• As actividades de Mañás de Entroido realizaranse o luns 24 e o mércores 26 de febreiro dentro das instala-ción do colexio salesiano. O horario de mañá será desde ás 10:00h. ata ás 13:30h e terá un custo de 8€ ó día. Os destinatarios/as destas actividades poderán ser todos os rapaces e rapazas de 3 a 14 anos. Haberá 60 prazas de 4º a 6º de Educación Infantil e 48 prazas de 1º de Educación Primaria a 2º da ESO. O prazo de inscrición é ata cubrir prazas.

     

     

    Este ano continuaremos co servizo opcional de gardería, que teremos todos os días de 9:00h. a 10:00h. e que custará 1€/día a maiores do prezo da cota, como tamén o servizo de gardería especial de 13:30h. a 14:00h. (se houbese un número mínimo) cun custe adicional de 0,50 €/día.

    O pago pode realizarse de tres formas: en efectivo ou con tarxeta (nas nosas oficinas) ou ben por transferencia bancaria no seguinte número de conta ES12 2080 5261 1130 0001 1450 (ABANCA) . Unha cousa que queremos deixar clara desde a organización é que non queremos que ningún rapaz/a deixe de participar e gozar desta oportunidade só por motivos económicos. Por iso, se algunha familia se atopa nesta situación, que fale directamente co coordinador de Amencer, para buscar a mellor solución entre todos.

    Para máis información:
    WEB: www.amencer.org
    CORREO ELECTRÓNICO: amencer@amencer.org
    TELÉFONO: 988.218.123

    Podes descargar este díptico onde atoparás toda a información e a inscripción.


     

    Copyrigth © ASOCIACIÓN XUVENIL AMENCER, todolos dereitos reservados. | Certos contidos poden estar baixo "Copyrigth ®" ou ser "Marcas Rexistradas ™" dos seus títulares, queda terminantemente prohibido o uso dos contidos de esta páxina web sen o consentemento por escrito de. AVISO LEGAL

    Powered by ciolet.com - Producto baixpo licencia "Orixinal" ofrecida por CIOLET SYSTEMS A.N.T. SLU