. Finalmente botaremos unha cor a cada bóla, pouco a pouco, ata acadar o ton que queiramos. Se a notamos pegañenta, podémoslle botar máis fariña. Se queremos facer figuras que queiramos manter para sempre, podémolas meter ao forno. 

    Respira! O CORVO E A RAPOSA

    Agardamos que disfrutedes desta versión da fábula do corvo e a raposa de Jean de la Fontaine. Preme aquí para ver o video

     

    XOVES 7 DE MAIO

    Móvete! O GARDIÁN DO TESOURO

    Poñede a proba o voso sentido do oído! Este é un xogo para alomenos dúas persoas. Unha persoa senta no chan en medio dun cuarto cos ollos vendados, será o/a gardián. O/a gardián ten diante, no chan ou nunha caixa se o queredes poñer máis difícil, unhas chaves ou un axóuxere (calqueira obxecto que faga ruido se non se move con coidado).

    O xogo consiste en achegarse sixilosamenta ao/a gardián e tratar de coller o obxecto que agocha sen que se decate da nosa presencia e nos atrape.

    Se o/a gardián nos oe e sinala na nosa dirección remata a quenda e teremos que sustituir ao/a gardián. Se nos oe cando collemos o obxecto pode atraparnos e cambiamos os papéis. Se non nos atrapa podemos celebralo por todo o alto.


    Crea! BOTE A PROPULSIÓN

    Imos a facer un divertido experimento químico realizando un bote a propulsión que navegará a toda velocidade pola bañeira ou nun recipiente un pouco grande con auga.

    Necesitaredes os seguintes materiáis: botella de ½ l aproximadamente, palliña, vinagre e bicarbonato de sodio (atoparédelo no supermercado sen problemas).

    Para construílo temos que facer un buratiño na base da botella de plástico e insertar nel a palliña. A palliña ten que estar ben axustada polo que se fai falla podédela sellar cun pouco de silicona, pegamento líquido, plastilina… para que non teña fugas.

    Bótase dentro da botella un pouco de vinagre (non é moi importante a cantidade, eu puxen ¼ da botella aproximadamente). Coidado que non saia pola palliña, tapádea co dedo.

    Para o seguinte paso hai que ser áxiles posto que a reacción é moi rápida. Tédeo todo preparado a man!

    Bótase unha cullerada de bicarbonato de sodio e tápase a botella. 

    Xa a podemos deixar sobre a auga, coa palliña para o lado de abaixo, e ver que é o que pasa.

    Preme aquí para ver o video

    A explicación é que o bicarbonato é unha sal básica e o vinagre un ácido. Cando se xuntan reaccionan producindo un gas, dióxido de carbono, e máis auga. O dióxido de carbono (gas inocuo) sube á superficie formando a escuma e sae pola palliña propulsando a botella.

     

    Respira! RISOTERAPIA

    A risoterapia emprega o riso co obxectivo de sentirse positivos/as, optimistas… que nos tempos que corren nos fai boa falla.

    É ben coñecido que a risa ten innumerables beneficios e é por iso que vos propoñemos RIR ÁS GARGALLADAS!

    Para empezar xuntádevos en familia a contar CHISTES. De seguro que sabedes un montón! Pero se precisades algunha axudiña podedes atopar algúns válidos para tódolos públicos no seguinte enlace: https://www.pequeocio.com/chistes-infantiles-de-jaimito/

    Podemos continuar estimulando o riso cun pouco de YOGA DA RISA:

    https://www.youtube.com/watch?v=RPU_itP_Q1E

    https://www.youtube.com/watch?v=KnyIzMIfP3c

    Podemos rematar bailando coa canción da RISA DAS VOGAIS: https://www.youtube.com/watch?v=Bf_li_H-J8M

    Xa estades a rir? E sentídesvos mellor? Esperamos tervos axudado nisto.

     

    Unha aperta!

     

    MÉRCORES 6 DE MAIO

    Móvete! PASEO DE ANIMAIS

    Agora que xa podemos saír a dar paseos propoñemos un xogo para facer mentres camiñamos. Unha persoa diralle á outra como que animal se deberá mover. Para elo deixamos as seguintes instrucións:

     

    • Burro: de puntillas, rebuznando.
    • Pato: de cuclillas, cos pés en ángulo recto, facendo "cua, cua".
    • Can collo: con dúas mans e un pé e ladrando.
    • Oso: movendo a perna e o brazo do mesmo lado á vez que imita o son do oso.
    • Cangrexo: de costas ao chan, desprázase apoiando as mans e os pés no chan e andando de costas.
    • Ra: de cuclillas, dá saltitos coas mans apoiadas entre os pés.
    • Elefante: o catro patas deben estar moi ríxidas e imita o son do elefante.
    • Gorila: as mans á altura dos xeonllos, camiña, fai acenos, emite grititos e gesticula.

     

    Podedes inventarvos outros animais e poñer a proba ao voso compañeiro/a de paseo.

     

    Crea! FILLOAS

    Ingredientes:

     

    • 500 ml de leite
    • 3 ovos
    • 200 gr de fariña
    • 1 cullerada de azucre
    • Unha pizca de sal
    • Un anaco de touciño (sen salgar), manteiga (sen sal) ou aceite

     

    Procedemento:

    1. Pomos todos os ingredientes na xerra da batidora e mesturamos ben. Gardamos a masa no frigorífico durante uns 30 minutos.
    2. Unha vez que a masa repousou, imos preparar as filloas. En Galicia, hai unhas tixolas especiais de ferro, chamadas filloeiras, nas que se poden facer varias á vez, pero como non a teredes, utilizaremos unha tixola plana, mellor antiadherente.  Untamos a base cun anaco de touciño ibérico (sen salgar), manteiga, margarina ou un papel con aceite, cando estea quente, vertemos un cucharón de masa, movemos a tixola para que se estenda por toda a tixola. Cando os bordos comecen a dourarse e saísen burbulliñas, cos dedos ou cunha espátula, dámoslle a volta, deixamos que se faga polo outro lado e lista para comer.
    3. A primeira filloa, case sempre sae mal, así que non vos preocupedes que cun pouco de xeito van saír todas ben. Conforme vaian cociñándose as filloas póndelas apiladas unha sobre outra nun prato, se as ides a tomar doces podedes porlle azucre por encima, entre unha e outra.
    4. Podedes tomar as filloas con azucre e canela, con azucre glass, con mel, ou enchelas de crema de chocolate, de marmelada, ou xamón e queixo.

     

    Respira! DROP

    Hoxe propoñémosvos un exercicio para os momentos nos que estamos máis nerviosos/as, de xeito que nos podamos parar, tentar baixar algo o ritmo e poder continuar co que estabamos a facer.

    Neste caso a invitación é para ese momento no que se pode saír da casa, de xeito que podamos parar a gozar das pequenas cousas.

    As iniciais das palabras Detente, Respira, Observa e Prosigue forman: DROP.

    O exercicio consiste en pararse, no momento que elixas ou no que máis nervioso/a te sintas, te pares (séntate, pecha os ollos, ou simplemente deixa de facer o que estabas a facer); collas aire polo nariz e o expulses suavemente pola boca (repetindo este ciclo 5 veces); te fagas consciente de como estas e que te rodea (identificando emocións, olores, sons, persoas, situación, etc.) e cando esteas preparado ou preparada, continues co que estabas a facer.

     

     

    MARTES 5 DE MAIO

    Móvete! JUST DANCE

    É moi importante manternos activos/as durante estes días que pasamos tanto tempo no sofá e no ordenador. Así que para hoxe propoñémosvos, mover o corpo dunha forma moi divertida, bailando, e para iso que mellor que co xogo de Just Dance, sabemos que non todos tedes o xogo, por iso aquí vos deixamos algúns videos de diferentes cancións. Arriba! É hora de mover o corpo!

     

     

    Crea!  MESA DE LUZ CASEIRA

    Para hoxe propoñémosvos facer unha mesa de luz caseira! Que vos parece, comezamos?

    Materiais:

     

    • Caixa de plástico transparente grande con tapa.
    • Papel aluminio.
    • Luces blancas tipo das de Nadal, luces led.
    • Folios.

     

     

    Procedemento:

     

    1. Forramos toda a caixa por dentro con papel aluminio.
    2. Forramos a tapa da caixa con folios blancos.
    3. Facemos un burato na caixa para introducir as luces que colocamos pegadas (silicona, fixo transparente…) arredor de toda ela.
    4. Colocamos a tapa.
    5. Podemos empregala con plantillas de acetatos de cores, con botellas sensorias que xa hai modelos de como facelas, con anacos de papel celofán, con área…

     

     

    Variantes:

     

    • Esparcimos un pouco de fariña pola tapa e deixamos que os nosos fillos ou fillas xoguen coas súas propias mans.
    • Ofrecemos á nena ou neno algún obxecto (ex. un coche) para realizar todo tipo de trazos
    • Forramos a tapa con film transparente de cociña, colocamos unhas gotas de témpera de diferentes cores e deixamos que experimente. Podemos ofrecer un anaco de esponxa

     

    Respira! VOAR EN GLOBO

     

    Sabedes o que é un globo aerostático? Subiches algunha vez nun? Gustaríache facelo? Os globos énchense de aire quente e que, como pesa menos que o aire frío, os globos tenden a subir. Hoxe faremos unha viaxe en globo.

    Túmbate boca arriba, coloca as mans sobre a túa tripa. Segundo o aire entra na tripa, esta se enche, e o aire, ao saír, permite que a tripa baixe e quede baleira. Fai varias respiracións.

    Imaxina un voo en globo. O día é radiante. Para poder empezar a viaxe fai falta encher o globo. Para que un globo voe hai que acender un gran lume e introducir o aire quente que quentou o lume dentro do globo. Por tanto, imaxina que desde a túa boca sae aire quente por un lume interior que tes na túa tripa. Expulsa aire quente que sae do teu interior. Cando o globo está cheo de aire quente elévase e empeza a viaxe.

    Estás a voar!

    A terra está aos teus pés. Imaxina por onde estás a voar, a paisaxe, as persoas, os animais, o ceo... tómate o teu tempo. Despois de realizar a túa pequena viaxe en globo toca aterrizar. Para aterrizar, tes que facer o exercicio oposto ao despegamento. Aos poucos, e respirando suavemente, volverás á postura de tombado, estirado boca arriba e cos ollos pechados.

    Gustouche a túa viaxe en globo? Fai un debuxo de todo o que imaxinaches onde saias ti no globo.

    O descubrimento desta sesión estará centrado en tomar conciencia da respiración, para armonizar o noso estado corporal.

    Cando respiramos de forma consciente sentimonos mellor e, ao respirar así, permitimos que o noso corpo se relaxe e descanse.

    Tamén estimulamos a imaxinación. 

     

     

     

    LUNS 4 DE MAIO 

    Móvete! SIGUE Á LIDER

    Este xogo é un clásico, e non necesitarás ningún equipo nin material especial para poder xogar. Deixa que as crianzas xunto ca familia fagan de líder turnándose, dirixindo aos demáis para que imiten cada un dos movimientos.

    Anímaos a que se activen saltando, gateando, tocándose a nariz, arrastrando os pes ou utilizando a súa imaxinación de formas creativas.

    É un xogo excelente tamén para traballar a motricidade grosa.

     

    Crea! O PEQUENO ARQUITECTO

    Faite cunhas caixas de zapatos, trozos de tea, pinzas de madeira, paus de xeado, palliñas, materiais reciclados de varios tipos e deixa que a creatividade do nenos se poña en marcha.

    Calquera creación é posible gracias á imaxinación dos nenos/as e un pouco de asesoramento dun adulto.

    Deixa que o neno decore o seu proxecto pegando, cortando, pintando con rotuladores ou acuarelas, e para darlle o toque final podedes utilizar plastilina e purpurina.

    Unha creación así será unha satisfacción para o/a neno/a, pero para a familia tamén!

     

    Respira! CANTEMOS XUNTOS

    Cantemos en familia con Esperanza Mara: https://youtu.be/5f2Ni5CT-pc

     

    DOMINGO 3 DE MAIO

    Móvete! ESCAPE ROOM

    Os xogos de escape teñen a súa orixe nos videoxogos de aventuras das décadas dos 80s e 90s. Estos xogos tiñan una dinámica que se baseaba principalmente en ir avanzando nunha historia a través de diferentes escenarios onde se tiñan que resolver unha serie de retos tipo (quebracabezas, probas…) e empregando diferentes obxectos.

     

    Os escape room levan en auxe uns anos e nós propoñemos probar algún estes días. Para elo temos dúas opción:

            crear o teu propio escape room na casa (que require de tempo por parte de soamente unha persoa da casa para manter o factor sorpresa). Para elo podes empregar os consellos que atoparás pinchando aquí. https://www.escape-blog.com/escape-room-casero/

            xogar a un escape room en liña. Existen un montón deles na rede con distintas temáticas e dificultades. Aqui te deixamos unha escolma dos propios para estes días:

     

    Toda unha vida (Escape Room Familiar Online)

     

     

     

    Crea! PERSOEIROS

    Imos a crear un divertido xogo de mesa para mínimo 4 xogadores. Trátase de adiviñar persoeiros famosos.

    Cada xogador dobra un folio catro veces para partilo en 16 anacos. Deste xeito todos teñen 16 anacos de papel. En cada papel hai que escribir o nome de 1 persoeiro famoso (actriz, cantante, escritor, político, debuxo animado, un membro da familia, .....). Non deben ver o que escribimos ningún xogador. Unha vez teñamos todos escritos os misturamos todos nun mesmo montón, boca abaixo. Estas serán as nosas tarxetas de xogo.

    Facemos dous equipos e nos sentamos en círculo intercalando membro/s do outro equipo.

    O obxectivo do xogo será adiviñar o maior número de nomes que teñen as tarxetas. Para elo o xogo se realiza así.

            Un xogador colle o montón de fichas cara abaixo.

            Outro xogador do outro equipo contrario comeza a cronometrar 20 segundos dende que da o sinal

            Dende ese momento o xogador das tarxetas levanta a primeira para leer o nome que hai escrito e ten que definir ao resto do seu equipo quén é ese persoeiro para que o adiviñen. Se non sabe quen é pode pasar de definir e a tarxeta volverá ao fondo do montón e levanta a seguinte tarxeta para tentalo de novo con outra.

            Cando o xogador do outro equipo marque o final do tempo, se fai reconto das tarxetas acertadas e se apartan do montón grande, transformándose en puntos para ese equipo.

            Agora se pasan as tarxetas ao xogador da dereita, e cambian os roles dos equipos. Uns adiviñan e outros cronometran.

            Unha vez que se fai unha ronda completa ou se rematan as tarxetas pasamos á seguinte fase:

            Desbotamos as tarxetas que non deu tempo a definir na primeira fase, ou que ninguén as acertou. Nos quedamos solo coas acertadas dos dous equipos e as misturamos de novo nun solo montón.

            Nesta segunda fase do xogo solo se pode empregar unha palabra para definir ao persoeiro. Tamén se pode pasar. Non valen xestos. Solo unha palabra. (é sinxelo, porque xa escoitamos na primeira fase todos os nomes)

            Na terceira fase do xogo solo se pode empregar xestos para definir ao personaxe

     

    Respira!  CUALIDADES

    Moitas veces nos fixamos mais nos defectos que nas cualidades das persoas, ou polo menos non expresamos todo o bo que teñen os que nos rodean. Imos a facer unha sinxela dinámica para destapar todas as cualidades que ten a xente que está na nosa casa (e descubrir as que saben nosas)

    Cada persoa da casa ten que debuxar o perfil a súa man nun folio, e lle pon o seu nome. (se queres se pode decorar). Pegamos todos os folios nun lugar visible da casa e nos propoñemos como reto que durante o día de hoxe todos os membros da casa teñen que escribir polo menos unha cualidade  positiva no folio de cada persoa. É anónimo. O obxectivo é chegar polo menos a cinco cada un.

     

    Xa pola noite leo o meu folio....

    SÁBADO 2 DE MAIO

    Móvete! JUMANJI

    No seguinte enlace, tedes un taboleiro para xogar a Jumanji. Gañará o primeiro que chegue ao centro lanzando o dado e superando as probas que se nos presenten. PREME AQUÍ

     

    Crea! DECORACIÓN DE CANDEAS

    Tendo en conta que mañá é o día da nai e as tendas están pechadas, propoñémosvos a seguinte idea como regalo súper orixinal e feito por nós mesmos na casa para as nosas nais.

    Materiais:

     

    • Candea
    • Servilletas con diseño
    • Pegamento (cola branca)

     

    Pasos a seguir:

    1. Separamos as capas da servilleta ata quedar só coa que ten o diseño.

    2. Recortala ata que quede aproximadamente do tamaño necesario para poder rodear o lateral da candea.

    3. Botamos cola branca polo latear da candea

    4. Pegamos a servilleta ao redor da candea.

    5. Botamos outra capa de cola branca pola servilleta para evitar que se rompa e darlle brillo.

    No seguinte vídeo ven todo explicado paso por paso: https://www.youtube.com/watch?v=i6bbufbhD3k&feature=youtu.be

     

    Respira! IOGA

    Hoxe propóñemosvos facer xoga pero dunha forma un pouco diferente. Deberemos lanzar un dado e segundo o número que saquemos, teremos que tentar facer as posturas que nos indica a seguinte imaxe durante 30 segundos cada unha.

    VENRES 1 DE MAIO

    Móvete! CORONA DOBBLE

    Moitos/as coñeceredes o divertido xogo do “Dobble”. Neste caso propoñémosvos a versión do xogo de cartas creado específicamente para a ocasión atopado na páxina de Facebook de "Recursos infantil y primaria". Podedes descargar directamente  o arquivo no seguinte enlace: Corona-"dobble"

    Imprimide o xogo, recortade as cartas e se podedes plastificádeas con forro adhesivo ou cinta de embalar transparente para que vos dure máis.

    O xogo consta de 57 cartas con 8 debuxos cada unha. Consiste en repartir unha carta a cada participante e poñer as demáis nun montón no medio. Dáselle a volta a unha carta e cada participante ten que tentar atopar un debuxo igual á do medio na que ten na súa man. Dirá o nome do debuxo que coincide e poñerá a man sobre a carta do medio. O/a primeiro/a que o faga leva a carta central. Así ata agotar tódalas cartas. Gañando quen máis cartas teña.

    Pasaredes un entretido rato de diversión familiar..

     

    Crea! GOMINOLAS DE FROITA NATURAL

    Na vosa próxima saída ao supermercado non esquezades meter no cesto os seguintes ingredientes, que non vos serán difíciles de atopar.

     

    Ingredientes:

     

    • 250 g de puré ou zume de froitas (a que máis vos guste)
    • 200 g de agua
    • 100 a 200 g de azucre.
    • 8 g de agar-agar en pó (a súa avantaxe fronte á xelatina é que permite xelificar en quente e que sirve tamén para as froitas tropicáis como a piña, que coa xelatina queda demasiado líquida)

     

    Materiais:

     

    • Molde para gominolas (poden servir os dos cubos de xeo).

     

    Preparación das golosinas:

     

    1. Poñemos a ferver a auga e despois espolvoreamos sobre ela o agar-agar en pó. Sen apartar do lume, removemos constantemente deixando ferver 2 minutos máis.
    2. Aparte, mestúrase o puré de froitas ou o zume (de fresas ou laranxa, por exemplo) co azucre (150 g).
    3. Pasados os 2 minutos, retiramos do lume a mestura de agar-agar, mesturamos coa froita e volvemos poñer ao lume, e seguimos removendo sen parar durante 2 minutos máis. Pasado ese tempo botamos a mestura no molde elixido e deixamos enfriar a temperatura ambente.
    4. Nunha hora aproximandamente estarán listas e pódense desmoldar. Se vos apetecen máis doces, podédelas rebozar en azucre. Se se van conservar un tempo, introducídeas na neveira. Pódense conservar nun tarro de cristal tapadas durante unha semana máis ou menos, se sodes quen de non comelas dunha sentada.

     

    Respira! "FAMILY CHESTER" 

     Estades seguros de que vos coñecedes ben tódolos membros da familia? ídelo a comprobar! Alternativamente, actuaredes como entrevistadores ou como entrevistados/as.

    Por parellas irédevos sentando no sofá e procederedes a entrevistarvos con preguntas persoais (preparade ben o voso cuestionario para cada membro da familia). Importante contestar tódalas cuestións con sinceridade. Nós facémosvos algunha suxerencia de preguntas:

     

    • Cal é a túa cor preferida?
    • Cal é a túa comida favorita?
    • Cal é o teu programa/a túa serie favoritos?
    • Cal é o teu libro favorito?
    • Quen é a/o túa/teu mellor amiga/o?
    • Que asignatura foi/é a túa favorita nos estudos?
    • No caso dos/as nenos/as: que che gustaría ser de maior?
    • No caso dos/as adultos/as: gústache o teu traballo? Que outro traballo che gustaría facer?
    • Cal é a túa música favorita? O/a cantante favorito/a?
    • Gústache o deporte? Cal é o que máis?
    • Cal é a tarefa da casa que máis/menos che gusta?

     

     

    Elixe un obxecto importante na túa vida, que che traia lembranzas e que gardes con moito agarimo. De qué obxecto se trata? Por que?

     

    • Que é o que máis botas de menos nestes días?
    • A quen che gustaría visitar de primeiro/a cando acabe o confinamento?

     

    Podedes incluir as cuestións que queirades. Comentade as respostas en familia. Algunha delas igual vos sorprendeu e seguro que averiguades algunha cousa nova que non sabiades.

     

    XOVES 30 DE ABRIL

    Móvete! ADESTRAMENTO EN FAMILIA

    Hoxe vos traemos un blog dun profe do cole María Auxiliadora - Salesianos en Vigo, Quique Celeiro no que se anima a continuar coa Educación Física na casa. Nel atoparedes algúns adestramentos para facer en familia e mover un pouco o corpo, como por exemplo este: https://www.youtube.com/watch?time_continue=1004&v=S9miMrYU6SU&feature=emb_logo

    Podedes atopar máis cousiñas interesantes nesta ligazón: https://sites.google.com/aulasalesianosvigo.es/mequedoencasaconef/inicio

     

    Crea! MIKADO

    Primeiro explicamos o xogo e despois facemos a proposta para que elaboredes o voso propio Mikado!

    O xogo consiste en varias varitas de cores que se tiran ao chan ou a unha mesa. Hai que coller todos os palitos nunha man facendo que todas as puntas toquen a superficie e ábrese a man e déixanse caer ao azar.

    Poden xogar dous, tres ou catro, cinco ou seis xogadores.

    Empeza un xogador tentando coller un escarvadentes sen mover os demais. Se move un ou varios do resto de escarvadentes, deberá deixar o escarvadentes que tentaba coller, perdendo a súa quenda e cedéndollo ao seguinte xogador.

     

    Podemos recoller os escarvadentes cos dedos ou axudándonos con outro escarvadentes.

     

    Cando non queden máis escarvadentes faise o reconto de puntos seguindo estes valores:

     

    1 Banda vermella....1 PUNTO

    2 Bandas vermellas....3 PUNTOS

    3 Bandas vermellas...5 PUNTOS

    1 Banda azul...10 PUNTOS

    2 Bandas vermellas e 2 azuis...2 PUNTOS

    2 Bandas azuis...4 PUNTOS

    3 Bandas azuis...6 PUNTOS

    Gaña o xogador que máis puntos teña.

    Seguramente moita xente non terá o xogo na casa polo que convidámosvos a que fagades o voso dun xeito sinxelo:

    Necesitaremos:

    30 escarvadentes de madeira deses de brocheta.

    Rotuladores de cor verde, amarelo, azul, e vermello.

    Como a cantidade de paus de brocheta e as cores inventámolos para facilitarnos o traballo, nós pensamos unhas puntuacións e unha distribución da cantidade de paus diferente á do xogo orixinal. É a seguinte:

    12 escarvadentes con 1 linea vermella.

    8 escarvadentes con 2 lineas amarelas.

    6 escarvadentes con 3 lineas verdes.

    3 escarvadentes con 4 lineas azuis.

    1 escarvadentes cunha lilnea de cada cor(vermello, amarelo, verde e azul)

    Podedes cambiar as cores e a cantidade de liñas é só unha referencia, do mesmo xeito que a puntuación. Nós démoslle esta puntuación:

    Vermello- 1 punto.

    Amarelo- 2 ptos.

    Verde- 3 ptos.

    Azul- 5 ptos.

    Multicolor- 10 ptos.

    Colleremos as 30 brochetas e dividirémolas polos grupos marcados e empezaremos a pintar liñas usando a cor adecuada comezando polas puntas e facéndoas en ambos lados.

     

    Respira! LABIRINTOS

    Como moitos outros pasatempos sinxelos, que non requiren moito más que paciencia, traémosvos algúns labirintos. Facédenos chegar unha foto cando consigades chegar á meta!

     

     

    MÉRCORES 29 DE ABRIL

    Móvete! NA PROCURA DO TESOURO

    Hoxe queremos propoñervos organizar unha procura do tesouro pola casa. O único que precisaredes será imprimir ou copiar en anacos de papel as adiviñas que vos deixamos a continuación, e por suposto un tesouro (pode ser a merenda ou un xoguete, algo que lle faga ilusión atopar)

    Seleccionade tantas adiviñas como queirades, e colocádeas por toda a casa, agás a primeira que será a que lle deamos para comezar o xogo. Seguindo a orde das pistas esconderemos a pista do dormitorio no salón, a da cociña no dormitorio, es así sucesivamente. Ata a última que será a que teña o lugar onde está o tesouro, neste caso puxemos a lavadora, pero podedes poñer o espazo/obxecto que queirades.

    ADIVIÑANZAS:

     

    1. Estou nalgún lugar da túa casa. Onde podes sentarche e ver a tele. Tamén teño un sofá. Onde sentan dous ou tres (Salón)
    2. Úsanme máis pola noite pero non son unha lanterna. Conteño sabanas pero non son unha tenda. Teño unha porta pero non son un armario. Teño unha cama pero non son un hotel. Son unha área de cásaa pero non son unha cociña (Dormitorio)
    3. Este enigma é sobre unha habitación. Pero realmente non che fará pensar. É a do lavalouzas. Un frigorífico, conxelador, forno e vertedoiro. (Cociña)
    4. Esta é unha parte da casa. Onde algo pode ser lavado. É o lugar onde te bañas. E onde se cepillan os dentes. (Baño)
    5. É unha caixa faladora que vive en todas as casas e cala a moi alta hora. (Televisión)
    6. É venda e non se vende, é Ana, pero non é xente. (Xanela)
    7. Cando a entrada eu prohíbolles, son moitos golpes os que recibo.(A porta)
    8. Cando che vexo vesme, cando me ves véxoche e non che parezo feo.(O espello)
    9. Aínda que ao durmir consúltanme nunca adoito contestar. (A almofada)
    10. Se o tesouro queres atopas, dentro da lavadora o atoparás

     

    Para os máis pequenos, en lugar de pistas podemos agochar pezas dun crebacabezas dun debuxo da estancia da casa onde está o tesouro, pode ser igualmente a lavadora. 

    Crea! MAIO EN CREACIÓN

    A festa dos maios é unha festa folclórica que se realiza o primeiro domingo de maio para en en Galicia festexa o final do inverno. Os maios son figuras que se constrúen con elementos naturais, como musgo, flores silvestres, ovos, paus e ao redor delas cántase, con acompañamento de paus, coplas e cancións irónicas e críticas con feitos ou personaxes de actualidade.

    Por iso queremos propoñervos que fagades un maio creativo co que teñades en casa: ben cun debuxo ou ben creando unha figura cónica ou piramidal con diferentes materias, cartolinas, palliñas, paus... e decoralo con flores ben pintadas ou en papel.

     

    Aquí vos deixamos algunhas ideas

     

    Respira! MANDALAS CREATIVOS

    Hoxe traémosvos unha actividade que podedes comezar hoxe e facer un ratiño cada día:

    Imos traballar o trazo dunha forma divertida e creativa a través de mandalas. Os mandalas son debuxos para colorear detalles moi pequenos para que ti teñas que prestar moita atención e así sírvache para estar concentrado.

    Necesitarás papel de cociña e rotuladores ou perfiladores. Podes usar bolis de cores no caso de que non teñas rotuladores.

    Seguro que che fixaches no relevo do papel de cociña. Podemos sacarlle moito partido  resiguiendo as liñas ou ben creando figuras novas.

     

    Gózao moito!!! 

    MARTES 28 DE ABRIL

    Móvete! DE LADO A LADO

    Un grupo de estudantes de maxisterio pon en marcha unha serie de vídeos de actividades para que xoguemos na casa.
    O que vos traemos hoxe é unha actividade moi sinxela e divertida para toda a familia.

    Deixámosvos un vídeo no que a explican nun minuto.

    https://www.youtube.com/watch?v=FsBKIGTWmzc

     

    Crea! CREA O TEU PELUCHE

    Seguimos ensinando xente que fai cousas, e esta vez son os mozos e mozas de Cruz Vermella Xuventude.

    Traen unha manualidade para crear o noso propio peluche, necesitamos algodón, teas ou fieltro, agulla e hilo, tesoiras, pegamento e rotulador.

    Tedes todo? Comezamos!

    https://www.youtube.com/watch?v=5huDrR3k1rw&list=PLaqKTZGjmG02iEQkSqd3fvEe_em-T6AF9&index=21

     

    Respira! CURTA: A IMPORTANCIA DA LECTURA

    Neste tempo é máis importante que nunca inculcar aos nenos e nenas o valor da lectura, e por iso deixamos unha curta que trata sobre a importancia dos libros.

     

    https://www.youtube.com/watch?v=G_Slr_-mO_w

     

    LUNS 27 DE ABRIL

    Móvete! XOGA EN GALEGO


    O xogo é unha actividade presente en todos os pobos e culturas; e de xeito permanente, na vida das persoas. E os xogos tradicionais son aqueles que se transmiten de xeración en xeración e  perduran no tempo. Por elo hoxe propoñemos realizar uns xogos que de seguro xogaban os nosos avós.

    Para elo nos axudamos do libro “Xoga en galego”, que publicamos no ano 2006 os Centros Xuvenís Don Bosco de Galicia, recollendo estes e moitos mais xogos populares galegos.

    UN, DOUS, TRES, PLAN

    Descrición

    Unha persoa panda poñéndose de costas aos demais e de cara a unha parede (se é un lugar cerrado). Varios metros atrás deste pandote farase unha liña tras a cal se situarán os demais participantes.

    Desenvolvemento

    Bótanse as sortes para ver quen panda. Despois, os participantes colócanse detrás da liña debuxada no chan mentres o pandode lles dá as costas no extremo contrario do xogadeiro, tapa os ollos e batendo ambas palmas das mans na parede ou na árbore, dirá "un, dous, tres, plan" (noutros lugares dise “un, dous, tres, zapatiño quieto é” ou “unha, dúas e tres, poliño inglés”). Nese breve espazo de tempo os demais poden avanzar moi rápido e, se ao dar a volta tras dicir a frase, o pandote ve a alguén movéndose aínda, mándao recuar ata a liña de inicio, desde onde deberá comezar de novo.

    A operación repítese mentres os xogadores e xogadoras se van adiantando un pouco cada vez, ata que un se achega tanto que alcanza o pandote tocándoo nas costas ou na parede –como se teña acordado– dicindo "plan". Nese momento gaña e pasa a ser el o pandote mentres os outros xogadores volven á liña de partida e comeza de novo o xogo.

    O pandote pode complicar o xogo variando o ritmo da súa frase para despistar os participantes: dicíndoa moi rápido, comezándoa a modo e rematándoa de súpeto ou virándose bruscamente para sorprender os xogadores en pleno avance e facelos recuar, aínda que nunca se pode virar sen ter rematado a cantilena.

    Antón Cortizas propón na súa enciclopedia Chirlosmirlos estoutra lengalenga:

    “Un, dous, tres,

    volta atrás

    quen mova o pé.”

    Podes descargar a ficha completa deste xogo premendo aqui. 

     

    A PITA CEGA

    Descrición

    É un xogo encadrado na tipoloxía de xogos cos ollos tapados.

    Un rapaz ou unha rapaza cos ollos tapados tentará pillar a alguén entre os demais participantes adiviñando logo de quen se trata.

    Desenvolvemento

    O obxectivo fundamental é atopar, cos ollos tapados, a algún dos participantes no xogo. Para iso se botan as sortes, decidindo así a quen lle toca facer de pita cega levando os ollos vendados cun pano.

    Arrodeando todos a pita, danlle voltas para desorientala mentres se establece o seguinte diálogo:

    “ – Pita cega, que perdiches?

    Unha agulla e un dedal.

    Pois dá tres voltas ao redor que os toparás.”

    O resto dos participantes botan a correr mentres a pita cega vai atrás deles, ás apalpadas, ata dar pillado a alguén; nese momento debe adiviñar de quen se trata tenteándolle a cabeza ou a roupa. O xogador apreso puido aproveitar antes para trocar a roupa con outros compañeiros e compañeiras e así dificultar o recoñecemento por parte da pita cega. Se esta última é quen de recoñecer a súa presa, ambas as dúas persoas intercambiarán os roles do xogo entre si; de non ser así, a pita seguirá apandando ata pillar a alguén a quen poida recoñecer.

    Podes descargar a ficha completa deste xogo premendo aqui. 

     

    AS CHAPAS

    Descrición

    Debúxanse no chan dúas liñas paralelas en forma de serpe, con algunhas rectas, moitas curvas…, cuns oito ou nove centímetros de ancho entre elas (medidas que se poden estreitar en determinados tramos para engadir dificultade ao xogo) e da lonxitude que se queira, sinalando a saída e a meta nos extremos do percorrido.

    Unha das partes fundamentais do xogo consiste precisamente na confección deste carreiro e das súas reviravoltas, o que esixe a creatividade e o acordo entre os participantes. Pódese complicar tanto como se queira, debuxando zonas de peóns, areas movedizas, pontes estreitas, pozos, cárceres, unha zona de morte, atallos… e calquera outro sinal que se lle ocorra aos nenos e nenas. Canto máis longo e difícil sexa o circuíto, máis divertido e emocionante será o xogo.

    Desenvolvemento

    Cada neno e nena colle a tapadeira dunha botella, marcándoa ou decorándoa cun sinal; logo énchea con barro ou plastilina para que pese máis e resulte máis fácil de controlar, xogando con ela co cu para abaixo.

    Para tirar a chapa séguese un procedemento similar ao das bólas, aínda que non se colle na man, senón que permanece sempre sobre o chan: colócase o dedo índice ou o maior apoiado contra o polgar, facendo arco; ao telo ben tensado, sóltase con forza, lanzando a chapa cara adiante (é preciso algo de práctica no lanzamento, pois hai que dominar a potencia do golpe e a dirección na que se envía).

    Para establecer as quendas de xogada, pódense lanzar as chapas a unha raia e os xogadores ordenaranse segundo a proximidade da súa chapa a dita raia.

    Gaña quen primeiro chegue á meta.

    Podes descargar a ficha completa e normas deste xogo premendo aqui. 

     

    O TRUCO

    Descrición

    Debúxanse raias no chan formando os cadros que compoñen o truco. O xogo consiste en, mentres se salta á pata coxa, ir pasando coa punta do pé o peletre –un anaco de algo que teñamos na casa– dun cadriño a outro do truco, sen que fique nunca este sobre as raias nin saia fóra dos cadros. Ten moitas variantes.

    Desenvolvemento

    O truco é o xogo que máis variantes ten en todas partes. E tamén é o que máis evolucionou.

    Por isto, imos explicar a modalidade que, cremos, máis se xoga en Galiza.

    Lánzase o peletre ao cadro 1 e sáltase por riba de dito cadro para caer no cadro 2 e seguir saltando a couchopé ou, o que é o mesmo, á pata coxa, ata os cadros 4 e 5, onde hai que apoiar os dous pés, un en cada cadro. De novo á pata coxa, vaise ata a casa 6, onde se toma impulso para caer nos cadros 7 e 8 mirando en sentido contrario ao que se estaba seguindo ata o momento, dando para iso a volta no aire. De volta, hai que sacar o peletre do cadro 1 cunha patada, sempre á pata coxa, ou collela coa man permanecendo a couchopé.

    Iníciase agora o segundo percorrido lanzando nesta ocasión o peletre ao cadro 2 e saltando primeiro ao cadro 1, de novo a couchopé; de aí sáltase ao cadro 3 seguindo o mesmo percorrido do mesmo xeito que a vez anterior. Ao voltar hai que empurrar a tella ao cadro 1 antes de sacala fóra. Esta operación vaise repetindo comezando cada vez nun cadro distinto, seguindo a numeración e pasando por todos os cadros. Sempre se salta, sen entrar nel, por riba do cadro no que se encontra nese momento o peletre, ata que se chega de volta e hai que empurrar este coa punta do pé sobre o que nos estamos apoiando, enviándoo entón cara aos cadros anteriores, en orde inversa, antes de sácalo fóra do truco e rematar ese percorrido.

    Gañará o participante que antes complete os oito percorridos e no último, lanzando o peletre ao cadro 8, consiga pasalo polos cadros 7, 6, 5, 4, 3, 2 e 1 sen que nunca fique sobre unha raia nin saia fóra.

    Cando alguén perde, pásalle a vez a outro xogador ou xogadora e cando lle toca de novo xogar, retoma o percorrido alí onde fallara.

    Podes descargar a ficha completa deste xogo premendo aqui.

    Crea! XEADO

    Tarde ou cedo chegará a calor e apetece tomar un xeado. Por elo recomendamos comezar pola receita máis sinxela para facer xeado en familia. Podes experimentar engadindo foita triturada á receita que vos presentamos:

    https://youtu.be/5ov08ppQQtg

     

    Respira! CÁPSULA DO TEMPO

    Está claro que estamos a vivir un momento histórico, que aparecerá nos libros dos estudantes de xeracións vindeiras. E pode ser boa idea que gardemos recordo destos meses para aprender a valorar os momentos cotiáns que vivíamos ate fai pouco e que pronto agardamos vivir. Por elo propoñemos realizar unha Cápsula do tempo.

    Unha cápsula do tempo é un recipiente que encerra obxectos do momento da súa creación e que é escondido á espera de ser aberto no futuro. As cápsulas do tempo poden ser físicas, se gardan obxectos, ou virtuais se gardan arquivos multimedia. Poden ser escondidas durante un período de tempo concreto ou ata ser atopadas. As cápsulas do tempo son moi populares, atopáronse algunhas ao longo da historia mundial, foron protagonistas de películas e mesmo se atoparon  nos cimentos de edificios emblemáticos.

    Escolle una caixa de metal, madeira ou cartón non moi grande, o ideal é que sexa tamaño A4.  Aquí te dicimos algunas ideas de cousas que podes gardar na caixa:

     

    • Algunha foto impresa destes días de ti e os que estedes na casa
    • Algo que fixeras ti nestes días na casa (un debuxo, una figura de plastilina, un texto escrito, ….)
    • 1 mensaxe que queira meter cada persoa que estea na casa e que se lerá no futuro (cando se abra a caixa)
    • A letra dunha canción que aprendiches nestas semanas
    • Un escrito teu contando cómo estas, cómo te sentiches, que/quen botas de menos, un bo e un mal momento, a que adicas o tempo,…
    • Un xornal destes días
    • Un listado de cousas que vas a facer ao rematar o confinamento
    • ….

     

    Cando teñades todos os obxectos que queredes gardar na caixa, pecha a ben e metea nunha bolsa para conxelados con peche zip. Desta forma estará mellor illada da auga e a terra.

     Enterra a túa cápsula ou agóchaa no fondo dun armario.

     Dentro duns anos se atopará!

     

    DOMINGO 26 DE ABRIL

    Móvete! XINCANA DE PROBAS

    1. O consinto: con mímica teremos que explicar en 30 segundos o noso xogo favorito. No caso de fallar: teremos que cantar unha canción.
    2. Facédevos con dúas tinas e varios obxectos que poidan flotar e non se estropeen na auga. Hai que encher unha das tinas de auga e meter todos os obxecto nunha delas. O obxectivo consiste en pasar os obxectos da tina con auga á que esta baleira empregando só os pés.
    3. Debuxante: nun minuto hai que facer un debuxo da toda a familia nunha folla de papel.
    4. Tedes que facer circuítos no chan (pódense facer con cinta adhesiva), e utilizando unha palla de plástico e unha bola de papel, tratar de percorrer o circuíto ser saírse do mesmo, senón haberá que volver ao principio. Se só hai un xogador, o obxectivo será tratar de facer o percorrido no menor tempo posible. Se hai varios xogadores, cómpre facer varios circuítos e xogar á vez. Limbo: suxeitamos unha corda, os xogadores terán que pasar tres veces por debaixo desta que cada vez estará un pouco máis baixa.
    5. Saltos: marcamos no chan varias distancias e temos que saltar cos pés xuntos, dunha a outra distancia e despois á pata coxa entre as marcas.

    Crea! BROWNIE EN CUNCA

    Ingredientes:

    • Un ovo
    • Dúas culleradas de fariña
    • Dúas culleradas de azucre
    • Unha cullerada de cacao en polvo ou colacoa
    • Dúas culleradas de aceite
    • Dúas culleradas de leite
    Procedemento:

    Meteremos todos os ingredientes nunha cunca, mesturámolos ben e finalmente . Meteremos a cunca no microondas durante un minuto e medio/dous e xa estará listo o noso brownie para romar só ou acompañado dun pouco de xeado.

    Respira! O XOGO DA IMAXINACIÓN

    Cun dado, podedes xogar co seguinte taboleiro a imaxinar que fariades en cada unha das seguintes situación. Sería interesante compartir as nosas reflexións en familia. 

    SÁBADO 25 DE ABRIL

    Imos a facer deste sábado un día de festa para levantar o ánimo. Adicarémolo á música nas súas diversas versións.

    Móvete!  XOGOS MUSICAIS

    • Descubrir os sons. A ver como andades de oído. Alguén da casa terá que vendar os ollos e descubrir os obxectos que fará soar a/o compañeira/o de xogo. Podedes empregar os obxectos máis diversos que teñades pola casa para poñer a proba os vosos oídos.
    • Xirar o micrófono: Fórmase un circulo e ponse o micrófono (podédelo facer co que teñades na casa) no centro. Faise xirar e a quen apunte debe elixir entre bailar, cantar ou contar un segredo.
    • Estatuas musicáis: Poñede a vosa música favorita e bailade con ganas. Cando alguén pare a música teredes que quedar quedos coma estatuas, se alguén se move perde o xogo.
    • Agora podemos tentar aprender diferentes ritmos coa percusión. Non necesitades un tambor moi sofisticado, abondará cun balde e uns paos (ou cubertos de madeira):: https://www.youtube.com/watch?v=0wuh7NPeB6Q

    Crea! INSTRUMENTOS MUSICAIS

    Para convertervos en verdadeiros artistas, podedes probar a facer a vosa propia música construíndo os vosos propios instrumentos:

    • Maracas: cun recheo de arroz e un envase baleiro seguro que sodes quen de crear unhas estupendas maracas. Decorádeas ao voso gusto.
    • Kazoo: cun tubo de cartón do papel de cociña, un trozo cadrado de pepel celofán (10x10 cm) e unha goma elástica podedes facer este divertido instrumento. Para iso hai que facer un burato no tubo, a uns 6 cm dun dos extremos. Ponse o trozo de celofán no extremo do tubo máis próximo ao burato que fixemos e suxéitase con goma elástica. Decórase o kazoo e a facer música. Lembra que hai que falar ou cantar polo extremo libre do tubo (non soprar).
    • Xilófono: Moi sinxelo e divertido. Só necesitades uns cantos vasos (ou botellas de vidro pequenas). Énchense con diferentes cantidades de auga. Cunha culler metálica e unha de madeira golpéanse os vasos e poderedes observar os diferentes efectos musicáis.
    • Frauta/palliña para os máis profesionais ;-): https://www.youtube.com/watch?v=DSXXqBf_bdk

    Seguro que se vos ocorren moitos outros instrumentos reciclados. Enviádenos algunha foto!

    Respira! A HISTORIA DE RENATO NICANOR

    Imos adicar un momento a escoitar a historia de Renato Nicanor, o flamenco máis flamenco:

    https://www.youtube.com/watch?v=qcbLmjlMDko

    Como vedes é unha historia que fala de esforzarse por conseguir aquilo que de verdade se quere.

    Pensade por un intre nos vosos soños, naquilo que de verdade esperades poder acadar algún día. Que estades dispostos/as a facer para conseguilo?

    Pois máns á obra. Hoxe é un bo día para comezar a dar pasiños para logralo.

    E ánimo, que o estades a facer moi ben. Axiña nos atoparemos de novo.

     Apertas!

     

    VENRES 24 DE ABRIL

    Móvete! MISIÓN IMPOSIBLE

    Propoñémoste unha serie de probas para facer individualmente (contrareloxo) ou competindo contra outra persoa.

    - Cun espagueti (na boca) conseguir enfialo nun macarrón (ou 3), sen empregalas mans.

    - Poñer unha galleta na fronte e, sen empregar as mans, conseguir metela na boca.

    - Poñer o maior número de prendas de roupa posible e volver a colocalas no menor tempo.

    - Cantar unha canción de Disney facendo viravoltas.

    - Pescudar o nome de todas as plantas que hai na casa.

    - Facer rir a alguén da familia (sen facer cóxegas).

    - Localiza nun mapa 5 cidades que comecen polas diferentes vocais.

    - Cantar unha canción de animación pola ventá (para animar á veciñanza).

    - Estar durante 1min haciendo la gallina.

    - Citar 5 ríos de España.

    - Imitar a una estatua famosa (Estatua de la Libertad, Cristo Redentor, Venus de Milo, Discóbolo, Buda Tian Tan, Augusto de Prima Porta, etc.) e que alguén da casa adiviñe.

    - Decir el trabalenguas de los 3 tristes tigres (con una galleta en la boca).

    - Bailar un vals con alguén da casa (se é con música mellor) .

    - Levar unha pelota de papel rodando, sen empregar as mans, unha distancia de 2 metros.

    - Conseguir adiviñar algunha: https://www.cocolisto.com/listado-adivinanzas-dificiles-adivinar/.

     

    Crea! PINTURILLO

     

    Esta é unha aplicación gratuíta para o teléfono coa que poder xogar ao Pictionary doutro xeito, competindo. Pódese xogar coas persoas coas que vives, con xente doutras casas que invites a unha partida ou “contra a máquina”.

    Aquí tedes o enlace no que descargala: https://play.google.com/store/apps/details?id=air.com.pinturillo2free.pinturillo2free&hl=es_PR

     

     

    Respira! SON UN BONECO DE NEVE

    Este exercicio de relaxación baséase en pasar dun estado de tensión a un de relaxación muscular, dunha maneira simbólica e lúdica. Proponse aos nenos e nenas que son bonecos de neve ou cubitos de xeo, totalmente conxelados durante o inverno.

    Neste estado inicial deben tensar todo o que poidan os músculos e estar inmóbiles e encolleitos. Con todo, esta chegando a primavera e co sol, o cal os vai ir derritiendo aos poucos. Con iso, de forma progresiva o neno ha de ir relaxando os músculos,estirándose e destensándose.

     

     

    XOVES 23 DE ABRIL

    Móvete! BAILAMOS COS CONTOS

    Aquí vos deixamos cancións de diferentes contos, para que inventedes un baile ou simplemente bailedes ao seu ritmo.

    Arriba todo o mundo! Poñede a música a todo volume que chegou a hora de mover o body!

     

    Crea! CORRE CORRE, CABACIÑA!

    Que mellor que pasar o día do libro, cun conto! Se queres aventura, lánzate á lectura!

    Para hoxe queremos propoñervos o libro de Corre, Corre, Cabaciña! da editorial OQO. Neste enlace tedes o conto a vosa disposición:

    https://es.slideshare.net/charolansvilas/corre-corre-cabacia-9579678

     

    Para rematar, crearemos a nosa propia cabaciña da forma que vos queirades! Podedes facer e pintar un debuxo nun folio, facela nunha cartolina ou incluso se tedes lá en casa, facendo un pompón.

    O importante é deixar voar a imaxinación!

     

     

    Respira! MEDITACIÓN DA PRAIA

    Os vídeos de meditación para nenos son unha fantástica forma de introducir esta beneficiosa práctica aos máis pequenos.

    Unha práctica regular de meditación axúdavos a reducir a tensión, previr a ansiedade e a xestionar situacións estresantes.

    Ademais, moitos nenos necesitan axuda para mellorar a súa capacidade de atención e acougar a súa mente.

    Se podes escóitao antes de durmir. Se non cando o escoites tenta estar relaxado.

    https://www.youtube.com/watch?v=LEbdQ5Mt2kg

     

    MÉRCORES 22 DE ABRIL

    Móvete! OCA EN FAMILIA

    Hoxe traemos un xogo familiar ben diferente, a idea ven de Ana Ballesteros e foi sacada da páxina Aulas Galegas: https://aulasgalegas.org/xogamos-a-oca/.

    O xogo mantén a estrutura tradicional, pero en cada casilla ten unha proba para manternos entretidos toda a partida.

    Crea! DOMINÓ DE PEDRAS

    Imos crear o noso propio dominó de cores, para iso tan só necesitamos 28 pedras e elexir 7 cores para pintalas.

    Cada cor ten que ter unha pedra doble, e o resto dunha metade a súa cor e as outras 6 cores.

     

    Unha vez pintadas podemos marcar un permanente a liña divisoria e xa teríamos o noso dominó de cores.

     

    Respira! EXERCICIOS DE RESPIRACIÓN

    Invitámosvos a tomar consciencia da nosa respiración, un video para todas idades que nos axudará un pouquiño a meditar.

     

    https://www.youtube.com/watch?v=K2DRNAHogQE

     

    MARTES 21 DE ABRIL

    Móvete!  A POLAS CORES!

    Para este xogo precisamos un dado. En cada unha das caras do dado, poremos a forma na que nos debemos desprazar: en crequenas, saltando, de xeonllos, á pata coxa, reptando polo chan, marcha atrás...

    Ademais, precisaremos duns pequenos círculos de cores que podemos recortar de material reciclado (cartolina, goma-eva, caixa de cereais, de zapatos...).

    Espallamos polo chan os distintos círculos de cores.

    Lanzamos o dado e temos que desprazarnos da forma indicada ata o círculo da cor que nos indique outro xogador.

    Por exemplo: xogamos dúas persoas, unha lanza o dado e lle sae á pata coxa, terá pois que ir á pata coxa ata as cores que lle indique a outra persoa. Esta poderalle indicar máis dunha cor na mesma quenda.

    No seguinte vídeo temos un exemplo: https://www.youtube.com/watch?v=njkuE7shcRo&feature=youtu.be

     

    Crea! ESPECTROSCOPIO CASEIRO

    Un espectroscopio é un instrumento para observar os espectros da luz que se utiliza para dividir a luz en diferentes lonxitudes de onda. Con este experimento queremos que vexades a descomposición da luz branca en diferentes cores, o mesmo que ocorre co arco da vella.

    Materiais: un tubo de cartón longo (de papel de cociña), un cúter, un CD vello, un lapis, un anaco de cartolina, cinta adhesiva, pintura e pinceis (opcional, depende de cómo queirades decorar o voso espectroscopio).

    Faremos un corte diagonal no tubo no que encaixar o CD. Á mesma altura faremos un buraco polo que mirar. Tapamos a parte de arriba do tubo cun anaco de cartolina ao que lle faremos tamén un burato.

    O CD actúa como rede de difracción dividindo a luz branca en varios faces de luz que viaxan en diferentes direccións, o ángulo no que se desvía a luz depende da cor, o azul desvíase un pouquiño, o verde un pouco máis e o vermello aínda máis.

     

    Respira! O CONGRESO DOS RATOS

    Érase unha vez unha familia de ratos que vivía na despensa dunha casa. Eran felices, pero vivían co medo de ser atacados por un enorme gato, de maneira que nunca se atrevían a saír xa que, fora de día ou de noite, ese temible inimigo sempre os estaba a vixiar. Un bo día, decidiron poñerlle fin ao problema, polo que celebraron unha asemblea a petición do xefe dos ratos, que era o máis vello de todos. Este díxolle aos presentes:

    - Mandeivos convocar para que entre todos tratemos de atopar unha solución.

    Non podemos vivir así!

    - Pido a palabra! – dixo un pequeno rato moi atento.

    - Atemos un cascabel ao gato e así saberemos en todo momento por onde anda.

    Tan interesante foi a proposta que foi aceptada por tódolos roedores entre grandes aplausos e felicidade. Co cascabel estarían salvados xa que ao facer ruído lles avisaría da chegada do inimigo co tempo suficiente para se poñeres a salvo.

    - Silencio! – gritou o xefe dos ratos para logo engadir:– queda pendente unha cuestión de suma importancia: quen de todos nós lle vai poñer a cascabel ao gato?

    Ao oír isto, tódolos ratos quedaron calados porque non era capaces de responder tal pregunta. E voltaron correndo ás súas covas famentos e tristes. 

     

     

    LUNS 20 DE ABRIL

    Empezamos a semana cun día de conto.

    Móvete! XOGAMOS COS CONTOS

    Os xogos que vos propoñemos están inspirados en historias que de seguro coñecedes e, senón, investigade un pouquiño.

     

    • Don Quixote e a loita cos xigantes/muíños: Collede un pau de escoba (coma se fora a lanza de Don Quixote) e tratade de atinarlle a unha papeleira, caixa ou similar dende un extremo ao outro do corredor (coidado con non romper nada). A ver a cantos xigantes/muíños sodes quen de lles dar e dende que distancia.
    • Os tres porquiños e o lobo: Situade nunha mesa diferentes obxectos con pesos diversos, tales coma un vaso de plástico, unha barra de pegamento, unha peza de madeira dalgún xogo, un bote de conservas baleiro… o que teñades pola casa. Teredes que soprar e soprar ata os obxectos derrubar… Cal é máis doado? Cal vos costou máis?
    • A cestiña de Carrapuchiña vermella: Collede varias pelotiñas pequenas (ou facedeas de papel, unhas 10) e tirádeas pola habitación na que fagades o xogo. Teredes que recollelas no menor tempo posible para a vosa “cestiña”. Cronometrade a ver quen é o máis rápido da familia.
    • O gato con botas: Teredes que facer unha carreira pero con zapatos doutra persoa da familia, cunha talla diferente. Seguro que non resulta moi doado ir con zapatos demasiado grandes ou demasiado pequenos.

     

    Podedes elixir a vosa historia favorita e inventar un xogo con ela.

    Crea! DADOS CONTA HISTORIAS

    Agora imos a ser creadores de historias, contacontos, escritores literarios… Imos a empregar a dinámica dos dados conta historias ou, para quen gusta do inglés, os “story cubes”.

    Igual algúns os tedes na casa, pero para quen non, ímolos a facer. O material que necesitaredes será papel, lápis, unhas tesouras e pegamento ou cinta adhesiva.

    O primeiro paso é debuxar cinco cubos abertos en dúas dimensións, como o da foto.

    Cada cubo se adicará a un tema, debuxando ou escribindo diferentes palabras sobre o mesmo. Os temas que vos recomendo son: PERSONAXES (meiga, doutora, transportista, policía, repoñedor, por exemplo), MEDIOS DE TRANSPORTE (coche, camión, avión, tractor, moto), LUGARES (hospital, supermercado, parque, horta, granxa), ACCESORIOS (mascarilla, xabón, peite, candea, lápiz), ANIMALES (can, gato, dinosaurio, serpe, balea). Pero podedes poñer o que queirades, deixade voar a imaxinación. Unha vez feitos os debuxos ou escritas as verbas, hai que recortalos e pegalos polas solapas ata formar os cubos.

    Unha vez confeccionados os cubos, xa  podedes crear diferentes historias. Lanzádeos e imaxinade un conto coas palabras que vos saian nos dados. Podédelos escribir e valoralos con puntuacións: un punto positivo cada palabra dos dados que empreguedes; un punto negativo cada falta de ortografía (se os escribides). Vós poñedes as regras!

    Facédenos chegar as vosas historias máis loucas! Jijiji

     

    Respira!  CONTO DO LUNS (DOS "COLORES OLVIDADOS")

     https://youtu.be/IDIpcUM7Hi0

    Agora pensade un intre nesas pequenas cousas que vos fan felices a todos/as e cada un de vós nestes días tan excepcionais. E nas que pronto recuperaremos!

     

     

    Recordos e apertas!

     

    DOMINGO 19 DE ABRIL

    Móvete! PESCA INDOOR

    Para este xogo precisaremos: papeis de cores (ou calquera papel reciclado), forro de libros (o no seu defecto fixo, cinta adhesiva grosa), tesoiras, clip (un por cada xogador), anaco de la/fío/cordón (un por cada xogador) e un pau (un para cada xogador). E o lugar de xogo será ao redor dunha tina, caldeiro, bañeira, etc. con auga.

    Para facer os peixes: debuxaremos os peixiños en papel e os forraremos ben (xa que os imos  a meter na auga). A cada un deles lle faremos un buratiño (se temos un sacabocados mellor, senón, facemos dous pequenos cortes en cruz e logo recortamos o burato do tamaño que queiramos. Podemos botar os peixes na auga.

    Para a cana de pescar, lle atamos nun extremo do pau o fío, e no outro extremo do fío, o clip. Teremos que deformar un pouco o clip para que quede en forma de gancho e conseguir insertalo lo buratiño dos peixes.
    E listo, a pescar!

     

    Crea! POMPAS DE XABÓN

     

    Para o líquido hai moitas propostas en internet pero con xabón lavaplatos diluido en auga, abonda.

    Estas divertidas serpes de xabón pódense facer utilizando unha botella de plástico co fondo cortado e un anaco de toalla posto sobre o oco, sostido por un elástico. Mollando a punta coa toalla en auga xabonosa, ao soprar polo pico da botella sairá unha espectacular serpe de xabón.

    Cunha botella de plástico cortada podemos facer pompas esféricas grandes.

    Pero se queredes facer pompas realmente grandes, podedes facer un instrumento especial con dous palliñas e fío de algodón (o que se usa para cociñar). Pasades o fío por dentro das palliñas, pechades cun nó, e logo molládelo ben na solución para facer pompas de xabón. Levantádelo con coidado, e movédelo rapidamente para facer as pompas.

     

    Respira!  A SAIA DA CAROLINA

    Neste espazo tamén hai tempo para cantar e bailar coma tolos. Unha cantiga popular que coñecemos todos e todas pode ser “A saia da Carolina”, pois aquí ensinamos unha versión con moito ritmo de “Uxía Lambona e a banda molona”

    https://www.youtube.com/watch?v=K7mvKBpm7RI

    No seu canal de Youtube descrubriredes máis temazos!

    https://www.youtube.com/channel/UCUd4p5q1RctezprJuep6TWA

     

    SÁBADO 18 DE ABRIL

     

    Móvete! CARREIRA DE AVIÓNS

    Que mellor que un ha carreira de avións para pasar a tarde?

    Precisarás un par de cartolinas A3, se non tes, non hai problema, colle unha bolsa de lixo grande e un pouco de celo. Prepara o taboleiro como na imaxe, facendo buracos de diferentes tamaños e coloca puntuacións a cada un.

    Agora si, cada xogador deberá preparar o seu mellor avión de papel, busca a mellor aerodinámica para gañar velocidade de voo.  

    Unha vez teñades todo listo, non esquezades papel e boli para anotar as puntuacións!

     

    A carreira comeza en 3,2,1...XA!! 

    Crea! COOKIES

    INGREDIENTES:

     

    • 350  gr. de fariña
    • 200  gr. de manteiga
    • 200  gr. de azucre
    • 2 ovos
    • 1 chisco de sal
    • Unha  cullerada de fermento químico en po
    • 1 cullerada de aroma de vainilla  (opcional)
    • 1 cunca de chips de chocolate branco ou negro, ao teu gusto

     

    PROCEDEMENTO:

     

    1. Prequenta o forno a 200º.
    2. No bol bate a manteiga co azucre ata ter unha crema, agrega a vainilla e os ovos, o sal e o fermento, mesturando ben.
    3. Logo engade o recheo elixido, en leste caso perlas de chocolate (ou chocolate picado a coitelo pero que estea moi frío), mestura ben e incorpora a fariña, sempre mesturando moi ben. Ten que quedar unha masa compacta con aspecto de faragullas.
    4. Distribúe a preparación coa culler nunha bandexa engrasada, deixando espazo entre elas porque crecen bastante. Esmaga un pouquiño coas mans húmidas ou cunha cullerada para que queden regulares.
    5. Enforna de 10 a 15 min. ou ata que comecen a dourarse.
    6. Retira e deixa arrefriar a temperatura ambiente. Ata que non se arrefrían do todo non se endurecen e collen a súa textura.

     

    Respira! PELOTA ANTIESTRÉS

    Moitas veces sentimos presión e tensión no corpo polas situacións que vivimos no día a día. Pero hai técnicas e mecanismos para axudar a destensar o noso corpo. Unha delas, é a pelota antiestrés. Esta semana imos facer unha.

    Os que teñamos internet podemos facelas seguindo este vídeo:

    https://www.youtube.com/watch?v=wIbcgpK1lkg

    Os demais podemos seguir estas indicacións:

     

    1. En primeiro lugar mesturaremos nun recipiente, fariña e arroz por cada dous vasos de fariña poremos un de arroz e mesturarémolo ben.
    2. Cando xa teñamos a mestura axudarémonos dun embude para encher o noso globo, e cubrirémolo con dous globos máis, unha vez teñamos a pelota do grosor que queremos.
    3. A continuación para reforzalo e que sexa un pouco máis resistente utilizaremos outros globos para envolvelo un pouco máis, para iso recortaremos a punta e cubrirémolo con dous globos máis
    4. Unha vez teñamos a base da nosa pelota antiestrés con globos podemos decorala para que sexa un pouco máis divertida, imos facer un poliño e un porquiño.
    5.  Para facer o poliño intercalaremos un globo amarelo un laranxa e outro amarelo desta maneira obteremos un pico de cor laranxa e o resto do noso poliño será de cor amarela.
    6. Para facer o porquiño faremos o mesmo pero xogaremos cun ton rosa e un vermello para o fociño e xa para terminar acabarémolos de decorar cun rotulador permanente de cor negra.

     

    Entre as vantaxes que podemos atopar o uso de pelotas antiestrés é para fortalecer os músculos da man, relaxarnos, mellorar o noso estado de ánimo, aliviar a tensión e mellorar a coordinación dos nosos músculos. 

     

    VENRES 17 DE ABRIL

    Móvete! A COUSIÑA AGACHADA

    Un xogo ao que se pode xogar a calquera idade, e non necesitas nada máis que unha cousiña. Simplemente hai que buscar un sitio onde agachala, e o resto da familia ten que buscala. Logo, a persoa que a encontre, deberá agochala e o resto encontrala.

    Un xogo moi sinxelo que non necesita nada máis que unha cousiña e ganas de pasar un rato en familia.

     

    Crea! LÁMPADA DE LAVA

    Imos a crear unha bonita lámpara de lava, tan só necesitas: aceite, auga, colorante ou témpera, un vaso transparente e pastillas efervescentes.

    Agora que temos todo, comezamos botando auga ata a metade do vaso, logo un pouquiño de colorante ou témpera para darlle cor, e despois engadimos o aceite ata encher o vaso. Unha vez temos o vaso cheo tan só temos que engadir a pastilla e esfervescente.

    Se queda algunha dúbida podes repasar todo en este vídeo:

     https://www.youtube.com/watch?v=axxEb4piLo4&feature=youtu.be

     

    Respira! IOGA

    Xa vimos videos de posturas de ioga, pero esta vez compartimos unha imaxe para que poidas ter algunhas das posturas máis coñecidas e prácticalas en casa, cantas sodes capaces de facer?

    XOVES 16 DE ABRIL

    Móvete! FAMILY PARTY

    Hoxe propoñémosvos facer un xogo de mesa ao grande sen necesidade de ter o xogo. O xogo consistirá en lanzar un dado e, dependendo do número que saia, facer unha ou outra proba. A proba teraa que superar a persoa que tire o dado. As probas son as seguintes:

     

    1. Password: se sacamos o número un, cogaremos ao password que consiste en tratar de que o contrincante adiviñe unha palabra. Para acadalo, darémoslle pistas, pero estas pistas só poden ser palabras. Non valen xestos, nin frases enteiras. Para obter as palabras, podedes usar un xerador de palabras aleatorias online como o seguinte: https://www.palabrasque.com/palabra-aleatoria.php
    2. Pictionary: se sacamos o número 2, xogaremos ao pictionary que consiste en debuxar un obxecto e os demais o adiviñen.
    3. Pregunta trivial: se sacamos o número tres, farannos unha pregunta de estilo trivial, se a adiviñamos gañaremos o punto. Pódemos preguntar preguntas deste tipo na seguinte páxina: https://psicologiaymente.com/desarrollo/preguntas-para-ninos-de-primaria
    4. Mímica: se sacamos o catro faremos unha proba de mímica que consistirá en facer unha representación mediante xestos (sen falar) dun animal, unha profesión, un obxecto, unha emoción, un deporte, unha sensación...
    5. Adiviña a canción: se sacamos o número cinco, teremos que adiviñar unha canción tatareada.
    6. Se sacamos o seis, podemos escoller facer a proba que queiramos das anteriores. 

     

    Crea! COLLAGE

    MATERIAIS: Tixeiras, pegamento o cola, materiais para reciclar (revistas, cartolinas, xornais...), cartolina o folio onde facer o collage.

    PROCEDEMENTO:

     

    1. En primeiro lugar necesitaremos un boceto do debuxo ou fotografía que queremos realizar. Sen boceto non obteremos bos resultados. Para realizar un collage podemos utilizar diversos tipos de materiais, pero o máis empregado é o papel.
    2. Se gardamos as revistas en lugar de tiralas, poderemos arrincar aquelas páxinas que nos chamen a atención pola seu colorido, as súas fotografías, etc. A continuación pódense distribuír por cores en diferentes arquivos ou caixas de cartón para o seu fácil almacenamiento: desta forma teremos todos os tons de vermello nun arquivo, todos os azuis noutro, etc.
    3. Cando necesitemos estampar o ceo, por exemplo, saberemos exactamente en que arquivo buscar os tons azuis.
    4. O pegamento pódese aplicar ao fondo e pegar inmediatamente anacos de revistas ou outros materiais reciclables. Para iso podemos empapar unha esponja con pegamento e simplemente aplicala sobre o papel antes de pegalo.
    5. Non hai unha secuencia correcta e incorrecta de pegar pezas. Cada neno aplicará a técnica que lle resulte máis cómoda. As pezas pódense pegar unhas con outras, sen preocuparse realmente pola precisión, e ata deixando espazos entre as pezas.

     

    OPCIONAL: Unha vez terminado o traballo pódese vernizar e enmarcalo, colocándolle un vidro. Nunha zona sombreada da parede conservarase mellor e evitaremos que as cores da imaxe desvanézanse. 

    Respira! CURTOMETRAXE THE FANTASTIC FLYING BOOKS OF MR. MORRIS LESSMORE

    Animámosvos a que vos sentedes a ver esta curtometraxe cuxo obxectivo e recalcar a importancia da lectura e tratar á súa vez de fomentala. A lectura pode ser unha das nosas mellores aliadas nestes tempos nos que non podemos saír á rúa, pode ser unha maneira de transportarnos a diversos lugares sen movernos do noso cuarto.

     

    A curtometraxe é a seguinte: https://www.youtube.com/watch?v=Ad3CMri3hOs 

     

    MÉRCORES 15 DE ABRIL

    Móvete! XOGOS DE EQUILIBRIO E COORDINACIÓN

    Imos a ver que tal vos movedes despois de tanto días confinados en pouco espazo. Tentade isto:

    Labirinto: Trátase de trazar unha liña laberíntica no chan e camiñar por riba dela tratando de manter o equilibrio, cun pé detrás do outro. A liña podédela marcar con cinta adhesiva, ou cunha lá pegada no chan, ou con tiza que despois limparedes. Cronometrade o tempo que vos leva facer o percorrido e tratade de superar as vosas marcas persoais. Podedes complicar o xogo metendo un pouco de arroz nunha bolsiña, nun calcetín… e levándoa en equilibrio sobre a cabeza mentres facedes o percorrido. E para rizar o rizo, podedes poñer obstáculos que ir sorteando sobre o trazado.

    Convírtome en…: Haberá que realizar unha carreira de relevos polo corredor da casa pero cunha particularidade, cada volta se fai desprazándose dun xeito diferente: correndo cara adiante, cara atrás, lateralmente, convertíndose en gatiños, en monstruos, en enaniños, nun coche de carreiras, nunha tartaruga, nun cangrexo, nun pirata cunha pata de pao (á pata coxa), lento coma un caracol, rápido coma unha gacela, coma unha serpe (arrastrándose)...

    Cambia de roupa: É unha carreira de relevos na que o relevo se da cambiando a chaqueta co/a compañeiro/a. Cronometrade o tempo que vos leva facer o percorrido.

    Caza de cores: Quen queda berra unha cor e os/as demáis terán que ir correndo a tocar algo que sexa da devandita cor. Se quen queda te pilla antes de que a toques intercambiades os papéis.

     

    Crea! MARIONETA DE CALCETÍN

    Seguro que estes días atopástedes algún calcetín desparexado, se cadra a lavadora tiña fame… jiji. Non o tiredes! podedes aproveitar para facer un bonito títere. Botádelle imaxinación! Se non dispoñedes de tódolos materiáis seguro que topades algunha alternativa: botóns, lá, cartolina, retais de tela, cartón...

    https://www.youtube.com/watch?v=qhicUg6AL6k

     

    Respira! A BONECA CORA

    Agora que tedes o voso títere podedes crear un conto para el. Aquí vos deixo un ben interesante, o da boneca Cora.

    https://www.youtube.com/watch?v=-Dsf-oKdTMw

    Levamos moitos días xuntos/as en casa e podemos estar un pouco cansos/as, pero cun pouco de respecto e agarimo imos a superalo todo. Ánimo!

    Podedes mandarnos os vosos contos de calcetín.

     

     

    Unha aperta dos/as animadores/as.

     

     

    MARTES 14 DE ABRIL

    Móvete! UNHA XUNGLA NO SALÓN

    Para este xogo necesitarás unha baralla de cartas e algunhas moedas de céntimo de euro. Cada xogador elixe o son dun animal diferente. Unha vez que vos aprendestes todos, repartiredes cartas dunha nunha. Cando dous xogadores teñan naipes iguais ?dous sotas, dous setes ou dous ases? cada un deles terá que facer o ruído do contrario. O que o faga antes quítalle unha moeda ao outro. Gañará o que máis moedas obteña cando se repartiron todas as cartas.

    Crea! TEATRO DE SOMBRAS

    MATERIAIS:

     

    • caixa de cartón por exemplo de zapatos
    • papel de seda branco
    • cartolina negra
    • palitos de brocheta
    • tesoiras, cúter
    • celo
    • opcionais: cartolinas, rotuladores

    PROCEDEMENTO:

    1. Se usades unha caixa de zapatos, só teredes que cortar unha xanela no fondo, como vemos nas imaxes. Se a caixa é moi profunda podedes cortala para que quede duns 10  ou 15 cm. de profundidade como máximo.
    2. Recortamos un rectángulo de papel de seda uns centímetros máis grande que a xanela e pegámolo por detrás co celo.
    3. Se o desexamos decoramos o teatro con figuras de cartolina pegadas no bordo.
    4. Para facer os monicreques, debuxamos as siluetas dos personaxes en cartolina negra e recortamos. Ao debuxar temos que ter en conta que deben ser reconocibles, polo que convén debuxar os personaxes de perfil, ou pola contra calar detalles internos co cúter, como vemos no caso dos monicreques de Star Wars na imaxe máis abaixo.
    5. Pegamos os monicreques aos palitos de brochetas cun trocito de celo.

     

    Pincha aquí para descargar a plantilla: http://ukkonooa.blogspot.com/2015/01/itse-tehty-varjoteatteri-diy-shadow.html

    Para que o teatro de sombras funcione como tal, debemos colocar unha fonte de luz por detrás do teatro, e apagar as luces xerais. Se pomos o teatro ao bordo dunha mesa, os titiriteros poderán acomodarse por baixo, aínda que tamén podemos pegar os palitos de lado, de maneira que os monicreques póidanse manexar desde os lados do teatro.

    Pincha aquí para descargar a plantilla: https://childhood101.com/star-wars-shadow-puppets/

     

    Tamén se poden proxectar as sombras na parede, apagando as luces xerais e colocando un foco de luz a unha certa distancia. Os monicreques deberanse colocar entre a luz e a parede. Se vos gustan estes monicreques de Star Wars, podedes descargar os persoais gratis na ligazón que está debaixo da imaxe.

    Respira! CIRQUE DU SOLEIL

    Agradecemos que todas as ramas do arte e da cultura estean poñendo da súa parte para que todo o mundo poda acceder a espectáculos como os do Cirque du Soleil

    Aquí podes gozar dun dos seus espectáculos:

    https://www.youtube.com/watch?v=VL0TG_nCqzE&feature=youtu.be

     

     

    LUNS 13 DE ABRIL

    Móvete! O TRUCO

    Que  vos parece se movemos un pouco o corpo cunha competición? Hoxe propoñémosvos unha variante deste xogo tradicional, para iso necesitaremos: Folios, ceras, celo, cronómetro e moita enerxía!

     

    A idea é, primeiro é facer con folios e ceras ou pintura de dedos ou  directamente imprimir varias imaxes de mans (dereita e esquerda) e pés (dereito e esquerdo), o número dependerá  do longo e o complexo que o queirades facer,. Unha vez as teñamos, iremos facendo diferentes combinación como vedes na imaxe, como mínimo tedes que colocar 10 ringleiras. Pegádeas ben no chan dun espazo amplo ou no corredor de casa, para que non se movan. E preparádevos, collede un cronómetro para ver quen é o máis rápido, que comezamos! Aquí deixamos un vídeo resumo.

     

    Crea! BOLSA SENSORIAL

    MATERIAIS:

    • Bolsa con peche hermético
    • Cinta adhesiva
    • Cartolina ou cartón  de cor branca
    • Témpera (Se non tedes , podedes facela cocendo unha cunca de fariña, dúas de auga e unha cullerada de sal ata que quede unha masa entre sólida é acuosa; unha vez cocida, separádeas en 7 partes e engadide unhas gotas de colorante alimenticio)

    PROCEDEMENTO:

    1. Recortamos a cartolina ou cartón para que entre na bolsa.
    2. Engade unha cullerada de cada cor de pintura con coidado de non manchar o plástico.
    3. Unha vez teñas as cores desexadas no interior, pecha a bolsa e asegúraa con cinta adhesiva.
    4. Podemos comezar a pintar!!

     

    Respira! O ELEFANTE ENCADEADO

    Por Jorge Bucay

    Moitas veces sentimos que nos somos capaces de conseguir a nosa meta, en ocasións porque nos poñen a etiqueta de que non imos poder, noutras porque  nós mesmos dicimos frases como "non son capaz", "é imposible", "eu non podo", etc., logrando así darnos por vencidos.

     

    Por que non outra vez máis ou por que non tentalo, aínda que creamos que non podemos? As persoas cambiamos co tempo. Non sempre nos atopamos nas mesmas circunstancias e o que hoxe parece imposible, quizá mañá non o sexa. Aquí temos un breve conto de Jorge Bucay, convertido xa nun clásico, que nos fala de todo isto.

    Neste momento no que nos atopamos onde non debemos rendernos, este conto axudaranos a atopar as claves.

    https://www.youtube.com/watch?v=itneIZ9BUcg&t=26s

     

     

    DOMINGO 12 DE ABRIL

    Móvete! BAILA EN FAMILIA

    Non podemos deixar de facer execicio, e unha das formas máis divertidas que coñecemos é bailando, e máis, se o podes facer en familia.

    Así que vos animamos a intentar seguir os pasos do baile inventado por esta familia.
    https://www.youtube.com/watch?v=2gmt1PNSMuY

    Podes compartir os teus bailes familiares no correo: fed.galicia@confedonbosco.org

     

    Crea! CARREIRA DE GUSANOS

    Imos facer unha gran competición de gusanos, pero primeiro teremos que facer o noso verme e decoralo ben.
    Para facelo simplemente temos que dobrar un pequeno papel en forma de rectángulo, podedes seguir as indicacións do vídeo.

    https://www.facebook.com/manualidadesvideo/videos/216894176361300

    Ademáis, encontraredes moitras outras manualidades para facer na casa.

     

    Respira! AVOIÑA, QUE PASOU EN MARZO DE 2020?

    Animámosvos a ler esta pequena reflexión https://n9.cl/06za e que logo vos animedes a crear o voso propio conto en perspectiva de futuro. É importante facer a reflexión cos nenos/as, para ver cómo explicarían eles/as esta situación, xa que así nos axudaría a ver como a están vivindo.

     

    Podedes enviarnos a vosas historias a: fed.galicia@confedonbosco.org

     

    SÁBADO 11 DE ABRIL

    Móvete! APRENDEMOS HIP HOP

    Hoxe propoñémosvos mover un pouco o corpo a ritmo de hip hop. Para elo,

    deixámosvos uns vídeos de coreografías de hip hop para nenos/as:

    • Everybody: https://www.youtube.com/watch?v=UaVxb8JQowI

    • Hotel: https://www.youtube.com/watch?v=DLXXq-n6CJw

    • God’s plan: https://www.youtube.com/watch?v=rxfbYTCYbrc

     

    Crea! OVO SALTARÍN

    Se cres que todos os ovos se rompen ao caer é porque aínda non fixeches este

    experimento!

    Materiais:

     

    • 1 ovo
    • Vinagre
    • 1 bote de vidro con tapa

     

    Pasos:

     

    1. Abre o bote, coloca dentro o ovo e, a continuación, bótalle vinagre ata que queda completamente cuberto.
    2. Pecha o bote e déixao así durante dous días.
    3. Cando abras o bote, saca o ovo e descubrirás que se trata dun ovo que agora é capaz de botar.

     

    Explicación:

    Ao mergullarse o ovo en vinagre, este penetra no interior do ovo o que fai que se

    converta nun elemento elástico.

     

    Respira! RELAXACIÓN

    Ao levar tantos días na casa, temos a sensación de que estamos perfectamente

    descansados. Non obstante, unha parte moi importante do descanso é a relaxación. Ata

    que punto estamos relaxados?

    Propoñémosvos seguir o seguinte vídeo para lograr esa relaxación:

     

    https://www.youtube.com/watch?v=XXy7C6PftVA 

    VENRES 10 DE ABRIL

    Hoxe, Venres Santo, propoñémosche empezar o día cun divertido momento familiar e disfrutar así deste tempo de vacacións ESPECIAL polas circunstancias.


    Móvete! RECREANDO O ÁLBUM FAMILIAR

    Buscade nos álbumes familiares (tanto en papel como dixitáis) 5 ou 6 fotografías que vos gusten. Tratade de recrealas escenificando de novo o momento no que foron feitas, retrotraéndovos no tempo (o cal pode ser moi divertido, quitándovos algúns anos de enriba, jeje). Tratade de identificar as emocións que sentiades naquel momento e falade sobre iso. Porque tiñamos esta ou aquela cara? En que lugar foron feitas? Algunha situación que ocorrese naquel intre, ou inmediatamente antes ou despois?

    Seguro que despertades un montón de lembranzas e emocións.

     

    Crea! NAZARENO DE PAPEL

    Para ambientarnos un pouco neste día de Venres Santo e poñer a proba as nosas habilidades manuais, propoñemosvos dous xeitos de facer un nazareno de papel. Faranvos falla poucos materiáis que de seguro atoparedes por casa.

    https://www.youtube.com/watch?v=V9rueJmwMsg&feature=youtu.be

    https://www.youtube.com/watch?v=Sk15WLhc7rM&feature=youtu.be

    Podedes facer varios e montar o voso propio paso de Semana Santa.

     

    Respira! CELEBRAMOS O VENRES SANTO

    Preparade ben este momento. Debuxade unha cruz de papel e sentádevos en círculo nun espazo cómodo e tranquilo, cunha música relaxante. Respiramos con calma e facemos o sinal da cruz.

    Lemos o evanxeo: Mc 15, 16-27,35-41

    Podemos axudarnos do seguinte vídeo: https://www.youtube.com/watch?v=3xzKHMh2EwY

    Dialogamos recordando que acontecemento lembramos hoxe e aproveitamos para lembrarnos dos que padecen nestes días no mundo, polas máis diversas causas, polas cruces que cargan cada día e polas que nos toca cargar, e imos pedir por todo iso. Escribímolo na cruz que debuxamos: polos enfermos, polos anciáns, polos que están sos… podemos poñer nomes propios e, como cristiáns, pedimos tamén polo Papa e pola Igrexa. Ofrecémoslle todas estas intencións a Xesús na cruz, porque sabemos que non remata todo aquí.

    Terminamos este ratiño rezando xuntos o NOSO PAI.

     

    Que teñades un bo día! Unha aperta das animadoras e animadores dos Centros Xuvenís Salesianos de Galicia!

     

     

    XOVES 9 DE ABRIL

    Móvete! FEIRA DA PUNTERÍA

    Como si nunha feira estiveramos, propoñemos unha serie de xogos de puntería cos que probar sorte, pódese xogar máis dunha persoa e competir, o premio o decidides vós!

    -       Inserta o aro: cos materias que se propoñen na imaxe ou con outros que atopemos na casa (o pau do recolledor, cartolinas, cartóns reutilizables, etc.). Cada vez que acertes, intenta facelo máis lonxe, a ver ata onde chegas.

    -       Suma puntos: Cunha estructura sinxela de cartón (ou incluso de tubos de cartón do wc) debúxalle os puntos e colócaos en forma de pirámide. Busca unh boliña ou algo que encestar, e a xogar!

    -       Pinpon vaso: colocando oas vasos en forma de triángulo no extremos dunha mesa, intentaencestar unha boliña (que bote) dándolle un bote primeiro, dende o outro lado da mesa.

    -       Tirar a pirámide de latas: coas latas de refresco baleiras que teñamos na casa, podémolas decorar e facer unha pirámide do alto que queiramos, para derrubalas precisaremos unha bola ou semellante (por exemplo: unha esponxa, un trapo de cociña atado cunha goma do pelo).

     

    Crea! TIRACHINAS

    Algún dos anteriores xogos, podémolo versionar se somos quen de fabricar o noso tirachinas, e para elo ofrecemos diferentes versións:

    -       Para esta versión precisamos cortar a parte superior dunha botella de plástico e colocarlle a parte traseira dun globo (recortando a súa parte máis estreita) na boca da botella.

    -       Con calquera goma (do pelo, gomas elásticas, gomas “de pollo”, etc.), colocámola como na imaxe, tendo en conta que o que se pode lanzar nesta ocasión é un anac de papel dobrado.

    -       E por último, cun rolo de cartón e a parte superior do globo (a boca, a parte estreita).

     

    Respira! MANDALAS

    Os mandalas teñen a súa orixe na India. De feito o seu nome vén do sánscrito e significa roda ou círculo, de aí esa forma tan circular coñecida que ten, aínda que cabe anotar que actualmente os podemos atopar con formas de todo tipo. Para os Budistas os mandalas serviron tamén ao longo dos anos como axuda no proceso da meditación. Segundo esta filosofía, concentrar a mente na realización de mandalas promove a conexión entre o creador ou debuxante e a divindade, unha conexión única e especial que ten como obxectivo o desenvolvemento persoal, aínda que sexa simplemente para construír un adorno.

    Aquí deixamos unha escolma deles. Podes imprimilos e corolealos ou tamén, calcalos nun folio sobre a pantalla!

     

     

    MÉRCORES 8 DE ABRIL

    Móvete! CANCIÓNS DE ANIMACIÓN

    En cada unha das nosas actividades sempre comezamos facendo algunha canción de animación para espertar e estirar o corpo con moito ánimo!  Sabemos que non é o mesmo, os nosos animadores/as teñen as súas propias versións e unha posta en escena única, pero seguro que cando vexades algunha destas cancións, ademais de animarvos, traeranvos moi bos recordos:

     

     

    Algo un pouco máis movido:

     

     

     

    Crea! SPINNER DE PAPEL

    Para crear un spinner  de cartón de cores, precisarás:

     

    • Unha corda fina
    • Dous círculos de papel do mesmo tamaño
    • Dous círculos de cartón do mesmo tamaño que os do papel.
    • Rotuladores de cores
    • Tesoiras
    • Pegamento de barra

     

    Agora comezaremos a preparar o xoguete:

     

    1. Comezaremos facendo dous círculos iguais sobre un folio. Podes usar un compás ou un recipiente como guía. Nun folio entran dous círculos.
    2. A continuación teremos que poñernos creativos e facer o noso mellor deseño sobre eses círculos cos rotuladores. Non é necesario cubrir ambas casas. Cando rematemos de colorear, recortamos os círculos.
    3. Sobre un cartón non demasiado gordo, trazamos dous círculos do mesmo tamaño que os do papel. Despois recortámolos e pegamos os círculos de papel a cada lado.
    4. Finalmente, facemos dous buratos no centro do cartón, por onde introduciremos unha corda fina ou un fío duns 70cm de largo. Tras pasar a corda polos buratos facemos un nó, e....LISTO! PODEMOS COMEZAR A XOGAR!

     

    Aquí vos deixamos os pasos en vídeo por se tedes algunha dúbida: https://www.youtube.com/watch?v=hT1j7pAX7bI

     

    Respira! OBSTÁCULOS: MEDITACIÓN

    Hoxe queremos propoñervos algo para rapaces/zas un pouquiño máis maiores e adultos, que precisan un momento para deterse. Ofrecémosvos un momento de meditación co texto Obstáculos de Jorge Bucay.

     

    Por Jorge Bucay

     Este texto que reproduzco aquí no es en realidad un cuento, sino más bien una meditación guiada para explorar las verdaderas razones de algunos de nuestros fracasos. Me permito sugerirte que lo leas lentamente, intentando detenerte unos instantes en cada frase, visualizándote en cada situación.

    Voy andando por un sendero.  Dejo que mis pies me lleven.

    Mis ojos se posan en los árboles, en los pájaros, en las piedras. En el horizonte se recorte la silueta de una ciudad. Agudizo la mirada para distinguirla bien. Siento que la ciudad me atrae.

    Sin saber cómo, me doy cuenta de que en esta ciudad puedo encontrar todo lo que deseo. Todas mis metas, mis objetivos y mis logros. Mis ambiciones y mis sueños están en esta ciudad. Lo que quiero conseguir, lo que necesito, lo que más me gustaría ser, aquello a lo cual aspiro, o que intento, por lo que trabajo, lo que siempre ambicioné, aquello que sería el mayor de mis éxitos.

    Me imagino que todo eso está en esa ciudad. Sin dudar, empiezo a caminar hacia ella. A poco de andar, el sendero se hace cuesta arriba. Me canso un poco, pero no me importa.

    Sigo. Diviso una sombra negra, más adelante, en el camino. Al acercarme, veo que una enorme zanja me impide mi paso. Temo… dudo.
    Me enoja que mi meta no pueda conseguirse fácilmente. De todas maneras decido saltar la zanja. Retrocedo, tomo impulso y salto… Consigo pasarla. Me repongo y sigo caminando.

    Unos metros más adelante, aparece otra zanja. Vuelvo a tomar carrera y también la salto. Corro hacia la ciudad: el camino parece despejado. Me sorprende un abismo que detiene mi camino. Me detengo. Imposible saltarlo.

    Veo que a un costado hay maderas, clavos y herramientas. Me doy cuenta de que está allí para construir un puente. Nunca he sido hábil con mis manos… Pienso en renunciar. Miro la meta que deseo… y resisto.

    Empiezo a construir el puente. Pasan horas, o días, o meses. El puente está hecho. Emocionado, lo cruzo. Y al llegar al otro lado… descubro el muro. Un gigantesco muro frío y húmedo rodea la ciudad de mis sueños…

    Me siento abatido… Busco la manera de esquivarlo. No hay caso. Debo escalarlo. La ciudad está tan cerca… No dejaré que el muro impida mi paso.

    Me propongo trepar. Descanso unos minutos y tomo aire… De pronto veo, a un costado del camino un niño que me mira como si me conociera. Me sonríe con complicidad.

    Me recuerda a mí mismo… cuando era niño.

    Quizás por eso, me animo a expresar en voz alta mi queja: -¿Por qué tantos obstáculos entre mi objetivo y yo?

    El niño se encoge de hombros y me contesta: -¿Por qué me lo preguntas a mí?

     

    Los obstáculos no estaban antes de que tú llegaras… Los obstáculos los trajiste tú.

     

     

    MARTES 7 DE ABRIL

    Móvete! XOGO DE PISTAS

     

    • Material: Unha foto ou un debuxo.
    • Descripción: Antes de comezar o xogo, temos que recortar o debuxo ou a foto para que sexa un puzzle, tras o cal cada peza esconderase pola casa.
    • Obxetivo: Encontrar todas as pezas e formar o puzzle.

     


    Crea! MARCAPÁXINAS ANGRY BIRDS

    Materiais: Cartulinas de cores, tesoiras, pegamentos de barra, rotuladores permanentes negros.

    Vídeo explicativo: https://www.youtube.com/watch?v=YzDrX1n66ls

     

    Respira! IMAXINAR FIGURAS NAS NUBES

     

    Nestes días que temos tanto tempo libre, ás veces é importante pararse a respirar, por iso vos animamos a xogar toda a familia a buscar figuras nas nubes.

    O único que necesitas é unha fiestra e nubes, que por sorte en Galicia non faltan, é un exercicio para manter a imaxinación e a creatividade en forma.

     

     

    LUNS 6 DE ABRIL

    Móvete! XOGO DE PROBAS EN LIÑA

    No seguinte enlace hai un xogo que consiste en superar distintas probas para podar abrir un cadeado. Para acadalo, haberá que superar distintas probas como facer un baile o facer pesas:

     

    Crea! PAPIROFLEXIA

    Hoxe propoñémosvos facer un taller de papiroflexia. Nos seguintes vídeos, móstrase paso a paso como facer un grulla, un peixe e un dinosaurio. Ánimo!

     

     

    Respira! - O COXO E O CEGO

    Nun bosque preto da cidade vivían dous vagabundos. Un era cego e outro coxo; durante o día enteiro na cidade competían o un co outro.

    Pero unha noite as súas chozas incendiáronse porque todo o bosque ardeu. O cego podía escapar, pero non podía ver cara a onde correr, non podía ver cara a onde aínda non se estendera o lume.

    O coxo podía ver que aínda existía a posibilidade de escapar, pero non podía saír correndo.

    O lume era demasiado rápido, salvaxe- , así pois, o único que podían ver con seguridade era que se achegaba o momento da morte.

    Os dous déronse conta que se necesitaban o un ao outro. O coxo tivo unha repentina claridade: «o outro home, o cego, pode correr, e eu podo ver». Esqueceron toda a súa competitividade.

    Nestes momentos críticos nos cales ambos ían enfrontar á morte, necesariamente esquecéronse de toda estúpida enemistade, puxéronse de acordo en que o home cego cargaría ao collo sobre os seus ombreiros e así funcionarían como un só home, o coxo pode ver, e o cego pode correr.

    Así salvaron as súas vidas. E por salvarse a vida, fixéronse amigos e deixaron atrás todas as seus conflitos. 

     

     

    DOMINGO 5 DE ABRIL

    Ola! Hoxe é un día especial, Domingo de Ramos, e por iso tamén imos a ter unha programación especial. Tivemos a Coresma para preparar os corazóns para a Pascua e, que esteamos confinadas/os na casa non nos impedirá vivila, só temos que ter o corazón aberto e regalarnos un pouco de tempo en familia para compartila.

    Imos a preparar o momento creando un bo ambiente e decorando o noso espazo. Para iso propoñémosche

    Crea! PORTACANDEAS/PALMAS DE RAMOS/ TORRADAS

    • PORTACANDEAS/XARRÓN: buscaremos pola casa un vaso de plástico o outro recipiente que sexa transparente. De seguido colleremos tres anacos pequenos de papel e cada un fará o seu propio debuxo, unha vez que este rematado e pintado o recortaremos e con celo ou pegamento o pegaremos ao redor do noso recipiente que quedará convertido nun portacandeas ou bonito xarrón. Nós o decoramos cun coronavirus pero podedes elixir outra imaxe que prefirades.

     

      

    Unha vez que xa o temos decorado ao noso gusto podemos introducir unha vela (pode ser a pilas se temos) no seu interior, ou usalo como xarrón para colocar a palma de Ramos que imos a realizar a continuación.

     

    • PALMA DE RAMOS:E unha vez feita a nosa palma ou ramiño para este Domingo de Ramos, podemos preparar unha sobremesa doce para degustar en familia. Unhas ricas torradas! Seguro que na vosa casa tedes a vosa receita particular pero aquí vos deixo unha coa que saen moi boas e que se fan deseguida. Bótalle un ollo a estes videos para ver como se fai unha palma de ramos:

    1. https://www.youtube.com/watch?v=XaPzqzcD4Y8 
    2. https://www.youtube.com/watch?v=40uWbwcX06w

     

     

     

    • TORRADAS: Para unhas 6 persoas (se sodes menos dividide as cantidades ou tocaredes a máis! Jiji) necesitaredes:pan do día anterior,  ½ l de leite, 2 ovos, aceite de oliva, 100 g de azucre en pó, canela. Primeiro quéntase o leite co azucre. Vértese a mestura quente nun prato e empápase nela o pan en rebandas sen que se desfaga. Póñense as rebandas nun prato para que escorran. Mentres bátense os ovos. Pásanse as rebandas de pan polos ovos batidos e frítense ata que queden douradas por ambos lados. Bótaselles por riba canela e azucre ao gusto. Pódense comer frías ou quentes.      

    Descripción: Cocinar con niños : Torrijas riquísimas 

    Respira! DOMINGO DE RAMOS

    Agora temos o ambiente perfecto para xuntarnos en familia e ler xuntos o evanxeo de Xoan 12, 12-18:

    Entrada triunfal en Xerusalén:

    Ó outro día, a xente que viñera á festa, oíndo que Xesús viña a Xerusalén, apañóu ramas das palmeiras e saíulle ó encontro exclamando:

    Hosanna! Bendito o que vén no nome do Señor, o Rei de Israel!

    Xesús atopou un burriño, e montou nel, conforme está escrito: Non temas, filla de Sión, mira que vén o teu rei, montado nun burriño. Ó comenzo os seus discípulos non comprenderon estas cousas; pero cando Xesús foi glorificado, entón lembráronse de que estaban escritas del e que así llas fixeron. As persoas que estaban con el cando mandara a Lázaro saír da sepultura e o resucitara de entre os mortos, daban público testemuño.

    Podemos ver unha versión de debuxos animados: https://www.youtube.com/watch?v=4bFkYP6ZbnI

    Nun breve tempo de silencio, con música suave de fondo (por exemplo: https://www.youtube.com/watch?v=octnJgXGmbU&t=738s) pensamos que é o que queremos aprender de Xesús nestes días: a súa humildade, a súa valentía, a súa integridade e coherencia, o seu amor ata o extremo…

    E rematamos xuntas/os rezando o NOSO PAI.

    Podedes enviarnos fotos do que fagades ao correo ou RRSS de Amencer ou da Federación de Centros Xuvenís Don Bosco de Galicia.

     

    Bo día a todas/os!

     

     

    SÁBADO 4 DE ABRIL

    Móvete! PARCHÍS EN MOVEMENTO

    Propoñémosvos dous xogos de mesa convertidos en xogos de probas, podedes cambiar as probas ao gusto, ou incluso poñerlle retos aos contrincantes.

     

    A Oca, por se sodes menos membros en casa ou o parchís!

     

    Crea! ROTULAR CAMISETAS

    Seguramente teñamos algunha peza de roupa que non usamos, pois nesta cuarentena imos decorala tentando darlle unha nova vida útil.

    Para elo precisaremos papel de forno, unha plancha, e as virutas de afilar as pinturas de cera. O resto dos pasos os podedes ver no seguinte vídeo

     

    Respira!  iDiots

     

    Unhas curtametraxe coa que pararse a pensar sobre o noso uso das redes e das novas tecnoloxías.

     

    https://vimeo.com/79695097

     

     

    VENRES 3 DE ABRIL

    Móvete! ZUMBA KIDS

    Estes días precisamos manter o corpo activo, por iso deixámosvos unha proposta do máis divertida con algunhas clases dirixidas de Zumba para nenos/as:
    I like to move it: https://www.youtube.com/watch?v=ymigWt5TOV8
    Electronic Song – Minions: https://www.youtube.com/watch?v=FP0wgVhUC9w
    Uptown: https://www.youtube.com/watch?v=PbDE474X07o
    Gangnam Style: https://www.youtube.com/watch?v=9fgA6TJ5VHY

    Crea! CIENCIA DIVERTIDA

    Mensaxes secretas

    Materiais:

    • Limón
    • Papel
    • Pincel limpo o bastonciño de algodón
    • Lámpada de escritorio ou candea

    Procedemento:

    • Espremer o limón e colocar o zume nun recipiente pequeno, esta será a nosa tinta invisible.
    • Mollar o pincel ou bastonciño de algodón no zume de limón, e comezar a escribir sobre a folla de papel en branco.
    • Unha vez feito, deixar que seque.
    • Para ler a mensaxe oculta, só terás que aplicar calor sobre o papel. Achegar o papel á lámpada ou á candea para poder quecelo. A calor fará que a mensaxe escureza , permitindo ler o que escribimos!

    Choiva

    Materiais:

    • Escuma de afeitar ou escuma para o cabelo
    • Vaso
    • Auga
    • Colorante alimenticio ou acuarela líquida
    • Culler pequena

    Procedemento:

    • Encher ¾ do vaso con auga da billa.
    • Usa a espuma para crear unha nube na superficie da auga, deixar repousar un par de minutos.
    • Engadir varias gotas de colorante alimenticio enriba das nubes de escuma. A medida que a nube pesa máis polo colorante, observarás como cae a auga creando un efecto similar a chuvia.

     

    Arco da vella

    Materiais:

    • Vaso con auga
    • Espello
    • Cuarto escuro
    • Lanterna

    Procedemento:

    • Coloca o vaso de auga sobre unha mesa e coloca o espello no seu interior coa parte interior en ángulo.
    • Asegúrate de que o cuarto quede totalmente a escuras, pecha cortinas,persianas, portas..
    • Colle a lanterna e dirixe a luz ao espello que está no vaso. Observa como aparece un arco da vella!

     

    Se queres facer outros experimentos, bótalle un ollo a este enlace:  https://arbolabc.com/experimentos-caseros-para-ni%C3%B1os

     

    Respira! Só respira

    É difícil expresar as emocións a calquera idade. E, é un desafío aínda maior descubrir por primeira vez que e como é o que estamos a sentir cando temos pena ou rabia. É por isto que Julie Bayer Salzman e Josh Salzman nomearon a esta curtametraxe de só 4 minutos como «Só Respira».

    Ambos crearon este vídeo porque se inspiraron nunha conversación que escoitaron do seu fillo de 5 anos. O pequeno estaba a falar cun amigo e contáballe como as súas emocións afectaban diferentes partes do seu cerebro e como había que acougarse a través de simples respiros.

    Exercitar o noso cerebro e saber porlle palabras e expresión ás nosas emocións axúdanos a desenvolvernos e a ter éxito na nosa vida. O vídeo móstranos como traducir as nosas emocións a palabras é unha parte vital da súa comprensión dado que as palabras conéctanse cos sentimentos en si mesmos.

    Propómosche que entres na web que che enviamos na ligazón: https://www.youtube.com/watch?v=WRnfqtpjkNg

     

     

    XOVES 2 DE ABRIL

    Móvete! SIGUE AS CORES

    Este é un xogo moi sinxelo no que tan só necesitas dous folios en blanco, e algúns de cores diferentes.

    É unha competición de un/ha contra outro/a no que hay que repetir a secuencia ao más estilo ‘Simon’.

    No vídeo podedes ver unha mostra dos xogo:

    https://www.facebook.com/watch/?v=1488790651330885

     

    Crea! DEBUXA SOMBRAS

     

    Aproveitando que de vez en cando Lorenzo fainos unha visitiña, podemos facer esta bonita manualidade, tan só temos que coller os nosos xoguetes favoritos e poñelos de perfil ao sol sobre un papel, e así poderemos dibuxar a súa sombra.

     

    Esperamos ver os vosos debuxos!

     

    Respira! ALGO QUE CONTAR

    Recomendámosvos a páxina: https://aulasgalegas.org/, un portal educativo feito por docentes para axudar nesta situación de illamento, onde podedes encontrar infinidade de materiais para traballar cas crianzas.

    Alí encontramos un conto chamado: A toupiña que quería saber quen lle fixera aquilo na cabeza.

    https://aulasgalegas.org/a-toupina/

    Está adaptado con pictogramas e elaborado polo CEIP Plurilingüe “Anxo da Garda” de A Coruña.

    Disfrutádeo!

     

     

     

    MÉRCORES 1 DE ABRIL

    Móvete! XOGO DE EQUILIBRIO

    Materiais precisos:

    • Folios, rotus ou lápices de cores e cinta adhesiva.

    • Opcional: pintura de dedos.

    Imos facer un percorrido coas siluetas das nosas mans e os nosos pes, que logo teremos que seguir.

    Para poder facer as siluetas, temos varias opcións:

    1. Debuxar e colorear as siluetas dun pé esquerdo, un pé dereito, unha man esquerda e unha man dereita. Una silueta por folio.

    2. Pintar as siluetas con pintura de dedos (ou con calquera tipo de pintura que teñamos dispoñible na casa). Pintamos as nosas palmas das mans e as plantas dos pés con pintura de dedos, e ímolas marcando en distintos folios.

    Para xogar, facemos 10 filas horizontales, e en cada fila haberá 3 folios de siluetas distintas. Cada fila indica a forma na cal debemos percorrer ese camiño.Si na primeira fila hai un pé esquerdo, unha man dereita e unha man esquerda, así temos que colocarnos, e así sucesivamente.

    Olla neste enlace un exemplo

     

    Crea! LABIRINTO DE CARTÓN

    Materiais:

    • Caixa de cartón ( de zapatos ou similar)

    • Pallas de diferentes cores

    • Dados (opcional)

    • Tubos de papel higiénico

    • Pegamento forte

    • Bóla pequena (canicas, bóla de papel de aluminio, etc..)

    A tapa dunha caixa de zapatos pintada dunha divertida cor pode constituír a base para facer este labirinto. Toma unhas pajitas de diferentes cores e algúns elementos reciclados. Podes usar, dados ou anacos de construción cadrados e rectangulares. Pega todas as pezas seguindo un labirinto que terá que completar unha pequena bóla no menor tempo posible. Para facilitar a construción do labirinto, podes debuxalo antes no fondo da caixa, e así despois só terás que pegar as pezas, encima do modelo debuxado.

     

    Respira! ALIKE

    Hoxe propoñémosvos que vexades a seguinte curtometraxe sobre a importancia da imaxinación e a creatividade, non só dos nenos e nenas, senón tamén dos adultos.

    https://www.youtube.com/watch?v=kQjtK32mGJQ&t=186s

     

    Por que toda a xente da cidade é gris? Que fai diferente ao protagonista? Por que cremos que o neno perde a súa cor? Como a pode manter? 

     

     

    MARTES 31 DE MARZO

    Móvete! MÍMICA

    Que tal se vos dan os xestos? Pois imos a practicar:

    • Notas o que escribo?: Xogade por parellas (se sodes impares facede turnos). Unha persoa escribiralle á outra na espalda co dedo  primeiro unha letra, despois unha palabra, ata facer un debuxo se queredes… e terá que adiviñar. Coidado coas cóxegas! Podedes provocar un ataque de risa!
    • Palabras no aire: Alguén escribirá unha palabra no aire co dedo e as/os demáis terán que averiguala. Quen acerte gaña un punto, podedes facer un taboleiro para ir anotando as puntuacións. Se queredes complicalo un pouco podedes escribir frases completas, como “eu quedo na casa”; ou tamén, escribilas con outras partes do corpo… como o cóbado ou o traseiro! Seguro que resulta divertido!
    • Palabras a cegas: Alguén terá que vendar os ollos. Outra persoa, colléndolle a man, escribirá nun papel unha palabra, ou fará un debuxo para que quen ten os ollos vendados adiviñe.
    • Xogo das películas: Este é un xogo clásico onde alguén fai mímica (sen falar e sen sons) para representar algunha película e os demáis teñen que adiviñala. Pero non por ser clásico deixa de ser un xogo divertido e que nos fará pasar un bo rato, ademáis de coñecer se estamos postos ao día no que a cine se refire.

    Crea! MAXIA

    Gústavos a maxia? Pois aquí atoparedes algún espectáculo que vos pode interesar:

    Coñecestes a alguén? Verdade que sí?

    Pero mellor aínda, gustaríavos ser vós as/os magas/os por un día? Pois imos a aprender uns truquiños con cousas que atoparedes pola casa:

     

    Respira! - CONTO DO ALFAREIRO

    Nestes días xuntaránsenos moitas emocións e ás veces sentirémonos abrumadas/os pero imos a tratar de pensar que somos capaces de máis do que pensamos. Ás veces, as persoas non podemos soas (como nesta ocasión) pero apoiados polas persoas que nos queren: a familia, as/os amigas/os, as/os animadoras/os… ás veces por persoas que nin nos coñecen pero traballan polo ben de todas/os: persoal sanitario, persoal de supermercados, persoal de limpeza... e, por suposto, por Deus que nos acompaña sempre, seremos capaces de superar os obstáculos que nos parecían insalvables.

     

     

    LUNS 30 DE MARZO

    Móvete! TWISTER

    O Twister é un xogo divertido que seguramente todo o mundo coñece. Consiste en colocar unha especie de alfombra de plástico con círculos de cores. Logo hai que realizar un lanzamento para que unha frecha indíquenos a cor que habemos de pisar e debemos pór un dos membros sobre un círculo desa tonalidade.

    Para facer un Twister caseiro pode botarlle unha ollada a este vídeo

    Crea! XOGOS DE PAPEL E LAPIS

    Porque non sempre temos todos vos recursos que nos gustarían e nalgúns casos non somos tantas persoas en casa como para facer grandes xogos.

    Aínda que nesta ligazón atoparedes unha morea de ideas as nosas propostas son as seguintes:

    • BOMBA VAI!!! ( NAVECITAS )

    Un destes xogos que lembro da miña infancia como moi divertido, xógase entre dúas persoas e temos que coller unha folla en branco e dividila pola metade trazaremos unha linea para dividir o campo de batalla, cada unha das metades os xogadores debuxasen as súas naves ou barcos usando diferentes símbolos ou cores. Pódense debuxar tantas como queiramos pero con 10 sera mais que suficiente.

    Unha vez debuxamos o campo de batalla toca a diversión, trátase de lanzar bombas desde a nosa zona de batalla á zona do outro xogador. Neste xogo practicaremos a vision espacial e trataremos de calcular a traxectoria da bomba. Debuxaremos un punto ben marcado na nosa zona como vos mostramos na imaxe, tratando de calcular a distancia á que se atopa a nave do noso adversario.

    Agora só fáltanos saber se calculamos ben e dobramos a folla de tal maneira que se marcamos ben a nosa bomba quedase unha pequena marca no anverso da folla, neste momento marcaremos outra vez con boli fortemente para que sobre pase e marque o campo de xogo do inimigo. O que se logra con isto é transferir parte da tinta na bomba, dunha cara do papel á outra. É dicir, do teu campo de batalla ao do teu adversario.Se o fixemos ben e a nosa bomba toca unha das naves do adversario, afundímoslle a nave ou barco.

    Se acerta a bomba, tes a vantaxe de que che volve a tocar, se fallas, tocáselle a quenda ao seguinte xogador e así xogaremos ata que un dos dous perda todas as súas naves. Seguro que moitos de nós lembramos este xogo. Ides gozar moitísimo.

     

    • CARREIRA DE BOLIS

     

    Este é un xogo moi sinxelo pero á vez moi divertido. Sobre un papel en branco debuxaremos un circuíto cunha saída e un final, o ideal é que teña grandes curvas e algúns tramos rectos, pero o divertido son as curvas e sobre todo se son pechadas, podemos debuxar tramos mais estreitos ou mais anchos, pero as risas están aseguradas. Xogásese por quendas e como sempre o ideal é ter dúas bolis de diferente cor pero poderemos arreglarnoslas cun só boli ademas o bo é que podemos xogar todos os que queiramos.

    Para xogar poremos o boli totalmente vertical e cun dedo sobre a parte superior do boli como vos mostramos na imaxe deixamos deslizar o boli, de tal maneira que debuxase un trazo sobre o papel, iso sera todo o que a percorrido o noso «bólido» na nosa quenda, pomos un punto sinalando onde chegamos para na seguinte quenda lanzar o noso boli desde ese punto , despois farán o mimos os demais xogadores. Se algún xogador sáese do circuíto ponse un punto xusto onde se salio para que empezo desde aí na seguinte quenda. Gañase o primeiro que chegue á meta.

     

     

     

    • O OSO

     

    Un xogo moi divertido e sinxelo de explicar, o ideal é xogalo nun papel con cuadriculas, aínda que se non temos un sempre podemos debuxalas nós. Normalmente é para dous xogadores aínda que se somos mais pódese xogar tamén. O obxectivo é formar a palabra ouso, para iso por quendas cada xogador porá na cuadricula unha S ou unha Ou indistintamente tentando que o contrario non consiga escribir a palabra ouso pero tentando escribila o. Quen forme unha palabra táchaa e pon a seguinte letra, así até completar a cuadricula. Gañase quen mais palabras completase. É ideal para este xogo tamén dúas cores de bolis, pero se non temos seguro que nos podemos arranxar.

    Respira! RELAXACIÓN

    Cando algo nos sae mal ou temos un conflito, vos músculos ténsanse sen darnos conta, isto fainos sentir incómodos e incómodas, conseguir baixar esa tensión cando estás nervioso/a ou enfadado/a sentiraste mellor.  Aquí ofrecémoste algunhas ideas.

     

    DOMINGO 29 DE MARZO

     

    Móvete! CATAPULTA

    Para xogar só precisaremos dúas bolsas para o lixo, unha caixa e varias bolas de plástico que non pesen moito (se non tedes en casa, podedes facelas co papel do xornal)

    Para xogar será preciso que cada xogador conte cunha  bolsa de lixo chea de aire e unhas 10 bólas para lanzar. Unha vez conseguido, colocaremos a caixa no centro e cos xogadores colocados aos lados desta, xa estará todo listo para comezar.

    Poderedes facer moitas variantes: dende modificar  o tamaño da caixa ou a distancia entre as bolsas e a caixa para que sexa máis complicado encestar.

    Preparados para o partido?

     

    https://www.facebook.com/edf.prof.marcos/videos/vb.164058814192261/509831799708176/?type=2&theater

     

    Crea! SMOTHIE

    Para hoxe queremos propoñervos facer algo moi doce. Que vos parece se para merendar, preparamos Smothies para todos?

    Ingredientes:

    • 2 vasos de leite
    • 2 iogures naturais ou de amorodos
    • 200 gramos de amorodos
    • Azucre (Opcional)
    • Xeo (Opcional)

    Elaboración:

    1. Unha vez que quitamos a parte de arriba, lavamos ben os amorodos con auga baixo a billa.
    2. Xa limpos, botámolos no vaso da batidora, xunto co leite e os iogures, e trituramos ben.
    3. Unha vez feito, probar por se queredes engadir algo de azucre.
    4. Se queremos que o noso smothie quede ben frío, podemos engadir xeo picado a mestura.
    5. Para rematar servirémolo nun vaso e xa estamos listos para merendar!

     Se queres facer smothies doutros sabores, aquí vos deixamos algunha receita máis.

    RESPIRA! THE LOST THING

    Xa case non nos acordamos de como era a nosa vida antes de pasar este gran desastre.

    Hai unhas semanas, a nosa vida estaba marcada polo reloxo: todos os días realizabamos moitas actividades e moitas veces indo rápido e sen descanso dun sitio para outro.

    The lost Thing é unha preciosa historia que é toda unha chamada de atención sobre o noso estilo de vida, sobre a maneira que temos de encerrarnos en nós mesmos e esquecernos do que sucede ao noso ao redor. Estamos tan ocupados coa nosa vida que moitas veces non vemos que ocorre á xente que nos rodea, os seus problemas, as súas dificultades…

    Toda unha lección a que nos dá este mozo que recollendo tapóns de botella na praia  descobre unha criatura de aspecto estraño que parece estar perdida. Cando tenta saber a quen pertence, comeza o problema pois a ninguén máis lle interesa. Ninguén está disposto a axudar, ninguén está disposto a prestar atención a esa inesperada interrupción nas súas vidas.

     

    Como acaba a historia? Moito mellor se a vedes

     

     

     

    SÁBADO 28 DE MARZO

    Móvete! BAILES MAL

    Non hai mellor forma de comezar o día que con un baile, e máis se é un baile feito con amor para que os/as máis pequenos da casa disfruten, porque bailar mal é moi importante.

     

    Crea! MASA PARA MODELAR

    Masa para moldear de fariña e sal.

    Para a masa utilizaremos dúas proporcións de fariña e unha de sal segundo a cantidade que quixeramos facer. Por exemplo: dúas tazas de fariña, unha de sal, ou catro tazas de fariña e dúas de sal.

    Mezclamos ben e iremos botando auga ata que quede unha masa ben maleable. Pódese meter na nevera media horiña para que quede máis dura e se moldee mejor.

    Podedes ver en este vídeo como se fai: https://www.youtube.com/watch?v=J8ult3Ylulg

    Logo de facer as figuras, métense no forno uns minutos a 180 grados, e tras deixalo enfríar xa se pode pintar.  


    Respira! XOGO DAS EMOCIÓNS

    Materiais: Reproductor de música (altavoz, speaker, similares...), cores e folios

    Desenrolo: Repártense os folios e as cores entre os/as participantes, e contámoslles que imos poñer distintas cancións, e elas e eles deben de representar ou debuxar as sensacións que lles producen os sons. O ideal sería un debuxo ou representación por son; os sons teñen que ser de distinto estilo, tonalidade, ritmo, para que as sensacións sexan distintas. Ao rematar cada son/debuxo, podemos animar a que describan o debuxo e as sensacións producidas. É recomendable rematar cun son alegre.

    Posibles sons:

     

     

    VENRES 27 DE MARZO

    Móvete! IMPROVISA

    A continuación ímosvos propoñer unha serie de personaxes. Ademais, imos propoñer diferentes situacións que serán as que teredes que interpretar. Tamén haberá unha lista de acentos cos que falar e outra lista de palabras que haberá que dicir.

    • O xogo consiste no seguinte: escribiremos os diferentes acentos en papeliños que dobraremos e meteremos nun recipiente. Faremos o mesmo coas palabras.
    • Cada un dos participantes escollerá unha personaxe. Tamén escolleremos unha situación.
    PERSONAXES SITUACIÓN
    Princesa/Príncipe Alguén se colou no castelo
    Rei/Raiña A princesa quere casar co vagabundo
    Vagabundo/a É o aniversario do rei
    Can falador A princesa suspendeu matemáticas
    Soldado As personaxes van explorar novos territorios montados a cabalo

    *As situacións pódense adaptar ás personaxes tanto en número como en xénero.

    • Os acentos que se porán no recipiente poden ser os seguintes: inglés, latino, andaluz, francés, italiano. Podedes engadir os que queirades.
    • No medio da representación, de vez en cando sacaremos un papeliño do recipiente das palabras. Teremos que integrar as palabras que saquemos na nosa interpretación. As palabras serán as seguintes: cocodrilo, tarta de chocolate, dominó, coroa, cociñeiro, Dora a Exploradora, rotulador azul, película, espaguetis, ra, almofada, gafas, guitarra, teatro, presidente, madeira, correo electrónico, espello, mazá, festa, historia, cepillo de dentes, ornitorrinco, tocadiscos, Leo Messi.

    Crea! MACETA

    Hoxe queremos facer a nosa propia maceta reciclada na que poder xerminar unha planta. O noso obxectivo é facer algo así:

    Para o que precisaríamos unha botella de plástico, tapóns, e un rotulador permanente.

    Outras opcións serían:

    • Para estas dúas opcións precisariamos ter óleo en tubos para pintar as botellas, ou pintura en spray. Non obstante, é recomendable que a botella non estea moi pintada xa que desta maneira á nosa pranta non lle dará tanto o sol. 
    • Unha vez teñamos a nosa maceta preparada, pasaremos a plantar a nosa semente, para elo, precisaremos de lentellas ou fabas e de algodón. Poremos un anaco de algodón humedecido na maceta e meteremos as nosas sementes.
    • Cómpre que estean preto dunha ventana para que lles dea o sol polo día. En cuestión de un par de días, a nosa planta comezará a dar raíz.
    • Pasada unha semana, a nosa planta xa estará lista para pasar a terra.
    • Podemos aproveitar estos días na casa para observar como a nosa planta vai crecendo.
    Aquí podemos ver un vídeo de como ten que ir crecendo a planta.


    Respira! Ioga

    Hoxe querémosvos propoñer que vos relaxedes en familia tratando de facer as posturas de ioga propostas no seguinte vídeo.

     

     

    XOVES 26 DE MARZO

    Móvete! XINCANA

    Para comezar propoñémosvos unha actividade en movemento que se pode adaptar aos espazos de cada casa. Aquí vos deixamos un listado de posibles obstáculos adaptables á idade e un video onde podedes ver un exemplo de cada un deles:

    • Latas a gatas e volta facendo eses (“S”).
    • Saltar a ponte e pasar por debaixo dela (que será unha persoa adulta a que vaia facendo de ponte, facendo flexións).
    • Meter xoguetes cos pes na súa caixa.
    • Alternativa a saltar á comba,saltar o pao da escoba (outra persoa o movera de dereita a esquerda).
    • Encestar bolas de papel facéndolle un burato á tapa dunha caixa de zapatos, á que lle debuxaremos unha boca.
    • Tragabolas: cuns vasos de plástico intentar cazar o maior número de pelotiñas.
    • Nunha superficie inclinada deixar rodar seguido obxectos e intentar cazar cun cubo o máximo número deles.
    • Colocar unha cinta adhesiva (fixo) entre os marcos dunha porta e intentar pegar o máximo número de obxectos (cousas que non pesen moito, incluso papeis ou cartonciños) no menor tempo posible. A altura do fixo terá que ser o suficiente como para que haxa que dar un saltiño para chegarlle.
    • Pescar gomas do pelo nunha tina chea de auga cun pauciño (lápis, pincel, tenedor, etc.)
    • Mantear unha bola entre 2 persoas sen que caia, empregando unha toalla o unha saba.

    Deixamos o enlace no que se poden ver as actividades e outras moitas máis.

     

    Crea! ORGANIZADOR CON PINZAS

    Collemos un anaco de cartón do tamaño que queiramos e lle damos forma redonda (cunhas tesoiras ou cuter, axudados dun plato como guía).

    Cun lápis e regra dividimos o círculo en 8 partes como anacos de tarta (primeiro facendo unha cruz e logo un aspa). No medio (onde se cruzan as liñas) faremos un burato coa mesma chincheta que empregaremos para amarrar as frechas que indican:

    • O momento (mañá, mediodía, tarde, noitiña, noite) e a tarefa, podemos cambiar o contido do círculo ao gusto e necesidades de cada familia.
    • Día da semana actual
    • 2 ocos máis: na imaxe aparecen “ o día anterior” e a “ climatoloxía do día”; pero podemos deixar ese oco para outras cousas que queiramos engadir.
    Nas pinzas irán escritas:
    • Tarefas cotiás (lavar os dentes, poñer a mesa, irse a durmir, tempo de xogo, comer, recoller, facer tarefas escolares, ler, merendar, etc.)
    • Os días de semana
    • Ou outras opcións
    Para as frechas, poderemos empregar o material que teñamos a man (folio, cartolina, cartón, goma eva, etc.) dándolle forma.
    Xa só nos queda decorar ao noso gusto cos materiais que dispoñamos (bolígrafos, rotuladores, acuarelas, ceras, pintura de dedo, etc.)

    Respira! O CONTO DA FIGUEIRA

    Logo de activar o corpo e a mente, agora podedes descansar e escoitar este fermoso conto do Colectivo NOGA, “O conto da figueira” - Pelostortos (Pandemia de contos).
    Podédelo comentar en familia.


     

    Copyrigth © ASOCIACIÓN XUVENIL AMENCER, todolos dereitos reservados. | Certos contidos poden estar baixo "Copyrigth ®" ou ser "Marcas Rexistradas ™" dos seus títulares, queda terminantemente prohibido o uso dos contidos de esta páxina web sen o consentemento por escrito de. AVISO LEGAL

    Powered by ciolet.com - Producto baixpo licencia "Orixinal" ofrecida por CIOLET SYSTEMS A.N.T. SLU