30 anos



  • Noticias

    Páxinas: 1 2 3 4 5
    O vindeiro sábado 17 rematamos as actividades semanais coa Saída ao Aquapark en Cerceda. Saíremos ás 10.00 dos Salesianos para chegar ás 19.00h. Recorda inscribirte antes do xoves e sobretodo de traer bañador, toalla, chanclas, comida e roupa para cando rematemos. Agardámoste!

    Presentámosche a oferta ocio-educativa de campamentos que temos este verán en Amencer

    Este é o resumo dos campamentos dispoñibles:

    CaF (grande)


    Un ano máis temos o noso particular Camiño á Fama. Festival solidario onde poder participar bailando ou cantando e colaborar co Campamento Urbano. Será o vindeiro 27 de Maio a partir das 18.00h no Teatro do colexio Salesiano.

    Por décimo ano consecutivo pomos en marcha Tempos de Diversión, o Campamento Urbano de Semana Santa.  Estas actividades son gratuitas para rapaces de 6 a 14 anos os días 10, 11, 12 e 17 de abril. 

     

    Un ano máis dende Amencer pomos en marcha Mañás de Semana Santa. Esta actividade destinada para rapaces de 3º a 6º de infantil (3-5 anos) terá lugar os días 10, 11, 12 e 17 de Abril. Invitámosvos a todos a disfrutar desta nova experiencia de aprendizaxe no tempo libre.

    Festa do Pano

    Festa do Pano (pequeña)Un ano máis chega unha das actividades máis importantes que temos ao longo de todo o ano,a Festa do Pano. Os días 1 e 10 de Abril en Allariz reuniremonos os Grupos do itinerario para festexar que somos un itinerario e facer entrega dos símbolos dos grupos. O Domingo tamén convidamos aos pais a que suban a disfrutar connosco.

    Amencer 30 anos

    Amencer cumprimos 30 anos e queremos festexalo con todas e todos vos por iso temos un programa do máis completo:

    A tope na ponte

    Chega o Entroido e en Amencer estamos preparados para facer fronte a estas datas con moita xoldra! Anímate e participa do Entroido en Amencer #entroidoamencer

    Xa podes consultar todas as actividades e horarios!!

    Xuntanza de Catecumenado 2017

    O sábado 21 de xaneiro temos na cidade de A Coruña a nosa xuntanza de grupos xuvenís de Catecumenado (14-19 anos)

    Inscríbete no teu centro xuvenil para gozar deste día de compromiso e encontro.

    Un ano máis chega Xoán Bosco e a Festa Xuvenil, será o vindeiro 28 de xaneiro dende as 21.00 ata a 01.00. Se eres maior de 15 anos, contamos contigo.

    Descarga a autorización

    velada xoan bosco inf (pequeña)Xa estamos en Xaneiro, e como sempre este mes está cargado de festa e celebracións. O vindeiro 28 de xaneiro entre ás 11.00 e as 13.30h terá lugar a celebración da Festa Infantil de Xoán Bosco, unha velada artístico-musical na que os rapaces de Saltimbanquis, Andaina e ADS son os protagonistas. Remataremos cun pincho. Como sempre, estan convidados todos os familiares dos rapaces.

    Descarga aquí a autorización.

    Agardámosvos a todos!

    Presentamos as actividades que teremos para festexar o noso patrón, Xoan Bosco

    VIII Concurso Hipercurtos CONTOS

    Convidamos aos nosos escritores e escritoras a participar nun novo concurso de contos hipercurtos: pedimos textos de 175 palabras como máximo para dalos a coñecer o 17 do maio do 2017.

     

    Páxinas: 1 2 3 4 5


     

    Copyrigth © ASOCIACIÓN XUVENIL AMENCER, todolos dereitos reservados. | Certos contidos poden estar baixo "Copyrigth ®" ou ser "Marcas Rexistradas ™" dos seus títulares, queda terminantemente prohibido o uso dos contidos de esta páxina web sen o consentemento por escrito de. AVISO LEGAL

    Powered by ciolet.com - Producto baixpo licencia "Orixinal" ofrecida por CIOLET SYSTEMS A.N.T. SLU