• Noticias

    Páxinas: 1 2 3 4 5
    Tempo de troula

    tdt (pequeña)

     

    A Asociación Xuvenil Amencer vólvese pór en contacto convosco para anunciarvos a posta en marcha un ano máis da actividade para as tardes de xuño e setembro, Tempo de Troula. Dende o 10 ao 30 de setembro polas tardes para o entretemento de nenos e nenas de 3 a 12 anos. Prazas limitadas!

    Alternativa ao campamento ADS

    LOGO ADS (pequeña)

     

    Este sábado 11 de xullo teremos a derradeira actividade de ADS deste curso. Esta data non foi escollida ao azar, seón porque a estas alturas estaríamos no campamento ADS en Cambados, e por iso queremos facer algo especial nesta fin de semana. Anímate a participar!

    Festa do Pano

    Festa do Pano2020 (pequeña)

     

    Un ano máis chega unha das actividades máis importantes que temos ao longo de todo o ano,a Festa do Pano! O próximo sábado 27 de xuño  reunirémonos os grupos de Saltimbanquis, Andaina e ADS para festexar que somos un itinerario e facer entrega dos símbolos dos grupos. Tamén convidamos as familias a que nos acompañen e a disfrutar connosco! 

    Cacharelas2020 (pequeña)

     

    O próximo martes 23 de xuño teremos a nosa festa das cacharelas de San Xoán. Será entre as 22:00 e as 00:00 h, e teremos churrasco e sardiñas para cear. Apúntate no seguinte formulario para participar!

    NESTE VERÁN MÁIS QUE NUNCA!

    mdvnUEVO (pequeña)

     

    A Asociación Xuvenil Amencer vólvese pór en contacto convosco para anunciarvos que xa podedes inscribir aos vosos/as fillos/as nas XV Mañás de Verán, un proxecto que nace co obxectivo  de educar dunha forma lúdica a través do xogo, ademais de facilitar á conciliación familiar-laboral.

    Comunicado oficial da cancelación dos campamentos de verán con pernocta do IEF (Saltimbanquis, Andaina, ADS e Catecumenado) 

    X Solidaria

    As entidades sociais estamos en primeira liña contra a epidemia e o seguiremos estando cando remate, apoiando ás persoas máis vulnerables e defendendo os seus dereitos; algo posible, en gran parte, porque cada vez máis persoas marcan a X Solidaria

    A campaña deste ano quere animar a tódalas persoas a encher os seus balcóns e xanelas con debuxos e mensaxes da #XSolidaria e compartilos nas redes socias.

    #EuQuedoNaCasa

    Animadores e animadoras contra o aburrimento: Unha proposta diaria de actividades para facer na casa

    Os animadores e animadoras de Amencer en conxunto co resto de animadores do resto de centros xuvenís da Federación Don Bosco queremos seguir aportando o noso traballo voluntario adaptándonos á situación actual, en contra do aburrimento e tratando de levar o mellor posible este confinamento.


    Por elo imos a publicar unha proposta diaria de actividades para facer na casa, divididas en 3 áreas:
    • Móvete!  (xincanas, actividades deportivas, videoxogos, baile,...)
    • Crea!  (obradoiros, xogos de mesa, receitas,...)
    • Respira!   (lecturas, reflexións, para manter esperta a cabeza e o corazón)
    Tamén teremos algunha proposta online para mozos que iremos desvelando pouco a pouco.

    Seguimos á vosa disposición no correo fed.galicia@confedonbosco.org e amencer@amencer.org


    Anímate a participar!
    Curso de Monitores de Tempo Libre

     

    Un ano máis dende Amencer e a Escola de Tempo Libre Don Bosco ofertamos o Curso de Monitor/a de Tempo Libre. Este ano a maiores e de maneira on-line ofrecemos xunto con este título o curso de manipulador de alimentos e de prevención de riscos no tempo libre grazas a colaboración da Federación Don Bosco Galicia. Preme para máis información.

    As actividades de Mañás de Entroido realizaranse o luns 24 e o mércores 26 de febreiro dentro das instala-ción do colexio salesiano. O horario de mañá será desde ás 10:00h. ata ás 13:30h e terá un custo de 8€ ó día. Os destinatarios/as destas actividades poderán ser todos os rapaces e rapazas de 3 a 14 anos. Haberá 60 prazas de 4º a 6º de Educación Infantil e 48 prazas de 1º de Educación Primaria a 2º da ESO. O prazo de inscrición é ata cubrir prazas.

     

     

    Una ano máis poñemos de novo en marcha Mañás de Nadal! Un proxecto que pretende educar en valores a través do xogo, favorecer a creatividade dos vosos fillos/as, a participación e o traballo en equipo, e poder seguir empregando as instalacións colexiais fóra do horario escolar.

    Os destinatarios/as destas actividades poderán ser todos os nenos / as desde 4º de Infantil ata 2º da ESO. O horario das actividades será de 10.00 a 13.30 h. A maiores haberá un servizo de gardería de 9:00-10:00  e de 13:30-14:00.

    O prazo de inscrición: Recolleranse inscricións ata cubrir as prazas, tendo preferencia aqueles que se inscriban ás dúas semanas. Prazas dispoñibles:  72 prazas (Infantil) e 84 prazas (de 1º Primaria a 2º ESO).

     

     

    OQ19 (pequeña)

     

    Páxinas: 1 2 3 4 5


     

    Copyrigth © ASOCIACIÓN XUVENIL AMENCER, todolos dereitos reservados. | Certos contidos poden estar baixo "Copyrigth ®" ou ser "Marcas Rexistradas ™" dos seus títulares, queda terminantemente prohibido o uso dos contidos de esta páxina web sen o consentemento por escrito de. AVISO LEGAL

    Powered by ciolet.com - Producto baixpo licencia "Orixinal" ofrecida por CIOLET SYSTEMS A.N.T. SLU