• Tempo de troula

    tdt (pequeña)

     

    A Asociación Xuvenil Amencer vólvese pór en contacto convosco para anunciarvos a posta en marcha un ano máis da actividade para as tardes de xuño e setembro, Tempo de Troula. Dende o 10 ao 30 de setembro polas tardes para o entretemento de nenos e nenas de 3 a 12 anos. Prazas limitadas!

    Os obxectivos que nos marcamos con este proxecto son educar en valores a través do xogo, favorecer a creatividade dos vosos fillos/as, favorecer tamén a participación e o traballo en equipo. Outro dos nosos obxectivos é facilitarvos a conciliación da vosa vida laboral coa vosa vida familiar.

    A causa da situación que vivimos, tivemos que adaptar as nosas actividades a esta nova realidade, pero sen perder o noso estilo. Deste modo, e seguindo en todo momento as indicacións das autoridades sanitarias competentes, foi necesario reorganizar o noso habitual esquema para poder ofrecer actividades  con seguridade. As principais novidades son as seguintes:

    • Ampliación de espazos, promovendo as actividades ao aire libre.
    • Reforzo significativo e limpeza exhaustiva de materiais e instalacións empregados.
    • O pequeno grupo de convivencia será a base de toda actividade que se organice para evitar contactos masivos.
    • Incorpóranse novos hábitos como a entrada e saída gradual á actividade, inclusión da medición de temperatura e do lavado de mans nas actividades, declaración responsable da saúde dos participantes, grupos fixos, mampara na secretaria, utilización de xel, máscara obrigatoria e outros elementos sempre que sexa preciso nas actividades.
    • Seguimento diario de asistencia/ausencia coas familias.
    • Formación específica para monitores e dun xeito lúdico para rapaces/zas.
    • A secretaria coa inscrición será online, aínda que se facilite a quen o precise en formato papel.

     

    DATAS E HORARIOS:

    As actividades da VIII edición de Tempo de Troula Setembro realizaranse de luns a venres dende o primeiro día do curso escolar, o xoves 10 ata o mércores 30 de setembro. O horario será desde as 15:30h. ata as 17:30h. (dispoñibilidade de quedar antes das 15.30h ou quedar máis tempo das 17:30h, preguntar en Amencer)  nas instalacións da Asociación Xuvenil Amencer: Sala Aberta, Xangal…

    Os nenos e nenas que queden a comer no comedor do Colexio salesiano, poderemos recollelos ás 15h, para levalos directamente á actividade.

     

    DESTINATARIOS:

    Os destinatarios/as destas actividades poderán ser todos os nenos e nenas dende 4º de Infantil (3 anos), ata 6º de Primaria (incluídos) de calquer colexio de Ourense.

     

    PROGRAMACIÓN:

    As actividades que se levarán a cabo serán:

    tdt infantil (grande)

    tdt primaria (grande)

    INSCRICIÓNS:

    Os destinatarios/as destas actividades poderán ser todos os nenos e nenas dende 4º de Educación Infantil (3 anos) ata 6º de Educación Primaria, ambos inclusive.

    A cota que terá que pagar cada participante será de 25 euros por semana (5€ ó día). Os rapaces do ANPA de Salesianos terán 5€ de desconto a maiores sobre o total.

    É posible que non vos interese ou non poidades traer aos vosos fillos/as en toda á actividade, por iso dámosvos a opción de que participen por semanas independentes.

    As inscricións  realizaranse de forma online dende o mércores 12 de agosto, no enlace que aparece a continuación. En caso de dúbidas ou dificultade consultar en secretaría ben por correo electrónico ou por teléfono en horario de 9h a 14h.

    (pequeña)

    *O primeiro día de actividade será preciso que traiades asinado o modelo de aceptación de condicións de participación, obrigación de información e consentimento informado, para participar en actividades de ocio educativo xuvenil, que estará dispoñible na web no apartado Protocolos e outros documentos COVID.

     

    PREME AQUÍ PARA DESCARGAR PROTOCOLO COVID19 TEMPO DE TROULA

    PREME AQUÍ PARA DESCARGAR DECLARACIÓN RESPONSABLE DE TEMPO DE TROULA

     

     

     

    Estaremos a vosa total disposición a través do teléfono 988.218.123, por whastapp no 627.963.883 ou do correo electrónico amencer@amencer.org

     

     

     

     

     

    medidas covid19 (grande)

     

     


     

    Copyrigth © ASOCIACIÓN XUVENIL AMENCER, todolos dereitos reservados. | Certos contidos poden estar baixo "Copyrigth ®" ou ser "Marcas Rexistradas ™" dos seus títulares, queda terminantemente prohibido o uso dos contidos de esta páxina web sen o consentemento por escrito de. AVISO LEGAL

    Powered by ciolet.com - Producto baixpo licencia "Orixinal" ofrecida por CIOLET SYSTEMS A.N.T. SLU