http://www.amencer.org/rss/ Noticias actualizadas es-es (C) 2017-10-24T07:30:12+01:00 Noticias actualizadas Curso de Monitores de Tempo Libre http://www.amencer.org/noticia.php?n=81 Tue, 19 Sep 2017 12:00:00 GMT

Un ano máis dende Amencer e a Escola de Tempo Libre Don Bosco ofertamos o Curso de Monitor/a de Tempo Libre. Este ano a maiores e de maneira on-line ofrecemos xunto con este título o curso de manipulador de alimentos e de prevención de riscos no tempo libre grazas a colaboración da Federación Don Bosco Galicia. Preme para máis información.

]]>
http://www.amencer.org/noticia.php?n=81
Andaina Solidaria Campamento Urbano http://www.amencer.org/noticia.php?n=16 Tue, 08 Aug 2017 12:00:00 GMT Andaina Solidaria Cartel (pequeña)

A Asociación Xuvenil Amencer organiza por cuarto ano a "Andaina Solidaria Campamento Urbano" esta andaina terá lugar o vindeiro martes 8 de agosto a partir das 21.30h dende Salesianos e percorrera todo o paseo do Barbaña ao e o casco histórico da cidade de Ourense.

Esta andaina ten como finalidade gozar dunha tarde-noite en contacto coa natureza, gozando dos paseos da cidade e recadar fondos para os campamentos urbanos da cidade de Ourense que se realizan de xeito gratuíto dende hai xa 30 anos no mes de agosto. Esta cita pretende ser un encontro festivo e deportivo amateur, na que están invitados a participar ourensáns e ourensás de todas as idades.

 

 

 

]]>
http://www.amencer.org/noticia.php?n=16
Campamento Urbano 2017 http://www.amencer.org/noticia.php?n=54 Thu, 15 Jun 2017 12:00:00 GMT Una no máis, e xa van 30, pomos en marcha o Campamento Urbano "30 veráns xogando na cidade". O campamento terá lugar do 1 ao 11 de agosto en Ourense, horario de 10.30 a 13.30 pola mañá e de 16.30 a 19.30 pola tarde. É gratuíto e esta aberto a todos os rapaces, rapazas, mozos e mozas de 8 a 16 anos. Pouco a pouco iremos descubrindo máis novidades....

Xa podes descargar o tríptico con toda a información.

 

]]>
http://www.amencer.org/noticia.php?n=54
Saída a Aquapark http://www.amencer.org/noticia.php?n=25 Wed, 07 Jun 2017 12:00:00 GMT O vindeiro sábado 17 rematamos as actividades semanais coa Saída ao Aquapark en Cerceda. Saíremos ás 10.00 dos Salesianos para chegar ás 19.00h. Recorda inscribirte antes do xoves e sobretodo de traer bañador, toalla, chanclas, comida e roupa para cando rematemos. Agardámoste!]]> http://www.amencer.org/noticia.php?n=25 Campamentos de verán 2017 http://www.amencer.org/noticia.php?n=75 Mon, 24 Apr 2017 12:00:00 GMT Presentámosche a oferta ocio-educativa de campamentos que temos este verán en Amencer

Este é o resumo dos campamentos dispoñibles:

]]>
http://www.amencer.org/noticia.php?n=75
Camiño á Fama http://www.amencer.org/noticia.php?n=22 Thu, 20 Apr 2017 12:00:00 GMT CaF (grande)


Un ano máis temos o noso particular Camiño á Fama. Festival solidario onde poder participar bailando ou cantando e colaborar co Campamento Urbano. Será o vindeiro 27 de Maio a partir das 18.00h no Teatro do colexio Salesiano.

]]>
http://www.amencer.org/noticia.php?n=22
X Tempos de Diversión http://www.amencer.org/noticia.php?n=9 Tue, 21 Mar 2017 12:00:00 GMT Por décimo ano consecutivo pomos en marcha Tempos de Diversión, o Campamento Urbano de Semana Santa.  Estas actividades son gratuitas para rapaces de 6 a 14 anos os días 10, 11, 12 e 17 de abril. 

 

]]>
http://www.amencer.org/noticia.php?n=9
Mañás de Semana Santa http://www.amencer.org/noticia.php?n=8 Mon, 20 Mar 2017 12:00:00 GMT Un ano máis dende Amencer pomos en marcha Mañás de Semana Santa. Esta actividade destinada para rapaces de 3º a 6º de infantil (3-5 anos) terá lugar os días 10, 11, 12 e 17 de Abril. Invitámosvos a todos a disfrutar desta nova experiencia de aprendizaxe no tempo libre.

]]>
http://www.amencer.org/noticia.php?n=8
Festa do Pano http://www.amencer.org/noticia.php?n=12 Mon, 20 Mar 2017 12:00:00 GMT Festa do Pano (pequeña)Un ano máis chega unha das actividades máis importantes que temos ao longo de todo o ano,a Festa do Pano. Os días 1 e 10 de Abril en Allariz reuniremonos os Grupos do itinerario para festexar que somos un itinerario e facer entrega dos símbolos dos grupos. O Domingo tamén convidamos aos pais a que suban a disfrutar connosco.

]]>
http://www.amencer.org/noticia.php?n=12
Amencer 30 anos http://www.amencer.org/noticia.php?n=85 Mon, 27 Feb 2017 12:00:00 GMT Amencer cumprimos 30 anos e queremos festexalo con todas e todos vos por iso temos un programa do máis completo:

]]>
http://www.amencer.org/noticia.php?n=85
A tope na ponte http://www.amencer.org/noticia.php?n=48 Fri, 10 Feb 2017 12:00:00 GMT Chega o Entroido e en Amencer estamos preparados para facer fronte a estas datas con moita xoldra! Anímate e participa do Entroido en Amencer #entroidoamencer

Xa podes consultar todas as actividades e horarios!!

]]>
http://www.amencer.org/noticia.php?n=48
Xuntanza de Catecumenado 2017 http://www.amencer.org/noticia.php?n=84 Thu, 12 Jan 2017 12:00:00 GMT O sábado 21 de xaneiro temos na cidade de A Coruña a nosa xuntanza de grupos xuvenís de Catecumenado (14-19 anos)

Inscríbete no teu centro xuvenil para gozar deste día de compromiso e encontro.

]]>
http://www.amencer.org/noticia.php?n=84
Xoán Bosco Xuvenil en Amencer http://www.amencer.org/noticia.php?n=43 Wed, 11 Jan 2017 12:00:00 GMT Un ano máis chega Xoán Bosco e a Festa Xuvenil, será o vindeiro 28 de xaneiro dende as 21.00 ata a 01.00. Se eres maior de 15 anos, contamos contigo.

Descarga a autorización

]]>
http://www.amencer.org/noticia.php?n=43
Velada Xoán Bosco Infantil http://www.amencer.org/noticia.php?n=44 Wed, 11 Jan 2017 12:00:00 GMT velada xoan bosco inf (pequeña)Xa estamos en Xaneiro, e como sempre este mes está cargado de festa e celebracións. O vindeiro 28 de xaneiro entre ás 11.00 e as 13.30h terá lugar a celebración da Festa Infantil de Xoán Bosco, unha velada artístico-musical na que os rapaces de Saltimbanquis, Andaina e ADS son os protagonistas. Remataremos cun pincho. Como sempre, estan convidados todos os familiares dos rapaces.

Descarga aquí a autorización.

Agardámosvos a todos!

]]>
http://www.amencer.org/noticia.php?n=44
XOÁN BOSCO EN AMENCER http://www.amencer.org/noticia.php?n=45 Wed, 11 Jan 2017 12:00:00 GMT Presentamos as actividades que teremos para festexar o noso patrón, Xoan Bosco

]]>
http://www.amencer.org/noticia.php?n=45
VIII Concurso Hipercurtos CONTOS http://www.amencer.org/noticia.php?n=83 Wed, 11 Jan 2017 12:00:00 GMT Convidamos aos nosos escritores e escritoras a participar nun novo concurso de contos hipercurtos: pedimos textos de 175 palabras como máximo para dalos a coñecer o 17 do maio do 2017.

 

]]>
http://www.amencer.org/noticia.php?n=83
Nadal en Amencer http://www.amencer.org/noticia.php?n=71 Fri, 23 Dec 2016 12:00:00 GMT Nas vacacións escolares de Nadal, do 26 ao 30 de decembro e do 2 ao 4 de xaneiro, estaremos cheos de actividades abertas para todo aquel que queira participar. Aqui podes ver o resumo

]]>
http://www.amencer.org/noticia.php?n=71
A tope na ponte Constitución - Inmaculada http://www.amencer.org/noticia.php?n=69 Thu, 24 Nov 2016 12:00:00 GMT Como facemos en todas as "pontes" escolares, ofertamos actividades abertas a todo aquel que queira participar. Neste caso na ponte da Constitución - Inmaculada, do 2 ao 8 de decembro

]]>
http://www.amencer.org/noticia.php?n=69
Operación Quilo http://www.amencer.org/noticia.php?n=70 Thu, 24 Nov 2016 12:00:00 GMT Como tódolos anos por estas datas a OPERACIÓN QUILO. Xa son 30 anos ininterrompidos en que desde AMENCER se organiza esta campaña de solidariedade en Nadal. Realizámola en colaboración con Cáritas Diocesana de Ourense, que é a ONG que atende ás familias desfavorecidas de Ourense todo o ano.

]]>
http://www.amencer.org/noticia.php?n=70
Mañás de Nadal http://www.amencer.org/noticia.php?n=68 Wed, 23 Nov 2016 12:00:00 GMT Dende o 26 de decembro ao 5 de xaneiro teremos actividades para rapaces de 3 a 14 anos.Serán polas mañás de 10:00 a 13:30 h, con posibilidade de servizo de gardería antes e despois da actividade.

]]>
http://www.amencer.org/noticia.php?n=68
A tope na Ponte San Martiño http://www.amencer.org/noticia.php?n=66 Wed, 09 Nov 2016 12:00:00 GMT Durante a festividade do San Martiño teremos as nosas actividades abertas "A Tope na Ponte San Martiño". Aqui podes ver o listado e horario de actividades:

]]>
http://www.amencer.org/noticia.php?n=66
A tope na ponte Samain http://www.amencer.org/noticia.php?n=65 Mon, 24 Oct 2016 12:00:00 GMT Aqui podes ver as actividades que teremos nesta ponte

]]>
http://www.amencer.org/noticia.php?n=65
Inauguración Actividades Amencer http://www.amencer.org/noticia.php?n=36 Mon, 10 Oct 2016 12:00:00 GMT Inauguración Amencer (grande)Comezamos un novo curso en Amencer e este ano vai a ser moi especial, estamos de aniversario...30 anos!!!

 

 

]]>
http://www.amencer.org/noticia.php?n=36
Nova contratación http://www.amencer.org/noticia.php?n=82 Mon, 10 Oct 2016 12:00:00 GMT Comezamos o curso cunha boa nova. O programa de acollida, integración e atención socieducativa no tempo libre "Xangal" conta este ano cun novo apoio a través da figura dun monitor de tempo libre contratado durante 7 meses grazas a subvención da Conselleria de Traballo da XUnta de Galicia para a contratación de persoas desempregadas do programa de Garantía Xuvenil. Esta axuda está cofinanciada nun 91,8% polo Fondo Social Europeo e a Iniciativa de Emprego Xuvenil, a través do programa operativo de emprego xuvenil.

 

Vémonos neste ano de grandes actividades!!!

]]>
http://www.amencer.org/noticia.php?n=82
Asemblea Anual Amencer http://www.amencer.org/noticia.php?n=34 Mon, 12 Sep 2016 12:00:00 GMT Asemblea (pequeña)Estamos xa no inicio de un novo curso escolar e como todos os anos teremos a última fin de semana de setembro en Allariz a nosa Asemblea Anual de Programación. Os vindeiros 23 e 24 de setembro encontraremos para soñar, ilusionar e contruir este novo curso. Xa podes anotarte en Amencer ou a través deste enlace

]]>
http://www.amencer.org/noticia.php?n=34
Saídas e Chegadas Campamentos do 15 http://www.amencer.org/noticia.php?n=80 Mon, 11 Jul 2016 12:00:00 GMT O vindeiro venres día 15 de xullo saíran de Ourense:

-09.30: Saída ADS de Ourense e teñen que levar bocata para comer

-15.00: Saída ANDAINA de Ourense xa comidos

Chegadas:

-14.00: Chegada Iniciación e Catecumenado a Ourense.

 

]]>
http://www.amencer.org/noticia.php?n=80
AVISO MAÑÁS DE VERÁN PISCINA http://www.amencer.org/noticia.php?n=79 Tue, 05 Jul 2016 12:00:00 GMT AVISOS ÚLTIMA HORA MAÑÁS DE VERÁN:
Por mor das predicións meteorolóxicas de tormentas para mañá, saída programada a piscina pasa ao Venres 8, polo tanto Mañá non temos piscina en Mañás de Verán.

Infantil terá: Animación á lectura e xogos
Primaria: XIncana de Auga e cine.

Un saúdo
Graciñas!

]]>
http://www.amencer.org/noticia.php?n=79
Avisos Mañás de Verán http://www.amencer.org/noticia.php?n=78 Mon, 20 Jun 2016 12:00:00 GMT Xa podes acceder aos avisos de Mañás de Verán dende aquí

]]>
http://www.amencer.org/noticia.php?n=78
Reunión campamentos de verán http://www.amencer.org/noticia.php?n=76 Wed, 18 May 2016 12:00:00 GMT O próximo mércores 25 de maio teremos unha reunión informativa para as familias dos rapaces participantes en Saltimbanquis, Andaina, ADS e Grupos Xuvenís. Explicaremos os campamentos de verán onde van a participar os rapaces. Agardámoste!

]]>
http://www.amencer.org/noticia.php?n=76
Mañás de Verán http://www.amencer.org/noticia.php?n=74 Tue, 03 May 2016 12:00:00 GMT  

Descarga aquí a túa inscripcion 

 

Descarga aqui o teu diptico

]]>
http://www.amencer.org/noticia.php?n=74
Xuntanzas Itinerario http://www.amencer.org/noticia.php?n=17 Mon, 04 Apr 2016 12:00:00 GMT O próximo 9 de abril os rapaces dos grupos do itinerario viaxaran ata Vigo para ter a Xuntanza co resto de rapaces da mesma idade dos centros xuvenís de Lugo, Vigo e A Coruña.

Sairemos ás 9.30h da mañá dos Salesianos e regresaremos arredor das 19.15. Soamente pararemos en Ourense a recoller a xente que sube a festa do Pano e deixar a que soamente vai a Xuntanza. Recorda que tes que levar a comida. Descarga aqui a autorización

Agardámosvos!

]]>
http://www.amencer.org/noticia.php?n=17
Concerto Coral de Ruada http://www.amencer.org/noticia.php?n=19 Mon, 04 Apr 2016 12:00:00 GMT coral de ruada (pequeña)Por cuarto ano consecutivo Amencer en colaboración coa Coral de Ruada organiza un concerto solidario para o venres 22 de abril a partir das 20.30h no teatro dos Salesianos. Neste concerto poderemos desfrutar dunha actuación solidaria onde todo o recadado irá destinado aos Campamentos Urbanos 2016. A entrada son 3€ e poden mercarse en Amencer. Agardámoste.

]]>
http://www.amencer.org/noticia.php?n=19
A Tope na Ponte Semana Santa http://www.amencer.org/noticia.php?n=72 Tue, 01 Mar 2016 12:00:00 GMT Actividades abertas para toda a mocidade ourensá

]]>
http://www.amencer.org/noticia.php?n=72
Exposición pintura e debuxo http://www.amencer.org/noticia.php?n=73 Tue, 01 Mar 2016 12:00:00 GMT Do 10 ao 29 de marzo temos na Sala de exposicións "15 anos", a exposición de pintura e debuxo dos alumnos da Escola de Arte e Superior de Deseño de Ourense

]]>
http://www.amencer.org/noticia.php?n=73
Saída a Manzaneda http://www.amencer.org/noticia.php?n=50 Mon, 15 Feb 2016 12:00:00 GMT Este Sábado 20 de Febreiro tera lugar a Saída a Manzandea que realizamos todos os anos por estas datas. Nesta excursión aproveitaremos para convivir e xogar coa neve, gozano en familia desta posibilidade que se nos ofrece na nosa provincia. Agardamos contar con todos vós. Saímos ás 10.00h  e regresaremos arredor das 19.00h. Entrega a túa autorización en Amencer antes do mércores 17

DESCARGA AQUI A AUTORIZACIÓN

Esta é unha actividade aberta na que participaremos os rapaces de Saltimbanquis, Andaina, ADS, Catecumenado, e todo aquel que queira pasar este día con Amencer.

Tamén compartiremos o día cos nosos compañeiros de Abertal, de Vigo.


]]>
http://www.amencer.org/noticia.php?n=50
Entroido en Amencer http://www.amencer.org/noticia.php?n=49 Tue, 02 Feb 2016 12:00:00 GMT Preme para ver as actividades que temos estes días

]]>
http://www.amencer.org/noticia.php?n=49
Feira da música http://www.amencer.org/noticia.php?n=67 Tue, 10 Nov 2015 12:00:00 GMT Para festexar a patroa da música, Santa Cecía, organizamos actividades musicais dende o 13 ao 15 de novembro. Aqui podes ver as actividades previstas:

 

]]>
http://www.amencer.org/noticia.php?n=67
Tórneo Fútbol Sala Tódolos Santos http://www.amencer.org/noticia.php?n=64 Fri, 23 Oct 2015 12:00:00 GMT O vindeiro Luns 2 de novembro dende a comisión deportes organizase o Torneo de Fútbol Sala "Tódolos Santos 2015" Este torneo aberto a toda a cidade poden anotarse equipos ata o venres 30 de outubro ás 14.00h facendo un pago por insrición de 12€. Ás 18.00h da tarde do venres 30 terá lugar o sorteo na Sala Aberta. Para facer a inscrición é preciso pasar por Amencer.

]]>
http://www.amencer.org/noticia.php?n=64
Ourense Dance solidario http://www.amencer.org/noticia.php?n=57 Mon, 15 Jun 2015 12:00:00 GMT Ourense Dance solidario (pequeña)Como vimos facendo dende hai uns anos, dende Amencer colaboramos con Cadena 100 Ourense para recadar alimentos na festa do Ourense Dance solidario. Estes alimentos serán entregados á xente que o precisa na nosa cidade. Este ano o evento será o 20 de xuño ás 23:00 no xardín do Posío. Agardámoste con un quilo de legumes, que estaremos recollendo á entrada.

]]>
http://www.amencer.org/noticia.php?n=57
Cacharelas de San Xoán http://www.amencer.org/noticia.php?n=58 Mon, 15 Jun 2015 12:00:00 GMT O próximo martes 23 de xuño teremos a nosa festa das cacharelas de San Xoán. Será entre as 22:00 e as 00:30 h, e teremos churrasco e sardiñas para cear. Apúntate en Amencer se queres participar!

]]>
http://www.amencer.org/noticia.php?n=58
Proposta de colaboración http://www.amencer.org/noticia.php?n=59 Mon, 15 Jun 2015 12:00:00 GMT

A Asociación Xuvenil Amencer abriu as  prazas para as súa Campaña de Verán 2015. Para que estas actividades non supoñan gasto económico a nenos e nenas con menos recursos, a Asociación Xuvenil Amencer asume o custe íntegro da cota do campamento correspondente mediante a concesión de becas a cargo da campaña Ninguén sen campamento de verán.

 

 

 

]]>
http://www.amencer.org/noticia.php?n=59
AVISO CAMBIO SAÍDA FIN DE ACTIVIDADES http://www.amencer.org/noticia.php?n=56 Fri, 12 Jun 2015 12:00:00 GMT Por Cuestións meteorolóxicas, a saída ao Aquapark de Cerceda deste sábado 13 de xuño, será substituída por unha saída as piscinas de Monterrei (Ourense). O horario da actividade será de 11.00 a 17.00. Con comezo e remate nas instalacions do colexio salesianos.

Será preciso traer comida, merenda, bañador, toalla, chanclas e roupa para mudarse.

 

]]>
http://www.amencer.org/noticia.php?n=56
Reunión de Pais de Mañás de verán http://www.amencer.org/noticia.php?n=55 Thu, 11 Jun 2015 12:00:00 GMT Queridas Familias de Mañás de Verán:

O vindeiro Martes 16 ás 20.00h terá lugar a reunión de pais e nais de Mañás de Verán no Teatro dos Salesianos para poder informarvos do que se vai a facer este ano, solventar dúbidas e repartir os avisos para este 2015.

Tamén podedes descargar os avisos aquí.

Agardamos vervos.

]]>
http://www.amencer.org/noticia.php?n=55
Día Da Federación http://www.amencer.org/noticia.php?n=53 Sat, 09 May 2015 12:00:00 GMT

O vindeiro 10 de Maio terá lugar en Santiago de Compostela o Día da Federación, un momento de encontro de voluntarios e animadores dos centros xuvenís de Galicia, que aproveitaremos para compartir experiencias e gozar dun tempo xuntos. COmezamos ás 16.00h en Santiago e remataremos arredor das 20.00h.

]]>
http://www.amencer.org/noticia.php?n=53
Asemblea trimestral e convivencia http://www.amencer.org/noticia.php?n=52 Sat, 28 Mar 2015 12:00:00 GMT Este sábado 28 teremos a Asemblea Trimestral de Amencer pola mañá rematando cunha churrascada nar arboleda de monterrei. Anótate xa!

]]>
http://www.amencer.org/noticia.php?n=52
Noite Trisquel http://www.amencer.org/noticia.php?n=11 Thu, 12 Mar 2015 12:00:00 GMT Este xoves os rapaces de Buxaina, Andaina e ADS temos a nosa noite Trisquel  no colexio. Comezaremos o venres ás 22.00h e rematamos o sábado as 9.30h da mañá. Agardámoste nesta aventura que promentemos que vai a ter moitas sorpresas. Recordade que os rapaces de ADS comezan as 20.00h.

]]>
http://www.amencer.org/noticia.php?n=11
F.A.C II . e Convivencia de animadores http://www.amencer.org/noticia.php?n=51 Tue, 03 Mar 2015 12:00:00 GMT convivencia de educadores (pequeña)Chega Marzo e temos novas ofertas formativas. A fin de semana do 14 e 15 e este mes terán lugar en León unha nova edición de FAC 2 . Preme para ver máis información. ANÓTATE AQUÍ.

]]>
http://www.amencer.org/noticia.php?n=51
entroido infantil http://www.amencer.org/noticia.php?n=46 Wed, 04 Feb 2015 12:00:00 GMT Xa estamos en  entroido e como ven sendo habitual queremos festexalo con todos e todas vós. O vindeiro 6 de febreiro entre ás 11.00 e as 13.00h terá lugar a celebración da Festa Infantil do entroido.

Actividade Aberta a toda a cidade de Ourense na praza Maior, especialmente para os máis cativos na que descubriremos entroidos da provincia, actividades e todo con moita cor, música e ledicia. Completamente Gratuíta.

]]>
http://www.amencer.org/noticia.php?n=46
Entroido xuvenil http://www.amencer.org/noticia.php?n=47 Wed, 04 Feb 2015 12:00:00 GMT O vindeiro venres 5 de febreiro a partir das 22.30h da noite teremos a nosa propia festa de entroido para os máis mozos e mozas con: desfile de disfraces, concurso, premios, musica e moita moita festa! Aniímate a participar cos teus amigos facendo unha pequena comparsa!!

]]>
http://www.amencer.org/noticia.php?n=47
Amencer en Megaxove http://www.amencer.org/noticia.php?n=42 Mon, 01 Dec 2014 12:00:00 GMT Esta fin de semana terá lugar a feira da infancia e mocidade de Ourense, Megaxove, organizada por Expourense, e na cal estará presente Amencer e a Federación de Centros Xuvenís Don Bosco de Galicia a través dunha zona de xogos, un stand informativo e tamén coas campañas Operación Quilo e Boscomusic. Aproveitarase a ocasión, para presentar a campaña de Nadal 2014.

]]>
http://www.amencer.org/noticia.php?n=42
Operación Quilo 2014 http://www.amencer.org/noticia.php?n=41 Tue, 25 Nov 2014 12:00:00 GMT Dende hai xa 28 anos ven realizándose arredor das datas de Nadal a Operación Quilo. Esta campaña consiste na recollida de “quilos” de alimentos, ademais de xoguetes para as familias empobrecidas da nosa cidade. A ong “Cáritas” presente en tódolos barrios da nosa cidade fará o reparto de todo o que se recolla en AMENCER en días previos ao Nadal.

]]>
http://www.amencer.org/noticia.php?n=41
Asemblea de animadores e animadoras de grupos de itinerario de educación na fe no tempo libre http://www.amencer.org/noticia.php?n=40 Sun, 23 Nov 2014 12:00:00 GMT En torno a 20 animadores da Asociación Xuvenil AMENCER van participar nesta fin de semana do 29 e 30 de novembro, nun encontro formativo organizado pola Federación de Centros Xuvenís Don Bosco de Galicia e a Federación de Centros Juveniles Don Bosco de Castilla-León.

]]>
http://www.amencer.org/noticia.php?n=40
Asemblea Trisquel http://www.amencer.org/noticia.php?n=35 Sun, 28 Sep 2014 12:00:00 GMT Comezamos un novo curso e dentro do proceso organizarivo o vindeiro sábado 4 de outubro teremos a nosa Asemblea Trisquel, para os voluntarios e voluntarias dos grupos de itinerario. Agardámosvos nesta xornada que terá lugar en Ourense e que será un momento de formación, convivencia e programación. Para anotarte preme aquí.

]]>
http://www.amencer.org/noticia.php?n=35
Mañás Lúdico Deportivas http://www.amencer.org/noticia.php?n=28 Tue, 08 Jul 2014 12:00:00 GMT Un ano máis comezamos as Mañás Lúdico Deportivas. Este ano entre o 14 e o 18 de xullo ofrecémosche un campamento deportivo onde poderás facer valei ou baile moderno segundo escollas e gozar dunha experiencia de campamento as mañás desta semana.Para máis información podes pasar por Amencer.

]]>
http://www.amencer.org/noticia.php?n=28
Encontro Voluntari@s Campamento Urbano http://www.amencer.org/noticia.php?n=24 Sun, 08 Jun 2014 12:00:00 GMT De novo estamos a traballar no Campamento Urbano e queremos contar con todos os voluntarios e voluntarias de outros anos por iso vos convidamos a un encontro de voluntario este domingo 8 de xuño ás 18.00h na Aula Magna dos Salesianos. Veremos fotos de outros anos, presentaremos o C.U. 2014 e teremos un tempo de convivencia cunha pachanga, café e moitas máis actividades! Agardámoste

]]>
http://www.amencer.org/noticia.php?n=24
Presentación e Roteiro Alexandre Bóveda http://www.amencer.org/noticia.php?n=18 Mon, 28 Apr 2014 12:00:00 GMT O vindeiro venres ás 20.30 terá lugar a Presentación do caderniño "Recei Contigo", sobre a figura de Bóveda cristián, da Comisión Xalgarete no Liceo de Ourense e ás 22.00 comezaremos o Roteiro de Alexandre Bóveda na Rúa do Paseo (diante da antiga Ibense) percorrendo os lugarres destcados da vida do autor na cidade das Burgas e dinamizando os distintos espazos significativos para el.

]]>
http://www.amencer.org/noticia.php?n=18
Pascua Xuvenil en Cambados http://www.amencer.org/noticia.php?n=13 Sun, 06 Apr 2014 12:00:00 GMT Como todos os anos, para os mozos e mozas de 1º de catecumenado en diante ofrécese unha maneira diferente de pasar a Semana Santa en compañia con outros mozos das mesmas idades de toda a Inspectoría. Se queres participar infórmate en Amencer ou preguntalle ao teu animador de Catecumenado.

]]>
http://www.amencer.org/noticia.php?n=13