Este proxecto solidario ten diversas accións estratéxicas coas que se pretende chegar a toda a cidadanía:
Como ven sendo habitual:
- Colocamos os CARROS NOS SUPERMERCADOS de Ourense para a recollida de alimentos. Lembramos que o ano pasado se colocaron 33 supermercados
- Repartimos PETOS nos distintos establecementos cidade, para a recollida de cartos, que logo se transforman íntegramente en alimentos. O ano pasado colocamos 267 petos
- Un ano máis, continuamos co reparto tamén de CAIXAS a recollida de alimentos en distintos establecementos e entidades da cidade que colaboran con nós.O ano pasado tivemos 66 puntos de recollida.
- Outro dos puntos fortes da campaña tamén son os EVENTOS DEPORTIVOS SOLIDARIOS, distintas entidades da cidade recollen quilos de alimentos xoguetes e diñeiro (que se converten en alimentos)
- Continuamos e reforzamos a campaña de PESO x QULOS que puxemos en marcha hai dous anos cos representantes dos partidos políticos e este ano abrimos a moitas máis persoas e representantes da cidade que doan o seu peso en quilos.
- Continuamos e reforzamos a campaña de LAZOS x QUILOS, esta campaña levada a cabo en colaboración coa asociación de perruquería e estética de Ourense ten lugar nas distintas perruquerías onde os clientes poderán adquirir un lazo solidario coa OQ de cor laranxa por 2€ a maiores do prezo do traballo que vaian a realizar.
-
Este ano contamos coa BÁSCULA VIAXEIRA, onde entidades e colectivos que se animen poderán recibir no seu local a bascula da Operación Quilo para que se poida pesar quen o desexe e doar en quilos de alimentos o seu peso. É a primeira vez que o facemos e invitamos a colectivos a comprometerse con este novo xesto.
Queremos recordar que o ano pasado nesta campaña da Operación Quilo recolleronse:
21.685 quilos de alimentos;
6.540 quilos de xoguetes.
20.100 quilos de roupa (que non se pediu).
Todo o diñeiro recollido (6.494,15€) inverteuse en alimentación.
Desde a Operación Quilo de AMENCER colaborouse con 16 Cáritas Parroquiais e dende elas atendéronse a 1.237 familias formadas por 3.281 persoas |